Saltar ao contido

Rebelde sen causa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rebelde sen causa
Imaxe
Póster de filme
(1955)
 Título
Rebel Without a Cause Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
27 de outubro de 1955 (Estados Unidos de América)
30 de marzo de 1956 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración106 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (18 de febreiro de 1956)
Óscar ó mellor actor secundario (18 de febreiro de 1956)
Óscar ó mellor argumento (18 de febreiro de 1956) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
89/100 Metacritic (16 de xaneiro de 2026)
91% Rotten Tomatoes (16 de xaneiro de 2026)
8.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316753489 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0k2_0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0048545 Filmaffinity: 190155 Allocine: 1945 Rottentomatoes: m/rebel_without_a_cause Mojo: rebelwithoutacause Allmovie: v40604 TCM: 16115 Metacritic: movie/rebel-without-a-cause TV.com: movies/rebel-without-a-cause Netlix: 70031792 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Rebelde sen causa (en inglés: Rebel Without a Cause) é un filme estadounidense de 1955 sobre un grupo de adolescentes confusos nun suburbio de clase media. Rodado no novo formato CinemaScope e dirixido por Nicholas Ray, ofreceu un comentario social así como unha alternativa aos filmes previos que mostraban delincuentes nun ambiente deprimido.[1][2] O filme está protagonizado por James Dean, Sal Mineo e Natalie Wood.

O filme foi un intento innovador de retratar a decadencia moral da mocidade estadounidense, unha crítica ao estilo paternal e unha exploración do conflito interxeracional. O título provén do libro de 1944 do psiquiatra Robert M. Lindner Rebel Without a Cause: The Hypnoanalysis of a Criminal Psychopath. Non obstante, no filme non hai referencias de ningún tipo ao libro de Lindner. O filme foi estreado o 27 de outubro de 1955 case un mes despois da morte de Dean nun accidente de tráfico o 30 de setembro de 1955.

En 1990, Rebelde sen causa foi engadido ao National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórico e esteticamente significativo".

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 31 de decembro de 2001.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Jim Stark é un inadaptado estudante de secundaria que chegou aos Ánxeles e busca encaixar entre os seus novos compañeiros. Porén, non o consegue e rapidamente se desamiga con Buzz e a súa banda ao tempo que queda engaiolado por Judy, moza do seu rival.

Neste contexto de enfrontamentos, Jim traba amizade con Plato, un rapaz solitario que se converte no seu secuaz. Entre as repetidas contendas cada vez máis graves, Jim, Plato e Judy quedan envoltos nun conflito que rematará con mortes.

  1. Crítica en Variety; 26 de outubro de 1955, páx. 6.
  2. Harrison's Reports, 22 de outubro de 1955, páx. 170.
  3. Programación de televisión

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]