Estadio Municipal Reino de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°35′14″N 5°34′36″O / 42.58722, -5.57667

Estadio Municipal Reino de León
Exterior del estadio Reino de León.jpg
Vista exterior do estadio
Datos
LocalizaciónLeón, España
Construción
Inauguración20 de maio de 2001
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 × 68
Capacidade13.451
PropietarioConcello de León
LocalíaCultural Leonesa

O Estadio Municipal Reino de León (chamado ata 2008 Nuevo Estadio Antonio Amilivia) é un estadio de fútbol, situado na cidade de León, en España. O estadio é de propiedade municipal e o seu equipo titular é a Cultural y Deportiva Leonesa, que milita actualmente en Segunda División B.

Inauguración[editar | editar a fonte]

O estadio foi inaugurado o 20 de maio de 2001, nun encontro da fase de ascenso a 2ª división entre a Cultural y Deportiva Leonesa e o Xerez Club Deportivo, sendo o resultado favorable aos leoneses por 1 a 0, sendo autor do gol o entón culturalista Ibán Espadas.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro campo no que xogou a Cultural Leonesa foi o vello estadio de La Puentecilla, que se atopaba no centro da cidade, xunto ao cruzamento da Avenida Fernández Ladreda coa Rolda Este. Cando a Cultural ascendeu á Primeira División do fútbol español, o estadio pasou a denominarse Estadio Antonio Amilivia, en agradecemento ao presidente que o equipo tiña nesa tempada de 1955-56.

Na década dos 90, o Concello de León, propietario do campo, tomou a decisión de derrubalo e construír un estadio noutro lugar, máis amplo, máis moderno e con maiores prestacións para os afeccionados. Para que a Cultural puidese ter un campo onde disputar os seus partidos como titular mentres se executaba a derriba e a construción do novo estadio, o Concello cedeu o Área Deportiva de Puente Castro, situada na localidade de Puente Castro, pertencente ao termo municipal da cidade. Nos terreos nos cales situábase o vello estadio erixíronse edificios de vivendas e oficinas.

Outros usos[editar | editar a fonte]

  • O estadio foi ademais escenario de multitudinarios concertos de música coincidindo coas festas da cidade como o do grupo mexicano Maná ou a cantante colombiana Shakira.
  • Nos baixos do estadio atópase o IFYCEL, Institución Feiral e Centro Empresarial de León, un consorcio constituído polo Concello de León, a Deputación, a Cámara Oficial de Comercio e Industria e Caja España. Neste recinto feiral tivo lugar, por exemplo, a feira Leer León na súa edición de 2007.
  • Outras dependencias do estadio albergan a sede dos clubs deportivos, tanto masculinos como femininos, máis representativos da cidade, como o Baloncesto León, o Club Balonmano Ademar León, o Club Baloncesto San José, a Cultural y Deportiva Leonesa, o Club León Balonmano e Pasgon Play Rugby León, e dalgunhas federacións deportivas como a Federación Territorial de Castela e León de Loita - Federación de Loita Leonesa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]