Tempo central europeo de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fusos horarios en Europa
Time zones of Europe.svg
Azul Horario de Europa Occidental
Horario de verán de Europa Occidental (UTC+0 / UTC+1)
Azul Claro Horario de Europa Occidental (UTC+0)
Vermello Hora Central Europea
Hora Central Europea de verán (UTC+1 / UTC+2)
Vermello claro Hora Central Europea (UTC+1)
Amarelo Horario do Leste Europeo
Horario de verán do Leste Europeo (UTC+2 / UTC+3)
Laranxa Horario de Kaliningrado (UTC+3)
Verde Horario de Moscova (UTC+4).

O tempo central europeo de verán é a hora que se aplica na maior parte de Europa durante o verán. Equivale a 2 horas máis ca o UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán).

Este horario de verán aplícase dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro atrásase unha hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará 25 horas.

Durante o inverno aplícase o CET (tempo central europeo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]