Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes
San Sebastián de los Reyes | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes | ||
Alcume(s) | Sanse | ||
Fundación | 1971 | ||
Estadio | Municipal Nuevo Matapiñonera, San Sebastián de los Reyes, Madrid, España | ||
Capacidade | 3.000 | ||
Presidente | Jose María Castro | ||
Adestrador | Álvaro García Moreno | ||
Liga | 2ªB - Grupo 1 | ||
2011-12 | 14º | ||
Na rede | |||
http://www.ud-sanse.com | |||
| |||
A Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes, coñecida habitualmente como Sanse, é un club de fútbol español da cidade de San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1971 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi fundado en 1971, como principal club da cidade de San Sebastián de los Reyes. Tras varios anos en divisións inferiores de Madrid, realiza varios investimentos e debutaría na Terceira División Española por primeira vez na tempada 1985-86. Dous anos despois, e a pesar de terminar en sétima posición, logrou ascender por primeira vez a Segunda División B na tempada 1987-88. Desde 1985 o equipo non volvería xogar en categorías inferiores do fútbol español.
Tras realizar varias tempadas irregulares nas que o club oscila entre a Segunda B e Terceira División, a UD San Sebastián consegue alcanzar os playoff de ascenso, subindo a Segunda B na tempada 1997-98. O equipo conseguiría permanecer 3 anos, chegando na tempada 1999-00 a alcanzar a súa mellor tempada cun sexto posto, pero volveu descender no ano 2001.
O club permanecería en Terceira dous anos, nos cales logrou converterse por dúas ocasións no campión do grupo de Madrid ao quedar en primeira posición. Durante os últimos anos o equipo logrou consolidar un bloque de xogadores que chegou ata a quedar a dous puntos da loita polo ascenso a Segunda División A na tempada 2006-07.
Na tempada 2007-08 tras cinco tempadas consecutivas en Segunda División B o equipo termina 19º descendendo a Terceira División tras unha desastrosa tempada, onde non conseguiu a primeira vitoria ata a xornada 16º, e que a pesar de cambiar de adestrador (Pradito, Luis Mayor e Ferri), o equipo finalmente acaba descendendo con 31 puntos e tan só 23 goles a favor.
Na tempada 2008-09, no seu regreso á Terceira División, o equipo volve realizar unha mala tempada e acaba en 13º posición, salvándose do descenso na última xornada tras vencer por 1-3 ao Rayo Vallecano B.
Unha tempada despois, volve repetir o mesmo posto (13º), nesta ocasión, o equipo realiza unha gran primeira volta que lle fai estar nos primeiros postos, pero tras unha nefasta volta e o estar disputando a Copa Real Federación Española de Fútbol ata as semifinais fronte ao Lorca Deportiva, o equipo acaba a tempada sen opcións de ascenso.
Na tempada 2010-11, o equipo remata na cuarta posición e ascende novamente á Segunda División B logo de vencer a Villaralbo CF, CCD Cerceda e CD Tudelano na promoción.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca con franxa horizontal vermella, pantalón e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul con franxa horizontal vermella, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Municipal Nuevo Matapiñonera.
A UD San Sebastián xoga os seus partidos no Estadio Municipal Nuevo Matapiñonera, un campo con capacidade para 3.000 espectadores e herba natural. O primeiro campo do equipo foi o Campo de Deportes da UD San Sebastián de los Reyes, máis coñecido como Matapiñoneras, e o novo estadio ocupa a localización do anterior xa que este foi demolido por completo cando se desenvolveu a zona comercial contigua ao estadio.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 14
- Tempadas en 3ª: 13
- Mellor posto na liga: 6º (Segunda División B Española en 3 ocasións)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División Española (2): 2001-02, 2002-03