Saltar ao contido

Estadio Ciudad de Tudela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Ciudad de Tudela
Tudela Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Deporte
Implicados
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1969 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1969 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade10.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Identificadores
Freebase/m/0108vsdj Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Estadio Ciudad de Tudela, coñecido como Estadio Municipal José Antonio Elola ata 2012, é un estadio de fútbol da cidade de Tudela, en Navarra. Foi inaugurado en 1969 e serve de localía ao Club Deportivo Tudelano.

Foi inaugurado o 17 de agosto de 1969.[1] Ese día, ás cinco e media da tarde polo novo estadio desfilaron todas as seccións deportivas da cidade, fíxose a bendición do estadio e falaron as diferentes autoridades presentes. Asistiron o alcalde do concello, Rafael Añón e José Antonio Elola, ex-delegado nacional de Educación Física e Deportes que deu nome ao estadio. O partido de inauguración entre o Tudelano e Osasuna acabou con empate a un.

En febreiro de 2012 o Estadio José Antonio Elola pasou a chamarse Ciudad de Tudela, por decisión do Pleno do Concello de Tudela pola aplicación da lei de Memoria Histórica.[2]

  1. CD Tudelano (ed.). "CD Tudelano, Instalaciones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2013.
  2. Fermín Astráin. "El José Antonio Elola pasará a llamarse Ciudad de Tudela". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2020-03-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]