Saltar ao contido

Toledo, Ohio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaToledo, Ohio
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°39′10″N 83°32′16″O / 41.6528, -83.5378
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOhio
Condadocondado de Lucas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación270.871 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.242,79 hab./km²)
Número de fogares119.215 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaToledo metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:646.604) Editar o valor en Wikidata
Superficie217,953266 km² Editar o valor en Wikidata
Auga4,0798 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Maumee (pt) Traducir e Maumee Bay Editar o valor en Wikidata
Altitude187 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1833 Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataWade Kapszukiewicz (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43405, 43601, 43603, 43604, 43605, 43606, 43607, 43608, 43609, 43610, 43611, 43612, 43613, 43614, 43615, 43617, 43620, 43623, 43635, 43652, 43654, 43656, 43657, 43659, 43660, 43661, 43666, 43667, 43681, 43682, 43697 e 43699 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico419 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtoledo.oh.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: cityoftoledo Twitter: city_of_toledo Instagram: cityoftoledo BNE: XX5420984 Editar o valor en Wikidata

Toledo é unha cidade do condado de Lucas no estado estadounidense de Ohio. Esta cidade universitaria é coñecida como a cidade de Cristal, grazas á súa larga tradición na innovación en todos os aspectos da industria do vidro, da que a cidade conta cun museo. O automóbil Jeep foi manufacturado en Toledo dende 1941.

O primeiro asentamento foi de orixe española, aínda que foi abandonado cando se retirou de Norteamérica a Coroa española coa independencia das súas colonias continentais a comezos do século XIX. A área abriuse á colonización británica tras a batalla das Árbores Caídas en 1794. Esta batalla levou a unha serie de tratados cos indios entre os anos 1795 e 1817. Entre 1803 e 1805 edificouse Fort Industry na desembocadura do regato Swan Creek. A partir da guerra de 1812 houbo un establecemento de poboación permanente no contorno de Fort Industry. Dúas poboacións fundáronse na zona: Port Lawrence (1817) e Vistula (1832). As dúas uníronse en 1833 baixo o nome de Toledo que facía referencia ó asentamento español orixinal.

Dende 1835 Toledo é a capital do condado de Lucas. Nos anos trinta no século XIX, o estado de Ohio decidiu incorporar a rexión de Toledo ó seu plan de construción de canais. Porén, a zona non formaba parte do estado, senón do Territorio de Míchigan, polo que se produciu un problema de límites coñecido como a Guerra de Toledo en 1835. Os habitantes da zona meteron presión para que o baixo val do Maumee pasase de Míchigan a Ohio, e o conflito solucionouno o presidente Andrew Jackson outorgando o territorio en disputa a Ohio e compensando a Míchigan coa que actualmente é a súa península setentrional.

O desenvolvemento industrial da rexión produciuse durante esa década e a seguinte, ó construírense canais de navegación e ferrocarrís.

A industria de vidro foi iniciada nos anos oitenta do século XIX por Edward Libbey e Michael Owens.

Xeografía e clima

[editar | editar a fonte]

Segundo a oficina do Censo dos Estados Unidos, Toledo ten unha superficie total de 217,88 km², da cal 208,99 km² corresponden a terra firme e 8,89 km² (4,08%) son auga.

Está situada no noroeste do estado de Ohio, xunto á baía de Maumee, extremo occidental do lago Erie e atravesa o río Maumee. A súa elevación sobre o nivel do mar é de 187 metros. Gran parte da cidade ocupa chan formado artificialmente e que ó principio estaba ocupado por pantanos.

O terreo é plano, e o solo é fértil, particularmente no val de Maumee.

O clima é continental frío, aínda que a proximidade do lago modera as temperaturas, de xeito que as nevaradas adoitan ser lixeiras. A temperatura media de xaneiro é de -5,3 °C, a de xullo é de 22,3 °C, e a media anual ascende a 9,2 °C.

Economía

[editar | editar a fonte]

A situación vantaxosa de Toledo na rexión dos Grandes Lagos, con acceso navegable ó océano a través do río San Lourenzo viuse reforzada pola conexión a outras canles de navegación e a chegada do ferrocarril nas décadas de 1830 e 1840. O seu porto, xestionado pola Toledo-Lucas Country Port Authority, é un dos maiores do mundo no transporte de carbón e ferro. Tamén se distribúen cereais e soia, petróleo e derivados, cemento e outras cargas. Tamén dispón de instalacións para a reparación de barcos.

Entre as industrias da rexión de Toledo atópanse as do vidro, automóbil, construción naval, aeronáutica, metal, maquinaria, medicamentos e fabricación de fariñas. Existen máis de mil fábricas e centros de produción na área metropolitana. Os maiores empregadores inclúen Daimler AG, General Motors, Libbey Inc, Dana Corporation, Owens-Illinois Inc, ProMedica Health Systems e o sistema de escolas públicas.

Toledo dispón dun aeroporto (Toledo Express) servido por sete aeroliñas e que é a base de operacións de Burlington Air Express. O aeroporto de Detroit atópase a menos dunha hora en automóbil.

Lecer e educación

[editar | editar a fonte]

Os deportes máis populares nesta cidade son as carreiras de coches, o béisbol, o golf, o hóckey e as carreiras de cabalos.

Entre as institucións educativas máis importantes atópanse:

  • The University of Toledo.
  • Bowling Green State University (Bowling Green.)
  • Lourdes University (Sylvania).
  • Herzing University.
  • Toledo Academy of Beauty.

Os colexios públicos de Toledo están dentro de cidades limítrofes, como o Washington Local School District en North Toledo. Adicionalmente, ten colexios privados e públicos de primaria e secundaria e colexios católicos como:

  • Central Catholic High School.
  • Notre Dame Academy.
  • Toledo Christian Schools.
  • Emmanuel Christian.
  • Monclova Christian Academy.
  • Apostolic Christian Academy.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Toledo ten varias cidades irmás, designadas por Sister Cities International (SCI):

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]