Primeira División de México
| Tipo | liga de fútbol |
|---|---|
| Organizador | Federación Mexicana de Fútbol |
| Patrocinador | BBVA México Voit (en) Sol (cerveja) (pt) eFootball Panini Coca-Cola Casino Caliente (en) |
| Número de participantes | 18 |
| Localización e Datas | |
| Localización | México 23°N 102°O / 23, -102 |
| Vixencia | 1943 – |
| Calendario da tempada | xaneiro – |
| Número de edición | 38 115 |
| Competición | |
| Copa México (pt) | |
| Datos estatísticos | |
| Partidos | 17 |
| Máis partidos | Oscar Pérez Rojas |
| Máis goles marcados | Evanivaldo Castro Silva (pt) |
| Máis títulos | Club América (15) |
| Outro | |
| Cobertura dos medios de comunicación | Televisa TUDN (pt) Afizzionados (en) Vix Fox Sports Mexico (pt) TV Azteca (pt) ESPN América Latina (pt) Star+ (pt) Claro Sports (pt) Claro video (en) Chivas TV (pt) Univision Fox Sports Fox Deportes (en) ESPN Deportes (pt) ESPN+ (en) Telemundo Universo (en) TUDN (pt) Vix TUDN (pt) ESPN América Latina (pt) Star+ (pt) Claro Sports (pt) Claro video (en) |
| Páxina web oficial | ligamx.net |
A Primeira División de México é a máxima categoría do campionato nacional de fútbol profesional en México. Organizada pola Federación Mexicana de Fútbol dende 1943, en 1996 comezou a disputarse cun formato de dous torneos por tempada, chamados Torneo Apertura e Torneo Clausura. O equipo máis laureado na historia do campionato é o Club Deportivo Guadalajara, con 11 títulos no seu palmarés, mentres que o actual campión é o Tigres de la UANL. Trátase do campionato máis dominante na zona Concacaf, pois os equipos mexicanos conquistaron 27 das 46 edicións da Liga de Campións da Concacaf. Segundo a IFFHS é a 10ª liga máis competitiva do mundo.
Formato
[editar | editar a fonte]18 equipos compiten cada tempada polos dous torneos, Apertura e Clausura. Ámbolos dous torneos consisten nunha liga de 17 xornadas, é dicir, cada equipo xoga un encontro fronte a cada rival. Ó remate da tempada regular, os 8 primeiros clasificados da táboa disputan as eliminatorias polo título, partindo dos cuartos de final. Cada eliminatoria é a dobre encontro, incluíndo a final. Nos cuartos de final e nas semifinais é importante a posición ocupada durante a tempada regular, xa que en caso de que unha eliminatoria remate con empate, non se disputa ningunha prórroga nin quendas de penaltis, senón que o gañador é o equipo mellor situado na táboa clasificatoria.
O campión e subcampión de cada torneo (Apertura e Clausura), acadan o dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf da seguinte tempada. Ó mesmo tempo, os 3 primeiros clasificados da táboa ó remate da tempada regular do Torneo Apertura, teñen garantida a súa participación na Copa Libertadores desa mesma tempada.
Equipos
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa están representados os 18 equipos participantes no Torneo Apertura 2011 e no Torneo Clausura 2012, ó cabo do cal haberá descensos e ascensos:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da Primeira División de México Arquivado 01 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)