Saltar ao contido

Louisville, Kentucky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLouisville, Kentucky
Louisville (en) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoLois XVI de Francia Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°15′22″N 85°45′05″O / 38.2561, -85.7514
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoKentucky
County of Kentucky (en) TraducirCondado de Jefferson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación246.161 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.433,7 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaLouisville metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:1.285.439) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie171,695795 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ohio Editar o valor en Wikidata
Altitude142 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGeorge Rogers Clark (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1778 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Louisville, Kentucky (en) Traducir Editar o valor en WikidataCraig Greenberg (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal41005 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico502 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Leeds (en) Traducir
Quito
Tamale
La Plata
Jiujiang (pt) Traducir
Montpellier
Maguncia (1977–)
Leeds (2006–)
Adapazarı (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata

Páxina weblouisvilleky.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459152

Louisville é a cidade máis grande do estado de Kentucky. Ten unha poboación de máis de 699 827 habitantes. É considerada a 16ª ou 27ª cidade máis grande dos Estados Unidos de América dependendo de que cálculo se utiliza para o reconto da poboación (ver nomenclatura, poboación e posición). O asentamento que despois se converteu na cidade de Louisville foi fundado por unha expedición de trece familias comandadas polo Coronel George Rogers Clark en 1778 e está nomeada en honra do rei Lois XVI de Francia.

Louisville está situada na parte central norte de Kentucky, na fronteira de Kentucky e Indiana situada no único obstáculo natural do río Ohio, as Fervenzas do Ohio. A súa área é de 172,6 km². É a cabeza do condado de Jefferson desde o 2003 e os límites da cidade son contiguos aos do condado debido á fusión entre o condado e a cidade. Aínda que se atopa situada ao sur dos Estados Unidos, Louisville está influenciada polas culturas do Medio Oeste e do sur; en ocasións refírese a ela como a cidade do sur máis "norteña" ou como a cidade do norte máis "sureña" dos Estados Unidos.[1]

A base da súa economía é a fabricación de whisky e o turismo. A maior fama de Louisville provén de "os dous minutos máis emocionantes no deporte": o Derby de Kentucky, a carreira de cabalos que é parte da Tripla Coroa de Cabalos Purasangue, que se leva a cabo anualmente nesta cidade, sendo un evento amplamente televisado.

Louisville é a cidade natal de Keno Don Hugo Rosa (coñecido como Don Rosa), famoso ilustrador da Walt Disney Company. Tamén foi nesta cidade, onde creceu Nicole Scherzinger do grupo The Pussycat Dolls.

Nomenclatura, poboación e posición

[editar | editar a fonte]

No censo de poboación do ano 2000, Louisville tiña unha poboación de 259 231 habitantes, que era por primeira vez menor que a da unión consolidada cidade-condado de Lexington de 260 512. O 7 de novembro de 2000 Louisville e o condado de Jefferson aprobaron un referendo para fusionarse nun goberno consolidado de cidade-condado chamado Goberno do Condado Metropolitano Louisville-Jefferson (nome oficial) ou Louisville Metro (nome curto oficial), fusión que se concretou o 1 de xaneiro de 2003. Esta fusión fixo que Louisville fose de novo a cidade máis grande do estado.

O Departamento de Censos dos Estados Unidos outorgou dúas cifras diferentes de poboación para o condado consolidado Louisville-Jefferson estimando a poboación do 2005 en 699 827 (16ª da nación, coa mesma cifra que o condado Jefferson);[2] para o "balance" do condado Louisville-Jefferson lista a cifra de poboación en 556 429 (27ª en poboación).[3] O "balance" é unha designación creada polo Departamento de Censos para describir a porción do condado de Louisville-Jefferson que non inclúe ningunha das poboacións semi-independentes (como Anchorage, Middletown ou Jeffersontown).[4]

A metodoloxía do censo usa os valores do balance para comparar cidades consolidadas contra outras cidades para propósitos de estatística e categorización, por iso é polo que a cifra menor que a sitúa en lugar 27 é a cifra oficial reportada polo Departamento. Porén, o lugar 16 segue sendo a afirmación oficial do goberno de Louisville Metro e dos líderes empresariais, ademais amplamente difundida polos medios locais, ata se publicou nos letreiros de camiños nos límites da cidade.

A área metropolitana de Louisville (non debe confundirse con Louisville Metro), ten 1,2 millóns de habitantes e atópase no lugar 43 da lista de áreas metropolitanas por número de habitantes. A área metropolitana inclúe tamén algúns condados do sur de Indiana.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A historia de Louisville comprende centos de anos, e nela influíron a xeografía e a área na que se localiza. Os rápidos das Cataratas do Ohio, crearon unha barreira natural para o percorrido do río, e como resultado medraron asentamentos neste punto.

Fundador de Louisville, George Rogers Clark.

O primeiro asentamento europeo na veciñanza da moderna Louisville estaba en Corn Island, en 1778, fundado polo coronel George Rogers Clark, recoñecido como o fundador do Louisville. Varios lugares da comunidade foron nomeados por el.

Dous anos máis tarde, en 1780, a Asemblea Xeral de Virxinia aprobou a carta da cidade de Louisville. A cidade foi chamada así na honra do Rei Lois XVI de Francia, cuxos soldados entón axudaban os americanos coa Guerra Revolucionaria. Os primeiros residentes viviron en fortalezas para protexerse dos constantes ataques dos indios americanos, pero mudáronse antes de finais dos anos 1780. En 1803, os exploradores Meriwether Lewis e William Clark organizaron a súa expedición a través de América na cidade orixinal de Clarksville, Indiana, nas Cataratas do Ohio en Louisville.

Século XIX

[editar | editar a fonte]

O crecemento inicial da cidade estivo influenciado polo feito de que os barcos do río tiñan que ser descargados e movidos río abaixo, antes de alcanzar as cataratas. En 1828, a poboación aumentara a 7000 habitantes e Louisville tornouse nunha cidade incorporada. A cidade creceu rapidamente nos seus anos de formación.

Louisville era un porto de embarque principal e os escravos traballaban nunha variedade de comercios asociados. A cidade era moitas veces un punto de fuga de escravos cara ao norte, xa que Indiana era un estado libre.

Durante a Guerra Civil, Louisville era unha fortaleza importante do Exército da Unión, que mantivo Kentucky firmemente na Unión. Foi o centro de planificación, materiais, contratación e transporte de moitas campañas, especialmente no Bando Oeste da Guerra Americana. Ata o final da guerra, Louisville non fora atacada, aínda que nas súas proximidades sucederan escaramuzas e batallas, incluíndo as batallas de Perryville e Corydon. Tras a reconstrución, veteranos confederados, en gran parte, asumiron o control político da cidade, levando á mofa que Louisville se xuntase á Confederación tras o remate da guerra.

O primeiro Kentucky Derby foi realizado o 17 de maio de 1875, na pista de Louisville Jockey Club (máis tarde renomeada como Churchill Downs). O Derby foi orixinalmente dirixido por Meriwether Lewis Clark, Jr., neto de William Clark, da expedición de Lewis e Clark e sobriño-neto do fundador da cidade, George Rogers Clark. As carreiras de cabalos tiveron unha forte tradición en Kentucky, cuxa rexión interior de Bluegrass fora un centro de animais reprodutores de alta calidade ao longo do século XIX. Dez mil espectadores asistiron ao primeiro Derby, que gañou Aristides.

O 27 de marzo de 1890 a cidade foi devastada, e o seu centro case esnaquizado por un tornado F4, dentro do marco dunha vaga de mediados de 1890 que afectou ao Val do Mississippi. Ao redor de 74 a 120 persoas perderon a vida.

Séculos XX e XXI

[editar | editar a fonte]

A finais de xaneiro e febreiro de 1937, caeron 48 cm de choiva durante un mes, causando a "grande inundación do 37". A inundación somerxeu ao redor do 70 % da cidade. Causou a perda de poder e obrigou á evacuación de 175 000 residentes. Este suceso levou a cambios dramáticos nas zonas nas que vivían os residentes. Hoxe en día, a cidade está protexida por numerosos muros de contención. Despois da inundación, as zonas de alta elevación na parte oriental da cidade viu décadas de crecemento residencial.

Louisville foi un centro de produción de fábrica de guerra durante a segunda guerra mundial. En maio de 1942, o goberno dos Estados Unidos asignoulle á compañía aérea de Curtiss-Wright, unha planta de guerra situada no campo de voo de Louisville para a produción de avións de guerra. A fábrica produciu o C-46 Commando, avión de carga, entre outras aeronaves. En 1946 a fábrica foi vendida a International Harvester Corporation e iniciouse a produción a grande escala de tractores e equipos agrícolas. En 1950, a Oficina do Censo informou de que a poboación de Louisville era de cor branca o 84,3% e o 15,6% de cor negra.

Ao igual que noutras moitas cidades das máis antigas de América, Louisville comezou a experimentar un movemento de persoas e empresas ás aforas durante os anos 1960 e 1970. Os residentes de clase media comezaron a utilizar as estradas de nova construción e as estradas interestatais para ir ao traballo, mudarse a unha vivenda máis distante pero máis nova. Debido ás leis fiscais, as empresas consideraron que era máis barato construír un novo edificio no canto de renovar os antigos. Os cambios económicos incluíron unha diminución da produción local. As áreas de West End e mais as do extremo sur, en particular, comezaron a declinar economicamente como moitas fábricas locais, e remataron pechando.

En 1974, un dos principais tornados golpeou Louisville como parte da vaga de tornados que azoutaron 13 estados. Cubriu 21 millas (34 km) e destruíu centos de fogares na área de Louisville. Dúas persoas perderon a vida.

Dende a década de 1980, moitos dos barrios urbanos da cidade revitalizáronse en áreas populares entre os mozos profesionais e estudantes universitarios. O maior cambio produciuse ao longo do corredor de Bardstown Road, a Avenida Frankfort e os vellos barrios de Louisville. O centro tivo un importante crecemento residencial e comercial, incluíndo a conversión dos sitios industriais fronte ao río en Waterfront Park, vivindo a remodelación da antiga Galería na rúa Cuarta, nun bulicioso complexo de entretemento chamado Louisville Fourth Street Live!.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2000 Louisville abrangue a totalidade do condado de Jefferson, 1.030 km², dos cales 996 son terra e 34 (3,38 %) son auga. Louisville está situada na rexión de Bluegrass. O seu desenvolvemento foi influenciado pola súa posición sobre o río Ohio, que estimulou o crecemento de Louisville a partir dun lugar de campamento e remanso do río, illado nun porto fluvial importante. Gran parte da cidade está situada nunha chaira de inundación moi ampla e plana rodeada por montañas por todas as partes. Gran parte da área era de pantanos e tivo que ser drenada cando a cidade creceu. Na década de 1840, a maioría dos regatos foron desviados ou canalizados para evitar inundacións e gromos de enfermidades.

Jefferson Memorial Forest.

As áreas que están ao leste da I-65, xeralmente ​​están por riba da chaira de inundación, e están compostas de outeiros suaves. As partes máis ao sur do Condado de Jefferson están na pintoresca e pouco desenvolvida rexión Knobs, que é o lugar no que se sitúa Jefferson Memorial Forest, que é o maior bosque urbano municipal dos Estados Unidos.

O Condado de Louisville-Jefferson, KY-IN área estatística metropolitana (MSA), a 44ª maior dos Estados Unidos inclúe o condado de Jefferson Kentucky (coincidindo co Louisville Metro), máis 12 municipios periféricos, oito en Kentucky e catro no sur de Indiana.

A MSA Louisville está incluído na Louisville–Elizabethtown–Madison, KY–IN Combined Statistical Area (CSA), que tamén inclúe Elizabethtown, Kentucky, así como a Micropolitan Statistical Area de Madison, Indiana.

Louisville ten un clima subtropical húmido e experimenta catro estacións.

  • Primavera e outono: Nunhas condicións similares. Comeza a finais de marzo, ata finais de setembro. As temperaturas con extremos e as precipitacións son frecuentes durante a primavera e o outono. Xeralmente vai mal tempo nesta época, con ocasionais gromos de tornados na rexión.
  • Inverno: tipicamente é unha mestura de choiva, auganeve e neve, con nevadas ocasionais e formación de xeo. Louisville ten unha media duns 87 días con temperaturas por baixo do cero.
  • Verán: é xeralmente sacudido por vagas quentes e húmidas, con longos períodos de temperaturas de máis de 30 °C. Louisville ten unha media de 31 días ao ano con temperaturas superiores aos 30 graos.

A temperatura media anual é de 13,8 °C, cunha media anual de neve de 37 cm e unha precipitación media anual de 113 cm.

A contaminación do aire é continua en Louisville. A cidade está clasificada polo Environmental Defense Fund dos Estados Unidos como a 38ª peor cidade segundo a calidade do aire. Louisville a miúdo sofre o efecto de illa de calor.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Louisville desenvolveuse inicialmente a través dos sectores naval e de carga. A súa estratéxica localización nas Cataratas do Ohio, así como a súa privilexiada posición no centro dos Estados Unidos convertérono nun lugar ideal para a transferencia da carga ao longo da súa ruta a outros destinos. A canle de Louisville e Portland e o ferrocarril de Louisville a Nashville eran conexións importantes.

A importancia de Louisville para a industria do transporte marítimo continúa hoxe en día coa presenza do Worldport mundial de carga aérea de UPS no centro do Louisville International Airport. A localización de Louisville na encrucillada de tres estradas principais interestatais (I-64, I-65 e I-71) tamén contribúe á súa moderna importancia estratéxica para a industria do transporte marítimo e de carga. A partir de 2003, Louisville situouse como o sétimo porto interior máis grande nos Estados Unidos.

Recentemente,[cando?] Louisville converteuse nun importante centro para o coidado da saúde e as industrias das ciencias médicas. Louisville foi fundamental para os avances en cirurxía do corazón, así como no tratamento contra o cáncer. Algúns dos primeiros trasplantes de corazón artificiais realizáronse en Louisville. O florecente campus do centro de investigación médica de Louisville inclúe un novo centro de rehabilitación e un parque de investigación de ciencias da saúde e comercialización que, en colaboración coa Universidade de Louisville, trouxo cerca de 70 científicos e investigadores. Louisville é tamén o fogar de Humana, unha das maiores compañías de seguros de saúde do país.

Louisville por un longo tempo foi tamén a sede de Brown & Williamson, a terceira maior empresa da industria do tabaco antes de fusionarse con R. J. Reynolds, en 2004, para formar a Reynolds American Company. Brown & Williamson motivou un dos maiores escándalos da industria do tabaco na década de 1990 e foi o foco de The Insider, un filme de 1999 filmado en torno da área de Louisville. Tamén se sitúan en Louisville dúas das principais fábricas de Ford, a sede da GUE Consumer & Industrial subsidiaria da General Electric, e unha fábrica de equipos de maior porte de General Electric. Ademais, un terzo de todo o whisky bourbon vén de Louisville. A Corporación Brown-Forman é un dos principais fabricantes de bourbon con sede en Louisville. Outras grandes destilarías de bourbon poden atoparse na cidade e en cidades veciñas en Kentucky.

Tamén é un orgullo en Louisville a súa gran variedade de pequenas empresas e negocios independentes, algunhas das cales se fixeron coñecidas pola súa enxeñosidade e creatividade. En 1926, o Hotel Brown converteuse na casa dos sándwichs Hot Brown. A pouca distancia, o Hotel Seelbach, ao que fai referencia F. Scott Fitzgerald en O Gran Gatsby, é famoso tamén por un cuarto secreto onde Al Capone se atopaba con regularidade cos asociados durante a época da Lei seca. A bebida Old Fashioned foi inventada no Club de Louisville Pendennis.

Varios grandes filmes foron rodados tamén preto de Louisville, incluíndo The Insider, James Bond contra Goldfinger, Stripes, Lawn Dogs, Elizabethtown e Secretariat.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Eduación

[editar | editar a fonte]

En Louisville hai cinco universidades de catro anos, e tamén moitas escolas técnicas. A Universidade de Louisville, ten varios logros sobresaíntes, como transplantes de mans e o primeiro transplante de corazón sen arames. Tamén están a Universidade Bellarmine, a Universidade Spalding, a Universidade Sullivan, a Simmons College de Kentucky, e algunhas escolas técnicas como Spencerian College, ITT Technical Institute, Louisville Technical Institute,...

Principal edificio administrativo da Universidade de Louisville.

De acordo co censo dos Estados Unidos, da poboación de Louisville maior a 25 anos, o 21,3% (a media nacional é de 24%) teñen un título de licenciatura ou superior, e un 76,1% (80% a nivel nacional) teñen un diploma de escola secundaria ou o seu equivalente.

O sistema escolar público, consta de máis de 98 000 estudantes en 89 escolas primarias, 24 escolas secundarias e 22 centros de aprendizaxe. Debido á gran poboación católica de Louisville, hai tamén 27 escolas católicas na cidade. A Escola Kentucky para Invidentes acolle todos os estudantes cegos e deficientes visuais de Kentucky.

Transportes

[editar | editar a fonte]
Un Toonerville II

O principal aeroporto de Louisville, é o Aeroporto Internacional de Louisville. Máis de 1,4 millóns de toneladas de carga e máis de 3,5 millóns de pasaxeiros pasan cada ano por este aeroporto. É o cuarto aeroporto máis ocupado dos Estados Unidos.

Para o transporte polo centro de Louisville, empréganse os autobuses Toonerville II. A cidade ten circunvalacións iterestatais, ademais das estradas interestatais que cruzan a cidade que fan que o tráfico sexa fluído.

En canto ao ferrocarril, hoxe en día Louisville ten dous ferrocarrís de carga maior, cinco liñas importantes que conectan a cidade co resto da rexión e dous ferrocarris rexionais.

Cidades irmáns

[editar | editar a fonte]
  1. "Emporis:Louisville, KY". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2007. 
  2. Census Population Estimates for 2005 Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (line 25202)
  3. Census Population Estimates for 2005 Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (line 25466)
  4. "For what geographic areas does the Census Bureau produce estimates?". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]