Nova Orleáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNova Orleáns
New Orleans (en)
la Nouvelle-Orléans (fr) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeNOLA, The Big Easy e Crescent City Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aFilipe II, Duque d'Orleães (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 29°58′34″N 90°04′42″O / 29.9761, -90.0783Coordenadas: 29°58′34″N 90°04′42″O / 29.9761, -90.0783
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoLuisiana - Louisiana
ParroquiaOrleans Parish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación383.997 (2020) Editar o valor em Wikidata (423,79 hab./km²)
Número de fogares154.826 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaNew Orleans metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:1.271.845) Editar o valor em Wikidata
Superficie906,099114 km² Editar o valor em Wikidata
Auga51,6227 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Mississippi e Mississippi River – Gulf Outlet Canal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude−2 m-6 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1718 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataLaToya Cantrell (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal70117 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico985 e 504 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnola.gov Editar o valor em Wikidata

Nova Orleáns (en inglés New Orleans; en francés La Nouvelle-Orléans) é a cidade máis grande do estado de Luisiana, Estados Unidos de América. Está situada ao sueste deste estado no río Mississippi, xusto ao sur do Lago Pontchartrain. A poboación da cidade era de 391.006 en 2017, 1.337.726 na "Gran Nova Orleáns". O nome abréviase ás veces como NOLA.

Nova Orleáns é unha cidade do Sur coñecida polo seu patrimonio multicultural, en particular francés, español e africano, pola súa música e pola súa cociña. É un destino turístico moi coñecido grazas aos seus numerosos festivais e celebracións, entre os que destacan o Mardi Gras, o Festival de Jazz e o torneo de rubgy americano Sugar Bowl.

A cidade foi fundada en 1718 e desempeñou un papel relevante na historia dos Estados Unidos. Leva o nome na honra de Filipe II, Duque de Orleáns, rexente de Francia no momento da fundación da cidade. O nome alude á cidade de Orleáns, en Francia.

Nova Orleáns é unha cidade portuaria importante debido á súa localización preto do golfo de México e no río Mississippi, o que fai dela un centro de tránsito de mercadorías desde e cara Latinoamérica. A industria petroleira é tamén de grande importancia para a súa economía, xa que no Golfo hai instaladas numerosas plataformas de extracción. O Porto do Sur de Luisiana (que inclúe o porto de Nova Orleáns e se estende pola área metropolitana) é o cuarto do mundo en tonelaxe.

Historia[editar | editar a fonte]

Era colonial[editar | editar a fonte]

Sinal na Praza Jackson no Barrio Francés

Nova Orleáns foi fundada en 1718 polos franceses como La Nouvelle-Orléans baixo a dirección de Jean-Baptiste Le Moyne de Bienville. O sitio escolleuse debido a ser un dous poucos lugares con algo de elevación por riba das marxes do curso final do río Mississippi, moi propensas ás inundacións e porque estaba próximo a unha rota comercial india entre o Mississippi e o Lago Pontchartrain a través de Bayou St. John (que os nativos chamaban Bayou Choupique). Nas proximidades (no que agora é o centro de Nova Orleáns) xa se asentara unha década antes unha comunidade de tramperos franceses. Nouvelle-Orléans converteuse na capital da Luisiana francesa en 1722, substituíndo a Biloxi.

En 1763, o colonia foi cedida aos españois. Algúns colonos franceses nunca se sentiron cómodos co dominio español e solicitaron repetidas veces a volta ao control francés.

O Grande Incendio de 1788 destruíu moitas das estruturas existentes na cidade. Como resultado deste incendio, e doutro posterior en 1795, boa parte da arquitectura do século XVIII que aínda pervive foi construída baixo o dominio español e garda as características da arquitectura colonial española.

En 1795, España concedeulle aos Estados Unidos o "Dereito de Depósito" en Nova Orleáns, que lles permitía usar as instalacións do porto da cidade. O Territorio de Luisiana (que abarcaba porcións de máis dunha ducia de estados actuais) volveu ao control francés en 1801 coa conquista napoleónica de España, pero en 1803 Napoleón vendeullo aos Estados Unidos. Na altura, a cidade de Nova Orleáns contaba cuns 10.000 habitantes.

Século XIX[editar | editar a fonte]

Desde os comezos, Nova Orleáns destacou pola súa poboación políglota e cosmopolita e pola mestura de culturas. A cidade medrou rapidamente, con chegadas de norteamericanos, franceses e crioulos franceses, moitos dos que escapaban da revolución en Haití. Durante a Guerra de 1812, o Reino Unido enviou unha forza para tentar conquistar a cidade mais foi vencida polas forzas dirixidas por Andrew Jackson, a algúns quilómetros río abaixo da cidade de Chalmette o 8 de xaneiro de 1815, no que se coñeceu como Batalla de Nova Orleáns.

Mapa alemán de Nova Orleáns de 1888

A poboación da cidade dobrouse na década dos 30 e en 1840 chegaba aos 102.000, co que era a cuarta máis grande dos Estados Unidos, a maior fora da Costa Leste e a segunda maior do Sur, despois de Boltimore . Porén, o crecemento viuse freado en ocasións por epidemias de febre amarela, como a de 1853, que matou a case 10.000 persoas.

Nova Orleáns foi a capital do estado de Luisiana até 1849 e despois entre 1865 e 1880. Como porto principal tiña un papel relevante no comercio de escravos, á vez que albergaba a maior comunidade de negros de Norteamérica. No inicio da Guerra Civil Americana foi capturada pola Unión sen batalla, o que evitou a destrución que sufriron moitas outras cidades do Sur. Retén un aroma histórico coa riqueza das construcións decimonónicas moi por fora dos primeiros límites urbanos coloniais do Barrio Francés. En 1844 foi a sede da Feira Mundial, denominada o Centenario Mundial do Algodón. Unha atracción importante de finais do século XIX e principios do XX era o famoso barrio de prostitución chamado Storyville.

Século XX[editar | editar a fonte]

Panorama de Nova Orleáns panorama de 1919

Dado que a maior parte da cidade se sitaba por baixo do nivel do mar entre o río e o lago, Nova Orleáns estaba rodeada de diques. Até comezos do século XX, a construción limitábase aos terreos un pouco máis altos ao longo dos diques naturiais do río e os bayous dado que a maioría do territorio restante era pantanoso e estaba submetido a inundacións frecuentes. Por esta razón, durante o século XIX a cidade tiña a forma dun crescente ao longo dunha curva do Mississippi, de onde lle ven o nome de Cidade Crescente. Na primeira década do século XX, o enxeñeiro e inventor A. Baldwin Wood levou a cabo un plano moi ambicioso para desecar a cidade, que incluía enormes bombas deseñadas por el, algunhas das cales aínda están en uso. Porén, o bombeo de auga subterránea provocou o seu afundimento, o que aumentou o risco de inundación.

Na década dos 20, modernizouse a imaxe da cidade eliminando os balcóns de ferro forxado de Canal Street, o seu centro comercial. Na década dos 60 outra modernización substituíu os tranvías por buses. Nos anos 90 lamentaronse estas decisións e volveuse a construír a liña de tranvías, rematada en 2004.

As áreas residencias medraron moito na segunda metade do século XX. A maior hoxe en día é Metairie, que limita con Nova Orleáns polo oeste.

Nova Orleáns é unha das cidades máis visitadas dos Estados Unidos, e o turismo converteuse nunha das compoñentes fundamentais da economía local nas últimas décadas do século XX. Moitas zonas do Barrio Francés e do Distrito de Negocios Central, que había tempo que estaban orientadas a usos residencias e comerciais locais, mudaron cara a industria turística nacional e internacional.

Un século após a Exhibición do Centenario do Algodón, Nova Orleáns albergou outra Feira Mundial, a Exposición Mundial de Luisiana de 1984.

O furacán Katrina[editar | editar a fonte]

Vista aérea das áreas inundadas preto do centro

A cidade sufriu os efectos dun furacán de categoría 4 o 29 de agosto de 2005, o Katrina, que chegou a terra en Florida. O concello ordenou unha evacuación total da cidade, a primeira na súa historia. O ollo do furacán pasou a 15 quilómetros, pero Nova Orleáns viuse moi afectada e despois algúns diques racharon e a cidade foi inundada nun 80%. Os servizos de emerxencia fallaron e miles de persoas (aínda non hai cálculos precisos) pereceron.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Nova Orleáns está nas marxes do río Mississippi, a 160 quilómetros do golfo de México a 30.07°N, 89.93°0.

A cidade ten unha superficie total de 907 km&sup2, da que 467 km&sup2 son terra e 439.4 km&sup2 auga. A área total é 48,45% auga.

Nova Orleáns é unha cidade única porque algunhas zonas da cidade están situadas entre 0,3 e 6 metros baixo o nivel da auga e a auga de choiva debe ser bombeada no momento de caer para evitar as inundacións. Ademais das zonas urbanas da cidade, Nova Orleáns inclúe zonas pantanosas sen construír, especialmente ao leste. A cidade é propensa a inundacións. Se chove máis de 25mm, o cal é frecuente, hai algunha zona que se inunda. Debido a isto, case todos os cemiterios de nova Orleáns utilizan criptas situadas sobre o chan en vez de enterramentos.

Divisións e barrios[editar | editar a fonte]

Casas coloridas no centro de Nova Orleáns.
  • Distrito de Negocios Central
    • Canal Street
    • Avenida Poydras
    • Barrio Americano Vello
    • Distrito de Armacéns Vello
  • Centro
    • Barrio Francés
    • Storyville (desaparecido)
    • Treme
    • Faubourg Marigny
    • Bywater
    • Distrito 7 Baixo
    • Distrito 9 Baixo
  • Centro
    • Distrito Xardín
    • Canal Irlandés
    • Distrito Universitario
    • Carrollton
    • Gert Town
    • Fountainbleau
    • Broadmoor
  • Bayou St. John
  • Mid City
  • Gentilly
    • Old Gentilly
    • Gentilly Woods
    • Praia de Pontchartrain
    • Parke de Pontchartrain
  • Lakeview
  • Lakefront
    • Lake Terrace
    • Lake Vista
    • Forte Español
  • Nova Orleáns Leste
    • Lake Forest
    • Lake Wood
    • Distrito 9
    • Michoud
    • Versailles
  • Algiers
    • Algiers Point
    • Aurora Gardens
    • Cutoff
    • English Turn
    • Lower Coast
    • Stanton
    • Tall Timbers

Clima[editar | editar a fonte]

Nova Orleáns ten un clima subtropical con invernos suaves e veráns quentes e húmidos. En xaneiro a temperatura varía entre 6 °C e 17 °C e en xullo entre 23 °C e 33 °C. A precipitación anual é de 1.520 mm. É vulnerábel a furacáns entre xuño e novembro. Neva raras veces, as dúas últimas en 2004 e 1954.

Imaxe do satélite Landsat 7 en cores reais

Demografía[editar | editar a fonte]

No censo do ano 2010 a poboación da cidade era de 343.829, cifra que non inclúe os barrios residenciais e outras zonas veiciñas, coas que atinxiría os 1,3 millóns. A densidade de poboación é de 1.036/km&sup2.

A poboación é branca no 33%, 60,02% afroamericana, 2,26% asiática (1,17% vietnamita, 0,3% da India e a China, 0,1% filipina e 0,1% coreana) e 5,3% hispana ou latina.

Os ingresos medios por familia son de 32,338 dólares. O 27,9% da poboación vive por debaixo do limiar de pobreza.

Goberno[editar | editar a fonte]

O concello consiste nun consello de cinco alcaldes de distrito máis outros dous. A actual alcaldesa, LaToya Cantrell (Partido Demócrata), foi elixida en novembro de 2017, asumindo o cargo o 17 de maio de 2018.

Economía[editar | editar a fonte]

Nova Orleáns é un centro industrial e de distribución e un porto principal dos Estados Unidos. Como Houston, en Texas, está situada no golfo de México e ten numerosas plataformas petrolíferas no mar. Moitas compañías petroleiras teñen unha sede rexional na cidade. A NASA, Lockheed-Martin, IBM e BellSouth tamén teñen instalacións nela.

Turismo[editar | editar a fonte]

As celebracións do Carnaval, centradas no Barrio Francés, atraen multitudes. Mardi Gras é unha tradición que se remonta a moitos anos. Durante eses momentos, Bourbon Streen peonalízase. A copa de rubgy americano Sugar Bowl celébrase a comezos de xaneiro. Son famosos tamén o Festival de Jazz e a Decadencia do Sur, unha das celebracións gay/lesbiana máis grandes do mundo, que se celebra o 1 de maio.

Os turistas visitan o Barrio Francés (que data da época francesa e española), Bourbon Street, Canal Street e a Avenida Esplanade, así como a Jackson Square, a catedral de San Luís, o Mercado Francés (incluído o Café du Monde). Hai barcos de vapor no Mississippi. Outros lugares visitados inclúen:

  • Cemiterio de Saint Louis
  • Cemiterio Metairie Cemetery
  • O Superdome
  • O Museo de Arte de Nova Orleáns NOMA
  • City Park
  • Parque Audubon
  • Zoo Audubon
  • Tipitinas
  • Faubourg Marigny
  • Bywater

Cultura[editar | editar a fonte]

Silueta de Nova Orleáns, vista desde o Mississippi, no barrio de Algiers.

Nova Orleáns é famosa pola súa cultura crioula e pola pervivencia do vodú entre algúns dos seus residentes, así como pola música, a comida, a arquitectura e o seu espírito festeiro.

Os alcumes da cidade son A Cidade Crescente, o Gran Tranquilo e a Cidade que a Preocupación Esqueceu. O lema semi-oficial é "Laissez les bons temps rouler" ("Que corran os bos tempos", en francés).

Nova Orleáns creou a súa propia versión da tradición dos funerais militares con banda de metais. Os funerais tradicionais con música utilizan composicións tristes (funerarias e himnos) de camiño ao cemiterio e alegres (jazz) á volta. Aínda se celebran cando morre un músico, un membro dun club, krewe ou sociedade de axuda ou un dignatario. Até finais do século XX a maioría chamábanse "funerais con música" pero os turistas impuxeron o nome de "funerais de jazz", que algunhas bandas máis recentes adoptaron, excluíndo ao tempo as composicións tristes.

Nova Orleáns foi sempre un centro importante para a música debido á interrelación das culturas europea, latinoamericana e nativa. Aquí naceu o jazz coas bandas de metal. Décadas máis tarde veu nacer un tipo especial de rhythm and blues que contribuíu notabelmente ao nacemento do rock and roll. Ademais, no campo cultívanse a música cajun, zydeco e os blues do Delta.

A cidade é tamén renomeada pola comida. As especialidades inclúen beignets, masas cadradas fritas que se coñecen tamén como donuts franceses e que se serven con café e chicoria con leite; Po'boy; ostras do Golfo, jambalaya, gumbo etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]