El Paso, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 31°47′25″N 106°25′24″W / 31.79028°N 106.42333°W / 31.79028; -106.42333

El Paso
El Paso Skyline.jpg
Flag of El Paso, Texas.svg
Situación xeográfica
ElPaso County ElPaso.svg
País: Estados Unidos
Estado: Texas
Condado: El Paso
Incorporada:
Alcalde: John Cook
Xeografía
Altitude: 1.140 msnm
Superficie: 648,8 km²
Poboación
Poboación total: 649.121
Densidade de poboación: 944,7
Información
Sitio na web: elpasotexas.gov

El Paso é unha cidade e a capital do condado de El Paso, situada no estado de Texas, nos Estados Unidos. No censo do 2010 a cidade tiña unha poboación de 649.121 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande de Texas. A súa área metropolitana cubre todo o condado de El Paso, e ten unha poboación de 800.647 habitantes.

El Paso atópase na ribeira do río Grande, ao outro lado da cidade mexicana de Ciudad Juárez. As dúas cidades forman unha área metropolitana internacional que ás veces é chamada Juarez-El Paso, sendo Juárez a de maior poboación das dúas (cunha poboación próxima ao millón e medio de habitantes).

En El Paso está a University of Texas at El Paso (fundada en 1914 como The Texas State School of Mines and Metallurgy, e posteriormente chamada Texas Western College, ata que recibiu o seu actual nome en 1967) e a Texas Tech University Health Sciences Center. Fort Bliss, un dos maiores complexos militares do exército dos Estados Unidos, limita co leste e nordeste da cidade, estendéndose a súa área de adestramento ao norte cara Novo México, ata a liña de mísiles de White Sands e a veciña base da Forza Aérea Holloman, en Alamogordo. As montañas Franklin esténdense cara El Paso dende o norte e case divide á cidade en dúas partes, a metade occidental onde comeza o val de Mesilla e as ladeiras orientais que conectan co céntrico distrito de negocios no extremo sur da cordilleira.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión de El Paso veu sendo asentamento humano durante miles de anos, como o demostran os puntos Folsom de cazadores-recolectores encontrados. As culturas máis temperás coñecidas na rexión foron produtoras de millo. No momento da chegada dos españois as tribos Mans, Suma e Jumano poblaron a zona e posteriormente incorporaronse a cultura mestiza, xunto cós inmigrantes do centro de México.

O explorador español Juan de Oñate, nado en 1550 en Zacatecas, México, foi o primeiro explorador dá Nova España que observou o Río Grande cerca de El Paso en 1598. Sen embargo créese que os catro sobreviventes da expedición de Narváez pasaron pola zona a mediados de 1530. O Paso do Norte foi fundada na beira sur do Río Bravo do Norte en 1659 polos conquistadores españois. En 1680 a pequena aldea de El Paso converteuse na base para o goberno español do territorio do novo México, e foi o asentamento máis grande en Novo México hasta a súa cesión ós Estados Unidos en 1848.

El Paso seguiu sendo en gran parte subdesenrolado durante a maior parte do período de control Español. En cambio, o asentamento español centrouse no Paso do Norte. A coroa española e as autoridades locais do Paso do Norte fixeron varias concesións de terra para produción agrícola. As guerras cos Apaches e as posteriores guerras cos Comanches deixaron o norte de México, daquela incluíndo o actual Novo México, Texas, Coahuila, nun estado de inestabilidade permanente. O río, as dunas de area cara o sur (médanos) e as fortificacións no Paso do Norte e El Real de San Lorenzo, proporcionan unha defensa natural contra máis ataques. Porén, nalgunhas décadas varios exércitos de apaches fixeron incursións profundas en México, matando a poboación masculina e escravizando a mulleres e nenos.

Clima[editar | editar a fonte]

El Paso ten un clima desértico cálido (Köppen BWh) con veranos moi cálidos, xeralmente con pouca ou ningunha humidade e os invernos suaves e secos. Ten precipitacións que andan arredor das 9.4 polgadas (240 mm) por ano, gran parte das cales se producen durante o verán de xullo a setembro e son causadas maiormente polo monzón. Durante este período, os ventos do sur e sueste levan humidade desde o Océano Pacífico, o Golfo de California e o Golfo de México na rexión. Cando esta humidade se move na área de El Paso e sopra o suroeste, a elevación orográfica das montañas, combinada co forte quecemento durante o día, provoca tormentas, algunhas o suficientemente graves como para producir inundacións repentinas e sarabia en toda a rexión.

El Paso cidade[editar | editar a fonte]

A xuíza do Condado de El Paso é a demócrata Veronica Escobar, e os comisionados do Condado son demócratas Carlos León (zona 1), Sergio Lewis (zona 2), Vince Perez (Distrito 3) e republicano Dan Haggerty (zona 4). Haggerty foi elixido por primeira vez en 1994 e estivo no cargo desde 1995. Escobar e Lewis foron elixidos por primeira vez no 2010. León e Pérez foron elixidos por primeira vez en 2012. O Sheriff do Condado de El Paso é Richard Wiles, demócrata, desde 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]