Irvine, Estados Unidos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Irvine (en) | |||||
Epónimo | James Harvey Irvine, Sr. (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de Orange | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 281.707 (2020) (1.649,89 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 96.707 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana dos Ánxeles (Poboación:13.200.998) | ||||
Superficie | 170,742476 km² | ||||
Auga | 0,5234 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 17,1 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Irvine, California (en) | Farrah N. Khan (pt) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 92602, 92603, 92604, 92606, 92612, 92614, 92616, 92618, 92619, 92620, 92623, 92697, 92709 e 92710 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofirvine.org | ||||
Irvine, fundada no ano 1971, é unha cidade do condado de Orange no estado estadounidense de California. No ano 2010 esta cidade contaba cunha poboación aproximada de 212.375 habitantes. Os habitantes desta cidade son de orixe diversa, abundando as minorías de orixe asiático, indio e mexicano. Tamén existe unha reducida comunidade española debido en parte a un programa de bolsas de estudos de Mestría para estudantes de Cataluña.
Dentro dos Estados Unidos, Irvine desfruta dos índices de criminalidade máis baixos.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Irvine foi habitada por un grupo de indíxenas ata hai aproximadamente 2,000 anos. O explorador español Gaspar de Portolà chegou a esta zona en torno ao ano 1769 o que provocou a creación de fortalezas defensivas. Despois da independencia de México de España no ano 1821 o goberno mexicano asumiu o control das terras que anteriormente o Rei de España parcelara, e distribuíu as terras a aqueles mexicanos que pediran subvencións.
No ano 1864 o propietario do rancho San Joaquin vendeu 200 km² a Irvine, Flint e Bixby para resolver as débedas debido á gran seca e en 1866 tamén adquiriron terras do Rancho de Lomas de Santiago pero no 1868 este rancho dividiuse en catro demandantes como parte dunha demanda: Flint, Bixby e Irvine. Os ranchos adicábanse ao pastoreo de ovellas.
No ano 1978 James Irvine conseguiu os dereitos dos seus socios e a súa propiedade estendíase 37 km dende o océano Pacífico ata o río de Santa Ana. James Irvine morreu no 1886 pero o seu rancho foi herdado polo seu fillo James Irvine Jr. que cambiou a adicación do rancho a campos de cultivo.
James Irvine Jr. morreu e o seu fillo Myford asumiu a presidencia da Compañía Irvine e comezou a abrir pequenas seccións do Rancho Irvine para o seu desenvolvemento urbano. Myford faleceu no ano 1959 e ese mesmo ano a Universidade de California pediulle a súa compañía 4 km² para a creación dun novo Campus Universitario, venda á que a compañía accedeu.
William Pereira, arquitecto da Universidade e os planificadores da compañía Irvine elaboraron plans para unha cidade de 50,000 persoas en torno á Universidade, que contaría con zonas industriais, residenciais e de lecer. Esta nova comunidade íase chamar Irvine e a zona de agricultura, onde estaban as oficinas de correo e a estación do tren pasou a chamarse East Irvine.
No 1971 botaron pola creación dunha cidade maior que a que se establecía nos plans de William Pereira e no ano 1999 Irvine contaba cunha poboación de 134,000 e unha superficie total de 111 km².
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]Ten unha área total de 180,5 km² dos cales 179,7 km² son terra e 0,8 km² son auga. Irvine limita con Tustin polo norte, Santa Ana ao noroeste, Forest Lake ao leste, Laguna Hills polo sueste, Costa Mesa ao oeste e Newport Beach polo suroeste. A maior parte da cidade atópase nun val ancho e plano entre Loma Ridge, no norte, e San Joaquin Hills no sur. Nas zonas extensas do norte e do sur hai varios canóns e mesetas.
Irvine, como a maior parte da costa do sur de California, polo xeral, ten un clima mediterráneo. Os veráns, son cálidos e os invernos non moi fríos, rara vez a temperatura está por debaixo dos 0 °C. Aínda que as xeadas se producen algunha vez, as nevadas son inexistentes e só no inverno hai precipitacións.
Economía
[editar | editar a fonte]Irvine foi cualificada como unha das mellores cidades para a posta en marcha de empresas. A súa economía en crecemento fixo posible colocar o Condado de Orange como un dos dez mercados de máis rápido crecemento de traballo.
Irvine, tamén se usa como unha localización para diversos proxectos cinematográficos. O goberno municipal autoriza permisos de rodaxe gratuítos ou de moi baixo custo.
Moitas compañías e empresas teñen a sede nesta cidade.
Lecer e educación
[editar | editar a fonte]Os catro colexios de secundaria de Irvine son University High School, High School secundaria de Irvine, Northwood High School e a Woodbridge High School. Tamén se atopa en Irvine un Campus da Universidade de California que é o segundo máis novo da UC despois do de Merced.
Irvine conta co maior porcentaxe de persoas de 25 anos que teñen o título de doutor.
Cada mes de outubro, Irvine celebra o Festival de Irvine Global Village para celebrar a diversidade entre os cidadáns de Irvine e o Condado de Orange. Este festival consiste en exposicións de comerciantes locais, entretemento, estar en contacto con outras culturas e mostrar os diversos alimentos procedentes de moitas rexións do mundo.