Seattle, Washington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°36′35″N 122°19′59″W / 47.60972°N 122.33306°W / 47.60972; -122.33306

Seattle, Washington
Official Seal of Seattle.jpg
SeattleMontage.png
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Seattle en Estados Unidos
Seattle
Seattle
Washington
Seattle
Seattle
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado Estado de Washington
Condados King
Xeografía
Altitude 0-158 msnm
Superficie 369,2 km²
Poboación
Poboación 608 660 hab. (2010)
Densidade 3 002 hab/km²
Xentilicio Seattleite
Información
Código postal 98101–98119, 98121–98122, 98124–98127, 98129, 98131–98134, 98136, 98138–98139, 98141, 98144–98146, 98148, 98151, 98154–98155, 98158, 98160–98161, 98164–98166, 98168, 98170–98171, 98174–98175, 98177–98178, 98181, 98184–98185, 98188, 98190–98191, 98194–98195, 98198–98199
Alcalde Ed Murray
Páxina web Páxina oficial de Seattle

Seattle (En-us-Seattle.ogg [siˈætə] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.

Seattle é un centro comercial, cultural e de tecnoloxía avanzada para o noroeste do Pacífico estadounidense e unha das principais cidades portuarias para o comercio transpacífico e europeo. A zona metropolitana de Seattle está arrodeada por montañas e corpos de auga.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Seattle deu comezo coa chegada dunhas partidas de pioneiros as terras que arrodean a baía Elliott na enseada Puget Sound, habitadas polo home dende milenios. No tempo da arribada dos occidentais estaban poboadas por indíxenas da tribo Duwamish asentados nunhas 17 aldeas espalladas pola zona[1].

Fundación[editar | editar a fonte]

Mapa dos comezos, 1855.
Vista de Seattle en 1856.

Concretamente foi en 1851 cun primeiro asentamento en Alki Point (na outra beira da baía Elliott, a uns 10 km ao oeste do centro actual). Ao ano seguinte a maioría dos colonos trasladáronse á máis protexida beira leste e fundaron o asentamento de Duwamps. En 1853 foi renomeado Seattle (polo xefe Sealth dos duwamish) cando os lotes catastrais foron oficiais[2].

En principio nun promontorio que coa marea alta quedaba illado, cun peirao (Yesler) no norte e arrodeado de interminables bosques, a industria da madeira foi a que deu pulo ó primeiro crecemento[3]. Pronto os lotes foron vendidos e recheado o terreo intermareal[4][5] iniciando un proceso de ganancia de terreos á baía que será constante no futuro.

Grande Incendio de 1889 e reconstrución[editar | editar a fonte]

Vista de paxaro de Seattle, 1884.

En 1889 un grande incendio destruíu o centro da vila. Porén, a súa puxanza era tal que nun ano fora reconstruído por un aínda maior e mellor (en ladrillo e pedra arredor de Pioneer Square)[6]; que a poboación case se duplicara (de 25 000 habitantes a 43 000, converténdose na maior do estado de Washington) polo grande afluxo de traballadores para a reconstrución; e que ademais un sistema de parques e bulevares (plan do estudio do prestixioso paisaxista Olmsted, 1903; tamén elaborou o da Feira Mundial de 1909) fora posto en funcionamento.

Poucos anos despois, a febre do ouro de Alasca (1896) converteu o porto de Seattle na base de aprovisionamento e partida, facendo da cidade un nó de comunicacións (ferrocarril tamén nestes anos) e incrementando novamente a súa poboación pola masiva inmigración (orientais e europeos convértena en cosmopolita). Coma consecuencia a partir de 1905 houbo un estoupido inmobiliario na que xa deveu a urbe líder do noroeste do país[7].

Desmontes e recheos[editar | editar a fonte]

Map of Seattle landfills, regrades, and cuts as of 1996.jpg

A topografía complicada de Seattle, entre a baía e o lago Washington, con numerosos outeiros e brazos de auga obstaculizaba a expansión urbana. Un gran plan de desmontes (regrades) e recheos complementarios levouse a cabo nas primeiras décadas do século XX reconfigurando a xeografía da vila. A fronte costeira, co dique (despois Alaskan Way) e peiraos do porto, ampliouse sobor de todo co recheo do fondo da baía (por onde entrou o ferrocarril) ata a foz do río Duwamish onde se creou unha illa artificial (a industrial Harbor Island, 1909).

Sobor destes novos terreos gañados ao mar cimentouse o apoxeo da industria dos estaleiros no tempo da Primeira Guerra Mundial. Un gran plan para un moderno desenvolvemento metropolitano (Plan Bogue, 1911[8]) foi desgraciadamente rechazado en axustada votación, aínda que moitas das súas propostas foran retomadas co tempo (centro cívico no Denny Hill Regrade e sistema de transporte público).

Seattle contemporánea[editar | editar a fonte]

Trala gran depresión (cando perdeu a puxanza portuaria en beneficio dos Ánxeles), dende a Segunda Guerra Mundial a industria aeronáutica primeiro (da man de Boeing) e a informática despois (Microsoft) teñen levado a Seattle a manteres coma unha das metrópoles máis desenvolvidas dos Estados Unidos.

As grandes infraestruturas (anel de autoestradas[9], monorraíl elevado) na década de 1960 acompañaron o primeiro pulo e celebrouse unha nova Feira Mundial en 1962, co Space Needle coma icona do skyline da cidade.

De esquerda a dereita: Space Needle; rañaceos do downtown; a pequena Torre Smith, primeiro rañaceos (1914) da cidade a carón de Yesler Way e Pioneer Square; os recheos portuarios e Harbor Island.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa da Baía Elliott con algunhas das aldeas nativas: Alki ("Fat Nose") e Jijilaetch a carón da península onde asentouse Duwamps [1][Ligazón morta]
  2. Mapas dos inicios de Seattle [2]
  3. Detalle do mapa de 1856 co trazado futuro da cidade superposto: o peirao Yesler no comezo da Yesler Way, que coa Primeira Avenida serán as arterias principais [3]
  4. Mapa de Seattle en 1875 [4]
  5. Vista de Seattle dende a baía, 1875 [5]
  6. Mapa de Seattle en 1891 co crecemento trala reconstrución [6][Ligazón morta]
  7. Mapa de Seattle en 1909 [7]
  8. Plan de Virgil Bogue para Seattle, 1911 [8][Ligazón morta]
  9. Mapa de Seattle, 1966 [9]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seattle, Washington Modificar a ligazón no Wikidata
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Seattle, Washington

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]