Eilat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 29°33′N 34°57′L / 29.550, -34.950

Eilat
אֵילַת
Coat of arms of Eilat.png
Localización
Eilat en Israel
Eilat
Eilat
Israel Eilat location map.svg
PaísFlag of Israel.svg Israel
DistritoDistrito Meridional
Xeografía
Altitude16 msmn msnm
Superficie84,789 km²
Demografía
Poboación50,072 hab. (2016)
Outros datos
AlcaldeMeir Yitzhak Halevi
www.eilat.muni.il

Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50,072 habitantes [1] A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.

O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe do nome Eilat, mencionado no Antigo Testamento, non se coñece a con certeza, pero probablemente proveña da raíz hebrea A-Y-L (hebreo: א. י. ל.), que tamén é a raíz para a palabra Elah (hebreo: אלה), que significa Pistacia. Como outras moitas localidades, Eilat aparece mencionada na Biblia tanto na forma singular como plural (Eilot).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

O asentamento orixinal situábase probablemente no extremo norte do Golfo de Eilat.[3] As escavacións arqueolóxicas excavations descubriron importantes tumbas prehistóricas que datan do milenio 7 a.C. na zona occidental de Eilat, mentres que as escavacións e traballos co cobre no Val de Timna datan dos milenios 5 e 6 a.C..[4]

Período xudeu[editar | editar a fonte]

O asentamento de Eilat na década de 1960

Eilat mencionase na Biblia por primeira vez no Libro do Éxodo. As primeiras seis estacións da ruta do Éxodo teñen lugar en Exipto. A sétima é o cruzamento do mar Vermello e desde a 9ª a 13ª teñen lugar nas proximidades de Eilat. A estación 12ª refírese a unha ducia de campamentos arredor de Timna no moderno Israel preto de Eilat. Cando o rei David conquistou Edom,[5] que ata entón fora a fronteira común entre Edom e Midian, pasou por Eilat, a cidade compartida tamén por eles. A cidade portuaria comercial e centro da industria do cobre mantivéronse con Exipto ata que foi reconstruída por Salomón no lugar hoxe coñecido como Ezion-Geber (I Reis 9:26). En 2 Reis 14:21-22 "Xudá enteiro fixouse en Azarías, cando tiña dezaseis anos, e aclamárono rei, no lugar do seu pai Amasías. El reconstruíu Eilat e volveullo a Xudá, despois de que o rei adormeceu con seus pais."[6] E de novo en 2 Reis 16:6 "Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe."[7]

Foi un prospero porto de comercio xudeu entre os séculos 9º e 7º a.C.[8]

Períodos romano e musulmán[editar | editar a fonte]

Durante a ocupación romana, construíuse unha estrada para unir o área coa cidade nabatea de Petra, na actual Xordania.

Unha comunidade islámica de comerciantes de cobre de entre 250 e 400 residentes floreceu durante o Califato Omeia entre os anos 700 e 900 d. C.. Os seus restos atopáronse en 1989, no extremo norte da moderna Eilat, entre o que hoxe en día é a súa zona industrial e próxima ao Kibbutz Eilot.[9]

Tralo establecemento do Estado de Israel[editar | editar a fonte]

Israeli soldiers stabilize a flag pole whilst another soldier climbs it in order to raise an improvised flag; the soldier is seen about halfway up the flag pole. Other soldiers look on.
O izado da Bandeira de Tinta, cando o terreo sobre o que foi edificado Eilat foi capturado durante a operación Uvda.

O área foi designada como parte do estado xudeu no plan de partición de 1947. O posto abandonado da policía británica de Umm Al-Rashrash foi ocupado sen loitas o 10 de marzo de 1949, como parte da operación Uvda.[10][11]

As miñas de Cobre de Timma[12] preto do val de Timma quedaron abertas, construíuse un porto, e o turismo comezou a chegar. A construción da cidade e o porto de Eilat comezou pouco despois do final da guerra. O porto pasou a ser vital para o desenvolvemento do novo país.

Trala Guerra árabe-israelí de 1948, os países árabes mantiveron un estado de hostilidade con Israel, bloqueando tódalas rutas terrestres; os accesos a Israel e o comercio co resto do mundo realizábase por aire e mar. Máis adiante, Exipto denegou o paso pola canle de Suez aos buques rexistrados en Israel e a calquera buque que transportara mercancías cara portos israelitas. Isto converteu ao porto de Eilat nun punto crucial para as comunicacións de Israel, o seu comercio e intercambios con África e Asia, así como para as importacións de petróleo. Sen acceso a un porto no mar Vermello, Israel non podería lograr as súas relacións diplomáticas, culturais e comerciais máis aló do mar Mediterráneo e Europa. Esta situación sucedeu en 1956 e de novo en 1967, cando o peche por parte de Exipto dos estreitos de Tirán ao comercio para Israel bloqueou o porto de Eilat.

En 1956, isto levou a participación israelí xunto ao Reino Unido e Francia na guerra contra Exipto desatando a Guerra de Suez, mentres en 1967 o 90% do petróleo israelí pasaba polos estreitos de Tirán.[13] Os petroleiros que tiñan que cruzar os estreitos atrasáronse.[14][15] O peche dos estreitos foi citado por Israel como un casus belli adicional, levando ao comezo da Guerra dos Seis Días. Tralo tratado de paz asinado con Exipto en 1979 e Xordania en 1994, as fronteiras de Eilat cos seus veciños quedaron finalmente abertas.

Conflito árabe-israelí[editar | editar a fonte]

O primeiro ministro David Ben-Gurion dando un discurso en 1959 durante o décimo aniversario da cidade.
Véxase tamén: Conflito árabe-israelí.

Eilat está defendida polas súa propia unidade das forzas especiais, a Lotar Eilat. Esta unidade de reservistas das Forzas Especiais de Israel está adestrada en contraterrorismo e rescate de reféns na área de Eilat. Tomou parte en moitas misións na rexión desde a súa creación en 1974. A unidade está formada unicamente por reservistas, cidadáns que deben ser habitantes de Eilat, e ter idades comprendidas entre 20 e 60 anos, que son chamados en caso de ataque terrorista na cidade. É ademais unha das tres unidades autorizadas polo exército israelí para liberar reféns baixo o seu propio comando.[16][17]

No ano 2007 un atentado acabou coa vida de tres panadeiros civís.[18][19] Este foi o primeiro ataque deste tipo desde a Segunda Intifada que tivo lugar en Eilat.[20] Porén, outros ataques xa tiveran lugar na rexión anteriormente.[21]

En 2011, varios terroristas infiltráronse en Israel a través da fronteira coa península do Sinaí, perpetrando varios ataques na autoestrada 12, nos que se viron afectados autocares civís e vehículos privados a varios quilómetros ao norte da cidade.[22][23]

Por mor destes ataques e, en prevención de infiltración de terroristas en territorio israelí, as autoridades do país construíron unha barreira de aceiro na fronteira con Exipto. Esta barreira está equipada con cámaras de seguridade, radares e sensores de movemento ao longo de toda a fronteira.[24] A valla quedou rematada en xaneiro de 2013.[25]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Montañas de Eilat

A xeoloxía e a paisaxe son variadas: as rocas ígneas e metamórficas, pedra arenisca e pedra calcaria; montañas de ata 892 metros sobre o nivel do mar; amplos vales, como o Arava, e a beira do mar no Golfo de Aqaba. Cunha precipitación media anual de 28 milímetros e as temperaturas no verán de 40 °C e superiores, os recursos hídricos e a vexetación son limitados.

Clima[editar | editar a fonte]

Eilat ten un Clima árido (segundo a Clasificación climática de Köppen de Köppen BWh[26]). Os invernos soen estar entre 11-23 °C. Os veráns oscilan entre 26-40 °C.

Datos climáticos para Eilat (Temperatura: 1987–2010, Precipitación: 1980–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,2 35,8 38,7 43,4 45,2 47,4 48,3 48,0 45,0 44,3 38,1 33,6 48,3
Media mensual máxima en °C 26,3 29,3 32,8 38,2 42,1 43,6 44,1 43,2 41,9 39,7 33,4 28,0 44,1
Media máxima en °C 21,3 23,0 26,1 31,0 35,7 38,9 40,4 40,0 37,3 33,1 27,7 23,0 31,46
Media diaria en °C 15,8 17,4 20,5 24,7 29,1 32,0 33,8 33,7 31,3 27,4 22,0 17,1 25,4
Media mínima en °C 10,4 11,8 14,6 18,4 22,5 25,2 27,3 27,4 25,2 21,8 16,3 11,9 19,4
Media mensual mínima en °C 5,9 7,4 10,1 13,4 17,7 21,5 24,8 24,8 22,0 17,4 11,5 7,5 5,9
Temperatura mínima en °C 1,2 0,9 3,0 8,4 12,1 18,5 20,0 19,4 18,6 9,2 5,3 2,5 0,9
Chuvia media mm 4 3 3 2 1 0 0 0 0 4 2 5 24
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) 2,1 1,8 1,6 0,9 0,7 0 0 0 0 0,7 0,8 1,9 10,5
Humidade relativa media (%) 32 28 25 19 16 15 17 18 23 27 29 33 23,5
Media de horas de sol mensuais 229,4 237,3 251,1 273 319,3 324 347,2 347,2 291 282,1 246 217 3 364,6
Fonte: Israel Meteorological Service[27][28][29][30]
Temperatura media do auga do mar[31]
Xan Feb Mar Apr Mai Xun Xul Aug Sep Out Nov Dec
22 °C 21 °C 21 °C 23 °C 25 °C 26 °C 28 °C 28 °C 28 °C 27 °C 25 °C 23 °C

Transporte[editar | editar a fonte]

O porto de Eilat.

Aire[editar | editar a fonte]

  • O aeroporto de Eilat está situado no centro da cidade e utilízase maioritariamente para voos domésticos[32] (IATA: ETH, ICAO: LLET).
  • Os voos internacionais adoitan chegar ao aeroporto de Ovda, situado a 50 km ao norte da cidade.[33] (IATA: VDA, ICAO: LLOV).
  • O novo Ramon International Airport está previsto que comece as súas operacións en 2018, tanto para voos domésticos como internacionais.

Estrada[editar | editar a fonte]

Eilat conta con dúas estradas principais que a conectan co centro de Israel:

  • A autoestrada 12, que se dirixe cara o noroeste.
  • A autoestrada 90, que se dirixe cara o nordés, e sueste cara a fronteira con Exipto.

Cruces fronteirizos[editar | editar a fonte]

Marítimo[editar | editar a fonte]

O porto de Eilat e a Eilat Marina permiten a viaxe por mar.

Os plans de futuro inclúen unha liña de ferrocarril[34] para reducir os tempos de viaxe ata Tel Aviv e Xerusalén.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "List of localities, in Alphabetical order" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  2. Grinzweig, Michael (1993). Cohen, Meir; Schiller, Eli, eds. "From the Items of the Name Eilat". Ariel (en hebreo) (Ariel Publishing) (93–94: Eilat – Human, Sea and Desert): 110. 
  3. Dr. Muhammed Abdul Nayeem, (1990). Prehistory and Protohistory of the Arabian Peninsula. Hyderabad. ISBN.
  4. Ian Shaw (2002). A Dictionary of Archaeology. John Wiley & Sons. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  5. "ישראל המקדשית". Gideon.022.co.il. Consultado o 16 de setembro de 2011. 
  6. "2 Reis 14:21-22". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  7. " "2 Reis 16:6". A Biblia galega. Consultado o 30 de setembro de 2017. [Ligazón morta]
  8. "When and How Did Jerusalem Become a Great City? The Rise of Jerusalem as Judah's Premier City in the Eighth-Seventh Centuries B.C.E." Bulletin of the American Schools of Oriental Research, no. 347 (2007): 21-56. http://www.jstor.org/stable/25067021.
  9. Yehudah Rapuano (2013). "An Early Islamic Settlement and a Possible Open-Air Mosque at Eilat". 'Atiqot 75: 129–165. 
  10. John S. Haupert. "Development of Israel's Frontier Port of Elat". The Professional Geographer 16 (2): 13–16. 
  11. Nowar, Maan Abu (2002). The history of the Hashemite Kingdom of Jordan. (1. ed.). Oxford: Ithaca Press. p. 297. ISBN 0863722865. 
  12. "Timna Copper Mines homepage". Arquivado dende o orixinal o 2016-04-19. 
  13. Avi Shlaim; William Roger Louis (13 de febreiro de 2012). The 1967 Arab-Israeli War: Origins and Consequences. Cambridge University Press. p. 224. ISBN 978-1-107-00236-4. 90% of Israeli oil was imported through the Straits of Tiran 
  14. Avi Shlaim; William Roger Louis (13 de febreiro de 2012). The 1967 Arab-Israeli War: Origins and Consequences. Cambridge University Press. p. 27. ISBN 978-1-107-00236-4. 
  15. "Daily brief to the U.S president on 27 May 1967" (PDF). 27 de maio de 1967. "diverted as was a sister ship yesterday 
  16. The real 24: An inside look at an elite IDF anti-terror unit Friday August 26, 2011
  17. "5 Things You Didn’t Know about the Eilat Counterterrorism Unit". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2017. 
  18. Suicide Bomb Kills 3 in Bakery in Israel – The New York Times, Jan 29, 2007
  19. "Eilat driver warned police about terrorist minutes before attack". Haaretz. April 17, 2006. 
  20. "Peretz orders IDF to prepare for operations in Gaza". The Jerusalem Post. 29 de xaneiro de 2007. 
  21. "Past terror attacks in the Eilat area". Haaretz. 29 de xaneiro de 2007. 
  22. Harel, Amos (September 2, 2011). "September songs". Haaretz. 
  23. Wyre Davies (2 de agosto de 2010). "'One killed' after rockets strike Jordan and Israel". BBC. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  24. Joel Greenberg (2 de decembro de 2011). "On Israel's uneasy border with Egypt, a fence rises". Washington Post. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  25. Amos Harel (13 de novembro de 2011). "On Israel-Egypt border, best defense is a good fence". Haaretz. Consultado o 7 de xaneiro de 2012. 
  26. "Climate: Eilat - Climate graph, Temperature graph, Climate table". Climate-Data.org. Consultado o 5 de novembro de 2013. 
  27. "Averages and Records for Tel Aviv (Precipitation, Temperature and Records written in the page)". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010. (en hebreo)
  28. "Extremes for Tel Aviv [Records of February and May]". Israel Meteorological Service. Consultado o 2 de agosto de 2015. (en hebreo)
  29. "Temperature average". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2011. (en hebreo)
  30. "Precipitation average". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011. (en hebreo)
  31. "Eilat Climate and Weather Averages, Israel". Weather2Travel. Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  32. Israel Airports Authority (2007). "Eilat Airport". Israel Airports Authority. Consultado o 16 de novembro de 2007. 
  33. Israel Airports Authority (2007). "Ovda Airport". Israel Airports Authority. Consultado o 16 de novembro de 2007. 
  34. Moti Bassok, Cabinet examining plan for Med-Red railway Haaretz, January 30, 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]