Ave do paraíso (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ave do paraíso
Strelitzia reginae
Flor de Strelitzia reginae
Flor de Strelitzia reginae
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Zingiberidae
Orde: Zingiberales
Familia: Strelitziaceae
Xénero: Strelitzia
Especie: S. reginae
Nome binomial
Strelitzia reginae
Aiton, 1789
Sinonimia
Heliconia strelitzia J.F.Gmel.
Strelitzia angustifolia W.T.Aiton
Strelitzia farinosa W.T.Aiton
Strelitzia gigantea J.Kern
Strelitzia glauca Rich.
Strelitzia humilis Link
Strelitzia ovata W.T.Aiton
Strelitzia parvifolia Aiton
Strelitzia regalis Salisb.
Strelitzia rutilans C.Morren
Strelitzia reginae var. citrina Hort

A ave do paraíso (Strelitzia reginae) é unha especie das anxiospermas da familia das estrelitziáceas, que é unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente culivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O epíteto específico científico desta planta, reginae (en latín = "da raíña"), está dedicado á princesa alemá Carlota de Mecklemburgo-Strelitz, raíña cosorte de Inglaterra polo seu casamento co rei Xurxo III do Reino Unido, falecida en 1818 e que era moi afeccionada á botánica.

Descrición[editar | editar a fonte]

Dimensións[editar | editar a fonte]

Planta herbácea, de porte arbustivo cunha altura promedio de 1,5 m e un diámetro de 1,8 m.

Follas[editar | editar a fonte]

As follas, con longos pecíolos, son alternas, pinnatinervadas e dísticas.

Flores[editar | editar a fonte]

As flores son hermafroditas, asimétricas, polinizadas por aves, e preséntanse reunidas en grupos cinciniformes protexidos primariamente por grandes brácteas, varias delas laterais e con frecuencia longamente pedunculadas. O perigonio está formado por 6 tépalos distribuídos en dous grupos, os tres externos iguais e libres, os tres internos desiguais e xeralmente soldados, un de maiores dimensións e pregado en forma de flecha rodeando a estilo. O xineceo presenta 3 carpelos soldados, o ovario é ínfero, trilocular, con numerosos primordios seminais.

Froito[editar | editar a fonte]

O froito é unha cápsula valvicida que se abre por 3 valvas.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Necesita luz intensa tres ou catro horas diarias de luz solar directa e non florece con luz inadecuada. Durante o período de crecemento activo, pode cultivarse en condicións normais. Necesita de regos moderados e humidade normal. Entre marzo e outubro require grandes cantidades de auga. As aves do paraíso son moi sensibles ao ataque das cochinillas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]