Historia dos Ánxeles
A historia urbana dos Ánxeles comeza despois de que nela vivan durante millares de anos tribos amerindias. En 1542 o portugués João Rodrigues Cabrilho localiza a baía dos Ánxeles. En 1771 chega unha misión española da orde Franciscana. Os Ánxeles é fundada en 1781 por 44 poboadores de California.
Foi parte de España, despois de México, e ao final dos Estados Unidos.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando en 1769, o grupo de exploradores españois ao mando de Gaspar de Portolá e cos franciscanos Junípero Serra e Juan Crespi, otearon dende o outeiro que na actualidade é o Elysian Park, o río que aos seus pés discorría cara ao sur, puxéronlle por nome El Río de Nuestra Señora La Reina de los Ángeles de Porciúncula en memoria da pequena ermida homónima as aforas de Asís, na localidade de Santa María degli Angeli, onde San Francisco iniciou a súa regra. Inda que Crespi recomendou a beira oeste do río para fundar unha misión non foi ata 1781 que o rei Carlos III ordenou a construción no lugar dun asentamento. O gobernador de California, Felipe de Neve, elabora a planta e manda traer de Sonora (México) 44 poboadores (11 familias). O catro de setembro aséntanse no lugar que chaman El Pueblo de Nuestra Señora Reina de los Ángeles sobre el Río Porciuncula.
Entre 1815, data dunha grande inundación, e 1835 prodúcese a deterioración e gradual abandono da antiga aldea e o seu desprazamento cara aos terreos contiguos do sur, arredor da actual Praza coa igrexa e a rúa Olvera.[1]
En 1821, México independízase de España e no 1847, trala guerra USA-México, California tórnase parte dos Estados Unidos. En 1850 Os Ánxeles adquire o título de cidade inda que segue a ser unha vila de 1.610 habitantes. E pouco máis vai continuar sendo ata polo menos 1880, con dous desenvolvementos en cuadrícula ó norte e ó sur da vila: o do sur (suroeste exactamente) converterase no centro (downtown) da cidade futura.
A partir dese momento, o descubrimento de petróleo e principalmente o desenvolvemento do ferrocarril, fará crecer a retícula urbana ata facer no século XX dos Ánxeles unha das grandes metrópoles do planeta e sen dúbida unha das máis extensas (1880, 11.200h; 1890, 50.400; 1900, 102.500; 1910, 319.200; 1920, 576.700; 1930, 1 238 048).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia dos Ánxeles |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |