Kaunas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 54°54′N 23°56′E / 54.900°N 23.933°E / 54.900; 23.933

Kaunas
LTU Kaunas flag.svg KNS Coa.svg
Kaunas montage.jpg
Situación xeográfica
LietuvaKaunas.png
País Flag of Lithuania.svg Lituania
Rexión Aukštaitija
Condado Kaunas County flag.png Condado de Kaunas
Concello Concello da cidade de Kaunas
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 157 km²
Poboación
Poboación 311.148 hab. (2012)
Densidade 1982 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web Páxina oficial de Kaunas

Kaunas (en lituano [ˈkɐʊˑn̪ɐs̪] (AFI)Kaunas.ogg escoitar) é unha antiga capital e segunda máis grande cidade da Lituania. Sitúase no punto onde se encontran os ríos Neman e Neris, os ríos máis grandes do país.

Nomes[editar | editar a fonte]

Antes da independencia do país, a cidade era máis coñecida como Kovno, a forma tradicional do seu nome nas linguas eslavas. O seu nome en polonés é Kowno. A forma tradicional en ruso é Ковно, a pesar de Каунас tamén ser usada dende 1940. En yiddish o seu nome é Kovne (קאָװנע), e en alemán é Kowno ou Kauen.

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Kaunas

Onde hoxe é o centro histórico de Kaunas, xunto ós rios Neman e Neris, xurdiu no século X a.C. unha poboación. Contase que a cidade propiamente dita foi fundada en 1030, pero o seu nome só xurdiu en textos despois de 1361. No século XIII erixiuse unha muralla para protexela contra os ataques dos Cabaleiros Teutónicos. En 1362 a cidade foi capturada polos cabaleiros, que destruíron o seu castelo.

En 1408 a cidade teve garantidos os dereitos de Magdeburgo por Vytautas o Grande. O castelo foi reconstruído no comezo do século XV. A cidade comezou a ter destaque, pois estaba situada na intersección de rotas comerciais e era un porto fluvial. En 1441 Kaunas xuntouse á Liga Hanseática, e establecementos comerciais da Hansa foron abertos. Por volta do século XVI a cidade tiña unha escola pública, un hospital, e unha farmacia, e era unha das máis organizadas cidades do Gran-Ducado de Lituania.

Igrexa de San Xorxe (1487)

Os séculos XVII e XVIII foron malos para a cidade. En 1665, o exército ruso atacouna, e en 1701 Kaunas foi ocupada polos suecos. A peste negra atinxiu a cidade en 1657 e 1708, e incendios destruíron partes da cidade en 1731 e 1732. Despois da última repartición da Polonia-Lituania en 1795, a cidade foi ocupada pola Rusia. Cando foi da invasión da Rusia por Napoleón Bonaparte em 1812, o Grande Exército pasou dúas veces pola cidade, devastándoa nas dúas ocasións.

Igrexa e mosteiro de Pažaislis

Despois da última partición da Polonia, Kaunas foi un dos centros do "Levante de Novembro" (1830-1831) e do "Levante de Xaneiro" (1863-1864). Para desencoraxar a poboación local, as autoridades rusas deixaron un grande número de soldados na cidade. O forte militar ruso daquela época existe ata hoxe.

[Casa de Perkūnas

En 1862 un ferrocarril conectando o Imperio Ruso e a Alemaña foi construída, e Kaunas tornouse un importante entroncamento ferroviario. En 1898 a primeira usina eléctrica comezou a funcionar. Despois que Vilnius foi ocupada polos bolxeviques rusos en 1919, o goberno da República da Lituania fixou a súa sede en Kaunas. Posteriormente, cando Vilnius foi cercada pola Polonia, a cidade tornouse capital interina do goberno lituano, posición que mantivo ata 1940, cando a Polonia foi dividida entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética. Josef Stalin devolveu Vilnius á Lituania, e a mudanza da capital foi iniciada. Pero antes da súa conclusión, o país enteiro foi ocupado polos soviéticos.

Entre as dúas guerras mundiais, as industrias prosperaron en Kaunas, e ela tornouse no período a máis grande cidade lituana. Durante a xestión do prefecto Jonas Vileišis (1921-1931) Kaunas creceu rapidamente e tornouse unha cidade moderna. Un sistema de auga e desaugues, que custou máis de 15 millóns de litas (a moeda lituana) foi inaugurado. A cidade creceu de 18 para 40 km². Máis de 2500 predios foron construídos, incluíndose 3 modernas pontes sobre os ríos Neris e Nemunas. Todas as rúas da cidade foron pavimentadas, os transportes movidos por animais foron substituídos por omnibus modernos; novos suburbios foron planeados e construídos (especialmente na rexión de Žaliakalnis), e creáronse novos parques e prazas. As bases de un sistema de seguro social foron establecidas. Tres novas escolas e novas bibliotecas públicas foron concluídas, incluíndose a Biblioteca Vincas Kudirka. Vileišis mantivo diversos contactos co outras cidades europeas, e como resultado Kaunas tornouse activa participante na vida urbana europea.

En 1940 ela foi anexada pola Unión Soviética como parte da república socialista soviética da Lituania.

Despois da Segunda Guerra Mundial Kaunas tornouse a principal cidade industrial da Lituania - ela produciu preto de 1/4 da produción industrial da república soviética.

Despois da proclamación da independencia lituana en 1991, os soviéticos tentaron neutralizar a rebelión insuflada nos transmisores de radio e televisión situados en Sitkūnai. Os transmisores foron defendidos por moradores de Kaunas.

Poboación histórica[editar | editar a fonte]

Encontro dos ríos Neman e Neris en Kaunas
Ano Número de habitantes
1723 28 000
1796 8 500
1813 3 000
1825 5 000
1840 8 500
1860 23 300
1897 71 000
1923 92 000
1940 154 000
1959 214 000
1966 275 000
1989 418 087
2001 378 943
2004 366 652
2005 361 274

Composición étnica[editar | editar a fonte]

Kaunas é unha das cidades que ten porcentualmente máis lituanos no país: uns 93% de súa poboación. A porcentaxe de lituanos na cidade é maior que na capital Vilnius, e hai mais lituanos étnicos en Kaunas do que letóns étnicos en Riga ou estonianos étnicos en Tallinn.

Composición étnica no 2001:

  1. lituanos 92.9%
  2. rusos 4.4%
  3. ucraínos 0.5%
  4. polacos 0.4%
  5. Outros 1.8%

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kaunas