Antón Escobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Escobar
Información persoal
Nome Antón Escobar Tapias
Nacemento 16 de xuño de 1998
Lugar de nacemento Nigrán
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Real Unión
Número 7
Carreira xuvenil
–2012 Val Miñor
2012–2015 Celta de Vigo
2015–2017 Val Miñor
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2018 Choco 32 (10)
2018–2021 Polvorín 67 (33)
2019–2021 Lugo 3 (0)
2020 Coruxo 6 (0)
2021–2022 Bergantiños 33 (9)
2022–2023 Arenteiro 33 (14)
2023– Real Unión 10 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Antón Escobar Tapias, nado en Nigrán o 16 de xuño de 1998, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Real Unión da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira da ED Val Miñor, cunha paréntese de tres anos nos que militou no equipo xuvenil do Celta de Vigo.[1] Co equipo xuvenil do Val Miñor competiu na División de Honra.

En agosto de 2017, despois de realizar a pretempada co Coruxo, fichou polo Choco, da Terceira División.[2] Debutou o 20 de agosto de 2017, sendo titular no empate a un gol ante o Cultural Areas.[3] Marcou os seus primeiros dous goles o 12 de outubro, no empate 2-2 contra o Negreira, e rematou a tempada con dez tantos.

En xullo de 2018 incorporouse ao Lugo, co que asinou un contrato de dous anos, sendo inicialmente destinado ao Polvorín de Terceira. Na súa primeira campaña no filial marcou 20 goles en 35 partidos, sendo o cuarto máximo goleador do Grupo I da categoría, só por detrás de Pablo Rey, Sylla e Aythami Perera.[4] Debutou co primeiro equipo do Lugo na Segunda División o 29 de setembro de 2019, substituíndo a Christian Herrera nun partido ante o Tenerife.[5]

O 30 de xaneiro de 2020 saíu cedido ao Coruxo FC, da Segunda División B, ata o final da tempada.[6] A continuación regresou ao Polvorín, que compaxinou con algún partido co primeiro equipo.

En 2021 deixou Lugo e asinou como novo xogador do Bergantiños, da Segunda División RFEF.[7] No equipo de Carballo, adestrado por José Luis Lemos, disputou 35 partidos e marcou 9 goles, quedando ás portas da promoción de ascenso. No verán de 2022 fichou polo Arenteiro, da mesma categoría. Anotou un total de 16 goles co equipo do Carballiño, sendo o máximo goleador do equipo nunha campaña histórica para o club, que se proclamou campión da Segunda RFEF, ascendendo á Primeira RFEF, e conquistou tamén a Copa Federación.[8] Ademais, Escobar foi o autor do primeiro gol na histórica vitoria por 2-0 sobre o Almería na Copa do Rei, que serviu para eliminar da competición ao equipo de Primeira.[9]

Para a tempada 2023/24 aceptou unha oferta do Real Unión, da Primeira RFEF, equipo adestrado polo galego Fran Justo e onde coincidiu co tamén galego Víctor Eimil.[10]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Arenteiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El juvenil Antón Escobar deja el Celta y ficha por el Val Miñor" (en castelán). 27 de xullo de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  2. "Antón Escobar, nuevo jugador del Choco". Faro de Vigo (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  3. "El debutante que recuperó la confianza para liderar el ataque de su equipo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  4. "Tercera División - Grupo I 2018-19". BDFutbol (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  5. Lorenzo, Álvaro (29 de setembro de 2019). "Un inspirado Tenerife asalta el Anxo Carro con ayuda del VAR". Marca (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. "Antón Escobar, más potencia para la delantera del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  7. "Antón Escobar, primer refuerzo del Bergantiños para Segunda RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  8. Rodríguez, Luis M. (15 de maio de 2023). "El Arenteiro lució el fruto de una campaña inolvidable". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  9. "El Arenteiro sueña a lo grande". Faro de Vigo (en castelán). 13 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  10. Pereira, Eder (4 de novembro de 2023). "El Real Unión más 'gallego'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.