Contaminación atmosférica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta planta xeradora de Novo México libera dióxido de xofre e outros contaminantes do aire.

A contaminación atmosférica fai referencia á alteración da atmosfera pola adición de gases, ou partículas sólidas ou líquidas en suspensión en proporciones distintas ás naturais.

O nome de contaminación atmosférica aplícase polo xeral ás alteracións que teñen efectos prexudiciais sobre a saúde dos seres vivos e os elementos materiais, e non a outras alteracións inocuas. Os principais mecanismos de contaminación atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en industrias como en automóbiles e calefaccións residenciais, que xeran dióxido e monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno e xofre, entre outros contaminantes. Igualmente, algunhas industrias emiten gases nocivos nos seus procesos produtivos, como cloro ou hidrocarburos sen queimar.

A contaminación atmosférica pode ter carácter local, cando os efectos ligados ao foco acontecen nas inmediacións do mesmo, ou planetario, cando, polas características do contaminante, se ve afectado o equilibrio xeral do planeta e zonas afastadas ás que conteñen os focos emisores.

Principais tipos de contaminación do aire[editar | editar a fonte]

  • Contaminantes gasosos: En ambientes exteriores e interiores poden aparecer vapores e contaminantes gasosos. Os contaminantes gasosos máis comúns son o dióxido de carbono, o monóxido de carbono, os hidrocarburos, os óxidos de nitróxeno, os óxidos de xofre e o ozono. Diferentes fontes producen estes compostos químicos pero a principal fonte artificial é a queima de combustible fósil. A contaminación do aire interior é producida polo consumo de tabaco, o uso de certos manteriais de construción, produtos de limpeza e mobles do fogar. Os contaminantes gasosos do aire proveñen de volcáns, incendios e industrias. O tipo máis comunmente recoñecido de contaminación do aire é a néboa tóxica (smog). A néboa tóxica refírese xeralmente a unha condición producida pola acción da luz solar sobre os gases de escape de automotores e fábricas.
  • O efecto invernadoiro evita que unha parte da calor recibida desde o sol deixe a atmosfera e volva ao espazo. Isto quenta a superficie da terra no que se coñece como efecto invernadoiro. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera que son absolutamente necesarios para quentar a terra, pero na debida proporción. Actividades como a queima de combustibles derivados do carbono aumentan esa proporción e o efecto invernadoiro aumenta excesivamente. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o quentamento global. Outros gases que contribúen ao problema inclúen os clorofluorocarbonos (CFCs), o metano, os óxidos nitrosos e o ozono.
  • O dano á capa de ozono prodúcese principalmente polo uso de clorofluorocarbonos (CFCs). O ozono é unha forma de osíxeno que se encontra na atmosfera superior da terra. A capa fina de moléculas de ozono na atmosfera absorbe algúns dos raios ultravioletas (UV) antes de que cheguen á superficie da terra, co cal faise posible a vida na terra. O esgotamento do ozono produce niveis máis altos de radiación UV na terra, co cal ponse en perigo tanto a plantas coma a animais.
  • O po atmosférico (ou partículas de materia) é o termo utilizado para nomear unha combinación de partículas sólidas e gotiñas líquidas que se encontran no aire. Algunhas partículas son o suficientemente grandes e escuras para verse en forma de fume. Outras son tan pequenas que só poden detectarse cun microscopio electrónico. Cando se respira o po, este pode irritar e danar os pulmóns producindo problemas respiratorios. As partículas finas inhálanse de maneira fácil profundamente dentro dos pulmóns onde se poden absorber no torrente sanguíneo ou permanecer arraigadas por períodos prolongados de tempo.
  • Efectos climáticos: Xeralmente os contaminantes se elevan ou aboian lonxe das súas fontes sen acumularse ata niveis perigosos. Os patróns de ventos, as nubes, a chuvia e a temperatura poden afectar a rapidez con que os contaminantes se afastan dunha zona. Os patróns climáticos que atrapan a contaminación atmosférica en vales ou a desprazan por la terra poden danar ambientes limpos distantes das fontes orixinais. A contaminación do aire prodúcese por toda substancia non desexada que chega á atmosfera. É un problema principal na sociedade moderna. A pesar de que a contaminación do aire é xeralmente un problema peor nas cidades, os contaminantes afectan o aire en tódolos lugares. Estas substancias inclúen varios gases e partículas minúsculas ou materia de partículas que poden ser prexudiciais para a saúde humana e o medio ambiente. A contaminación pode ser en forma de gases, líquidos ou sólidos. Moitos contaminantes libéranse ó aire como resultado do comportamento humano. A contaminación existe a diferentes niveis: persoa, nacional e mundial.

Algúns contaminantes proveñen de fontes naturais[editar | editar a fonte]

  • Os incendios forestais emiten partículas, gases e substancias que se evaporan na atmosfera (VOCs, polas súas siglas en inglés)
  • Partículas de po ultrafinas creadas pola erosión do solo: cando a auga e o clima soltan capas do solo, aumentan os niveles de partículas en suspensión na atmosfera.
  • Os volcáns guindan dióxido de xofre e cantidades importantes de rocha de lava pulverizada coñecida como cinzas volcánicas.
  • O metano (ou gas natural) fórmase nos procesos de putrefacción de materia orgánica e dana a capa de ozono.

Efectos nocivos para a saúde humana[editar | editar a fonte]

Principais efectos na saúde por contaminación (en inglés)[1][2][3]

Moitos estudos demostraron enlaces entre a contaminación e os efectos para a saúde. Os aumentos na contaminación do aire ligáronse á disfunción pulmonar e a aumentos de ataques cardíacos. Niveis altos de contaminación atmosférica segundo o Índice de Calidade do Aire da Axencia de Protección do Medio Ambiente (EPA) prexudican directamente a persoas que padecen asma e outros tipos de enfermidade pulmonar o cardíaca. A calidade xeral do aire mellorou nos 20 últimos años pero as zonas urbanas son aínda motivo de preocupación. Os anciáns e os niños son especialmente vulnerables ós efectos da contaminación do aire.

O nivel de risco depende de varios factores:

  • Á cantidade de contaminación no aire,
  • Á cantidade de aire que respiramos nun momento dado
  • Á saúde xeral.

Outras maneiras menos directas en que as persoas están expostas ós contaminantes do aire son:

  • O consumo de produtos alimenticios contaminados con substancias tóxicas do aire que se depositaron onde crecen,
  • Consumo de auga contaminada con substancias do aire,
  • Inxestión de solo contaminado, e
  • Contacto con solo, po ou auga contaminados.

Índice de Calidade do Aire[editar | editar a fonte]

O Índice de Calidade do Aire (AQI) é unha ferramenta usada pola EPA e outras axencias para prover ó público información oportuna e fácil de comprender sobre a calidade do aire local. Tamén indica se os niveles de polución son prexudiciais para a saúde. O AQI informa ó público se a condición do aire debe preocupalos. O AQI céntrase nos efectos daniños que poden ocorrer dentro dunhas horas ou días despois de respirar o aire.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. World Resources Institute: August 2008 Monthly Update: Air Pollution's Causes, Consequences and Solutions Submitted by Matt Kallman on Wed, 2008-08-20 18:22. Retrieved on April 17, 2009
  2. waterhealthconnection.org Overview of Waterborne Disease Trends] By Patricia L. Meinhardt, MD, MPH, MA, Author. Retrieved on April 16, 2009
  3. Pennsylvania State University > Potential Health Effects of Pesticides. by Eric S. Lorenz. 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Contaminación atmosférica

Ligazóns externas=[editar | editar a fonte]