Imaxe satélite da Área do Gran Tokyo pola noite (2021).Rañaceos en Shinjuku (Tokyo) en 2009.
Unha megacidade é unha enorme cidade, polo xeral cunha poboación de máis de 10 millóns de persoas.[1][2][3] As definicións precisas do concepto poden variar: o Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas no seu informe "World Urbanization Prospects" de 2018 considera megacidades as aglomeracións urbanas con máis de 10 millóns de habitantes.[4] Un estudo da Universidade de Bonn sostivo que "xeralmente se definen como unha área metropolitana cunha poboación total de 10 millóns de persoas ou máis".[5] Outros enumeran cidades que satisfán criterios de 5 ou 8 millóns e tamén teñen unha densidade de poboación de 2.000 por quilómetro cadrado.[6] Os termos conurbación, metrópole e metroplex tamén se aplican a estes últimos.[6]