Saltar ao contido

Estadio Ruta de la Plata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Ruta de la Plata
Zamora Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Deporte
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Ocupante
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
2002 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade7.813 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Estadio Ruta de la Plata é un estadio de fútbol situado en Zamora, capital da provincia do mesmo nome. Ten capacidade para 7.813 espectadores e foi inaugurado o 1 de setembro de 2002, co partido Zamora CF 1-1 CD Ourense.

De propiedade municipal, é sede habitual dos partidos do Zamora Club de Fútbol. O complexo conta ademais con dous campos de herba artificial e un campo de herba natural que son utilizados polos equipos de canteira do Zamora CF.

Foi construído en substitución do antigo campo do Zamora, La Vaguada, que quedou obsoleto en moitos aspectos, non sendo pola súa antigüidade, 15 anos, senón pola súa reducida capacidade (4.000 espectadores) e polas súas mediocres instalacións.

Tamén foi sede, o día 1 de abril de 2003, dun partido de seleccións clasificatorio para o Europeo Sub-21 entre España e Armenia con resultado de 5-0 para España.