Pablo Nicolás Caballero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Caballero
Información persoal
Nome completo Pablo Nicolás Caballero
Nacemento 21 de xullo de 1986 (33 anos)
  Totoras
Nacionalidade Arxentina
Altura 1,91 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual UD Almería
Carreira xuvenil
Racing Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2012 Racing Club 44 (6)
2010Tigre (ces.) 6 (0)
2011Guaraní (ces.) 15 (1)
2012–2013 Almirante Brown 37 (9)
2013 Qingdao Jonoon 13 (2)
2014–2015 Ferro Carril Oeste 23 (6)
2015–2017 Lugo 82 (21)
2015–2017 UD Almería

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 18 de xullo de 2017

editar datos en Wikidata ]

Pablo Nicolás Caballero, nado en Totoras, Provincia de Santa Fe, o 21 de xullo de 1986, é un futbolista profesional arxentino. Formado nas categorías inferiores do Racing Club de Avellaneda, un dos "cinco grandes" do fútbol arxentino, xoga na posición de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pablo Caballero formouse nas categorías inferiores do Racing Club de Avellaneda, un dos máis importantes clubs do fútbol arxentino. Debutou na Primeira División do seu país o 24 de novembro de 2007 no "Clásico de Avellaneda", partido que enfronta ao Racing e ao Club Atlético Independiente, nun xogo ramatou en empate a cero goles. O seu primeiro gol chegaría ante outro dos "cinco grandes", o Club Atlético River Plate nun empate 3 a 3 baixo unha choiva torrencial. Despois de non xogar habitualmente durante os primeiros encontros de 2010, chega cedido por un ano ao Tigre pedido expresamente polo seu adestrador, Ricardo Caruso Lombardi, quen xa o adestrara no Racing.

Tras xogar só seis partidos en Tigre sen marcar goles, o 15 de febreiro de 2011 chega cedido durante outro ano ao Club Guaraní de Paraguai para xogar na Copa Libertadores, o máis importante torneo do fútbol de América. Despois da súa estadía volta ao equipo de Avellaneda da man de Alfio Basile xunto co seu compañeiro de dianteira en Guaraní, Federico Santander. O 21 de abril de 2012 marcou o seu primeiro gol desde o seu regreso ao club na vitoria por 1 a 0 ante San Martín de San Juan no Torneo Clausura (Primeira División) 2012. A mediados de 2012 asinou por un ano a préstamo con opción de compra co Club Almirante Brown, onde se converteu en titular indiscutíbel. Alí pasou ano até que emigrou á China, onde xogou seis meses até a súa volta ao seu país da man do Ferro Carril Oeste. O 30 de xaneiro de 2015 asina polo seu primeiro club europeo, o Club Deportivo Lugo da Liga Adelante.[1] Tras unha boa temporada no club lucense, onde consegue anotar 7 goles en 14 partidos (979 minutos), renova o seu contrato cos albivermellos. Na pretemporada 2015 consegue anotar 4 goles á SD Compostela en 21 minutos.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
20072008 Racing Club Primeira 0 0
20082009 Racing Club Primeira 29 3
20092010 Racing Club Primeira 7 2
20102011 CA Tigre Primeira 6 0
2011 Club Guaraní Primeira
Copa Libertadores
15
3
1
1
20122013 Almirante Brown B Nacional (2ª) 37 9
2013 Qingdao Jonoon Super Liga 13 2
20132014 Ferro Carril Oeste B Nacional (2ª) 15 5
20142015 Ferro Carril Oeste B Nacional (2ª) 5 1
2015 CD Lugo Segunda 14 7
2015–2016 CD Lugo Segunda 34 12
2016–2017 CD Lugo Segunda 35 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez, Miguel (31 de xaneiro de 2015). La Voz de Galicia, ed. "O Lugo ficha a Pablo Caballero". Consultado o 25 de xullo de 2015. 
  2. Mourelo, Pepe (22 de xullo de 2015). Galicié, ed. "4-0. Pablo Caballero fai un póker en 21 minutos". Consultado o 25 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]