Johan Terranova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johan
Información persoal
Nome Johan Alexander Terranova Montoya
Nacemento 26 de maio de 1998
Lugar de nacemento Cali
Altura 1,78 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Coruxo
Número 22
Carreira xuvenil
2016–2017 UCAM Murcia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2019 UCAM Murcia B
2018–2022 UCAM Murcia 48 (1)
2022– Coruxo 47 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de setembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Johan Alexander Terranova Montoya, coñecido simplemente como Johan, nado en Cali o 26 de maio de 1998, é un futbolista colombiano, que xoga principalmente como lateral esquerdo no Coruxo, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou en idade xuvenil polo UCAM Murcia, na tempada 2016/17, subindo ao filial na seguinte.[1][2] O 28 de xaneiro de 2018 debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nun derbi diante do FC Cartagena, e subiu definitivamente ao equipo principal na campaña 2019/20. No mercado invernal de 2022 deixou Murcia para instalarse en Galicia, onde asinou como novo xogador do Coruxo, da Segunda División RFEF.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El UCAM CF renueva al joven lateral colombiano Johan hasta 2024" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  2. "Johan Terranova prolonga su vinculación con el UCAM hasta 2023" (en castelán). 27 de setembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  3. Rodríguez, Raúl (3 de xaneiro de 2022). "Johan Terranova, primer fichaje invernal del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2023.