Jorge Casado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casado
Información persoal
Nome Jorge Casado Rodríguez
Nacemento 26 de xuño de 1989
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,83 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Rayo Majadahonda
Número 3
Carreira xuvenil
1996–2000 AD VIla Rosa
2000–2008 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2010 Rayo Vallecano B 55 (0)
2010–2014 Real Madrid Castilla 124 (8)
2011 Real Madrid 0 (0)
2014–2015 Betis 15 (0)
2015–2016 Ponferradina 35 (0)
2016–2017 Zaragoza 18 (1)
2017–2019 Xanthi 51 (2)
2020 Xanthi 17 (0)
2021– Rayo Majadahonda 73 (5)
Na rede
UEFA: 250029246 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 25 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Jorge Casado Rodríguez, nado en Madrid o 26 de xuño de 1989, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club ata debutar co Rayo Vallecano B na Tercera División en 2008.

Despois de dous anos no filial do Rayo, no verán de 2010 fichou polo Real Madrid Castilla, da Segunda División B. Na súa segunda tempada no filial madridista logrou o ascenso á Segunda DIvisión e debutou co primeiro equipo do Real Madrid nun partido da Copa do Rei ante a Ponferradina no Santiago Bernabéu, encontro no que foi aliñado como titular por José Mourinho.

Xogou dous anos en Segunda, ata que en 2014 fichou polo Real Betis, co que conseguiu o ascenso á Primeira División. En xullo de 2015 rescindiu o seu contrato co club andaluz e asinou como novo xogador da Ponferradina, tamén en Segunda, sendo titular na maioría de partidos da tempada 2015/16.

Despois dunha campaña no Zaragoza e dun tempo no Xanthi FC da Superliga de Grecia,[1] en agosto de 2020, fichou polo Rayo Majadahonda, da Segunda División B.[2]

Notas[editar | editar a fonte]