San Sebastián de los Reyes
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Capital | San Sebastián de los Reyes | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 96.992 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 59,26 km² | ||||
| Altitude | 705 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1492 | ||||
| Santo padrón | Sebastián | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Narciso Romero (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 28701–28703 e 28706–28709 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 28134 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Baunatal (1990–) | ||||
| Sitio web | ssreyes.org | ||||
San Sebastián de los Reyes é un municipio español da Comunidade de Madrid situado a 20 quilómetros ao norte da capital española, Madrid. É popularmente coñecido como «Sanse» e debido aos encerros das súas festas, tamén é coñecida como "A Pamplona chica".
Xeografía
[editar | editar a fonte]A localidade atópase ao pé do Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares. O termo municipal é cruzado por varios regatos: Valconejero, Quiñones, de la Vega, Valdelamasa e El Bodonal; todos eles, afluentes do río Jarama, que tamén discorre polo seu termo municipal.
O municipio de San Sebastián de los Reyes limita ao sur con Alcobendas, separados tan só por unha rúa, a Avenida de España. Ao oeste limita con Madrid, ao norte con Colmenar Viejo e ao leste con Algete, Cobeña e Paracuellos de Jarama.
Destaca a súa complexa orografía, con notables desniveis desde os seus puntos máis baixos, na limítrofe Avenida de España a 705 metros (val do antigo Regato de Entrepueblos) e os máis altos, nos que fosen os cerros do Caravel (no centro histórico) e Santa Bárbara (Praza de Andrés a 730 metros). O punto máis alto do municipio está a 780 metros na Dehesa Boyal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Sebastián de los Reyes |
