Hialeah, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHialeah, Florida
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 25°51′38″N 80°17′38″O / 25.8606, -80.2939Coordenadas: 25°51′38″N 80°17′38″O / 25.8606, -80.2939
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Miami-Dade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación223.109 (2020) Editar o valor em Wikidata (3.774,83 hab./km²)
Número de fogares76.459 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie59,104388 km² Editar o valor em Wikidata
Auga6,0853 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude2 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoEsteban Bovo (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33002, 33010-33018 Editar o valor em Wikidata

Sitio webhialeahfl.gov Editar o valor em Wikidata
Youtube: UCI3p9c__3qlEFi4iaQTOQaw Editar o valor em Wikidata

Hialeah é unha cidades dos Estados Unidos localizada no condado de Miami-Dade no estado estadounidense de Florida. No censo dos Estados Unidos do 2010 tiña unha poboación de 224.669 habitantes e unha densidade de 4.249,79 persoas por quilómetro cadrado, o que a converte na quinta cidade máis grande do estado. Hialeah forma parte da área metropolitana do Sur de Florida. A cidade atópase nunha gran pradeira entre a baía de Biscayne e a de Everglades.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu nome atribúese comunmente á orixe muskogee, "Haiyakpo" (pradeira) e "hili" (bonita) combinando "Hialeah". O significado literal é "Pradeira bonita". Por outra parte, a palabra é de orixe seminole que significa "Pradeira das terras altas".

O seu nome indíxena significa "Gran Pradeira", evoca unha imaxe de planos verdes usados polos indios nativos que viñan dos everglades para ancorar as súas canoas e ofrecer a súa mercadoría ós novos visitantes de Miami. Esta "Gran Pradeira" chamou a atención do aviador Glenn Curtiss e o granxeiro Missouri James H. Bright, os que viron o gran potencial da cidade en 1921. Ó comezo da década dos anos 20, Hialeah xa era o lugar onde todos querían estar. A xente tiña a opción de escoller entre o deporte español de jai-alai ou carreiras de cans. En 1926 tivo lugar un gran furacán.

Nos anos dende a súa incorporación en 1925, moitos eventos históricos e xente importante foron vinculados con Hialeah. A apertura do hipódromo Hialeah Park en 1925 recibiu máis atención dos medios de Miami que ningún outro evento de deportes nese tempo, e desde entón houbo gran cantidade de carreiras e historias no famoso parque de 220 acres. A grandiosidade do parque atraeu a millóns de persoas incluíndo a persoas famosas no mundo enteiro como: a familia Kennedy, Harry Truman, o Xeneral Omar Bradley, Winston Churchill e J.P. Morgan. Hialeah Park tamén foi listado no rexistro nacional de lugares históricos. A famosa aviadora Amelia Earhart pronunciou o seu derradeiro adeus a Hialeah cando emprendeu a súa desafortunada viaxe arredor do mundo en 1937.

Haleah era unha cidade elitista, onde vivía xente adiñeirada, pero gran cantidade de cubanos que se exiliaron durante a revolución de 1959 e os veteranos fixeron dela unha cidade de clase traballadora.

Dunha poboación de 1.500 en 1925, Hialeah creceu a un ritmo máis rápido que calquera das dez cidades máis grandes do estado de Florida. Desde os anos 60 ocupa a quinta posición nas cidades máis grandes do estado, con máis de 224.000 residentes.

Hialeah caracterízase por conseguir o seu patrimonio cultural e as súas tradicións a partir nunha comunidade traballadora moi diversa, orgullosa da súa orixe étnica.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, Hialeah ten unha superficie total de 59,16 km², dos cales 55,55 km² corresponden a terra firme e 3,6 km² (6.09%) son auga.

O clima de Hialeah, subtropical, é un clima cálido no que destaca o sol e as boas temperaturas ó longo do ano. Os veráns son cálidos e húmidos, mentres que os invernos son épocas de temperaturas máis frías, pero suaves.

En Hialeah, as temperaturas varían moito durante o día, en xeral o día é bastante cálido e pode acadar temperaturas de 26-27°, con máximas que oscilan entre 22° e 30°. As noites son suaves, baixan a 18-19°, con mínimas que oscilas entre 11° e 21°. A amplitude térmica diaria é de, 8-9°. Durante o mes de decembro en Hialeah o ceo adoita estar despexado, pero tamén hai xornadas no que o ceo está nubrado. Os meses máis fríos en Hialeah, son xaneiro, febreiro e marzo.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade de Hialeah é un importante centro comercial do Condado de Miami-Dade. A cidade é sede de retallistas nacionais como Starbucks, Target, Best Buy, Kohl, Walmart, Lowe, The Home Depot e negocios locais como Navarro e Sedano.

En Hialeah hai gran cantidade de empresas locais que compiten activamente e con éxito contra as marcas nacionais retallistas e con franquías. Para manter a competitividade, as empresas nacionais cambiaron as súas estratexias de negocios tradicionais para satisfacer as demandas da comunidade local. Supermercados Publix abriron os seus establecementos nas principais rúas da cidade, e abastecen exclusivamente a clientes hispanos e latinoamericanos. Por outra parte, a maioría das fabricas que fixeron de Hialeah unha cidade industrial nos anos 70 e 80, desapareceron, dando lugar a empresas tecnolóxicas que revitalizaron a economía local.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación
Censo Pob.
19302.600
19403.95852,2%
195019.676397,1%
196066.972240,4%
1970102.45253,0%
1980145.25441,8%
1990188.00429,4%
2000226.41920,4%
2010224.669−0,8%
Demografía de Hialea
Censo de 2010 Hialeah Miami-Dade Florida
Poboación total 224,669 2,496,435 18,801,310
Variación porcentual da poboación entre 2000 e 2010 Decrecente0.8% Crecente (crecemento)10.8% Crecente (crecemento)17.6%
10,474.2|/sq mi 1,315.5/sq mi 350.6/sq mi
Brancos ou caucásicos (incluíndo Hispanos) 92.6% 73.8% 75.0%
(Brancos non hispanos ou caucásicos) 4.2% 15.4% 57.9%
Negros ou afroamericanos) 2.7% 18.9% 16.0%
Hispanos ou latinos (de calquera raza) 94.7% 65.0% 22.5%
Asiáticos 94.7% 65.0% 22.5%
Nativos americanos ou Nativos de Alasca 0.1% 0.2% 0.4%
Illas do pacífico ou Nativos Hawaianos 0.0% 0.0% 0.1%
Dúas ou máis razas (Multirraciais) 1.6% 2.4% 2.5%
Algunha outra raza 2.6% 3.2% 3.6%

No ano 2010 existían en Hialeah 74.067 fogares, dos cales un 3,9% estaban desocupados. No ano 2000, o 36.2% da poboación tiña fillos con idades inferiores a 18 anos que vivían cos seus pais, 57,4% eran parellas e o 17.4% tiñan unha muller como cabeza de familia. O 14,7% dos fogares pertencían a individuos que vivían sós, dos cales o 7,8% ocupábano persoas maiores de 65 anos[1].

No ano 2000, a poboación estaba formada por un 23,0% de menores de 18, o 8,2% era persoas entre 18 a 24 anos,o 29,4% formábano persoas de 25 a 44, o 22,9% de 45 a 64 e o 16,6% eran maiores de 65 anos de idade. A idade media era de 38 anos. Cada 100 mulleres había 92 homes.

No 2000, os ingresos medios por familia eran de 29.492 dólares, e a renda media de 31.621. Os varóns tiñan uns ingresos medios de 23.133 fronte os 17.886 das mulleres. O salario aproximado de cada cidadán de Hialeah era de 12.402. Cerca do 16,0% das familias e o 18,6% da poboación estaban no limiar da pobreza, incluíndo o 22,2% dos menores de 18 anos e o 22,4% de maiores de 65.

A partir de 2010, Hialeah tiña a maior porcentaxe de cubanos e cubano americanos dos Estados Unidos, que representaban o 73,37% da poboación.

Relixión[editar | editar a fonte]

Mentres que o catolicismo é a relixión da maioría dos residentes da cidade, en Hialeah tamén se atopa a comunidade máis grande de santería fóra de Cuba. Estableceuse unha ordenanza municipal que restrinxe a práctica de sacrificios animais.

Política[editar | editar a fonte]

Hialeah tópase no distrito do congreso número 21 de Florida. Hialeah está considerada como a cuarta cidade máis conservadora dos Estados Unidos.

Educación[editar | editar a fonte]

Escola primaria e secundaria[editar | editar a fonte]

Hialeah conta con dúas grandes escolas de secundaria, que son: Mater Academy Charter High School e Miami Lakes Educational Center. Ambas recibiron o segundo premio no U.S. News & World Report's que as categorizaba como unhas das mellores escolas no ano 2008.

Colexios privados[editar | editar a fonte]

Colexios comunitarios[editar | editar a fonte]

  • Miami-Dade College Hialeah Campus que é un centro académico da cidade dende 1980. Ademais da súa función académica, o campus tamén patrocina actividades culturais.

Universidades privadas[editar | editar a fonte]

Lecer[editar | editar a fonte]

"Hialeah Park."

Hialeah conta con tres centros de tenis, máis de cinco piscinas públicas e parques acuáticos. Ten máis de 14 parques públicos que suman un total de 100 hectáreas. Ademais, Milander Park conta cun auditorio municipal e un estadio de fútbol apto para 10.000 persoas.

Notas[editar | editar a fonte]