Santa Rosa, Estados Unidos
Coordenadas: 38°20′50″N 122°41′43″O / 38.34722, -122.69528
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Rosa.
Santa Rosa é unha cidade dos Estados Unidos de América, capital do condado de Sonoma, en California.[1]
Situada no val de Sonoma, a unha altitude de 50 msm, ocupa unha superficie de 107.48 km².[2] No ano 2014 tiña unha poboación de 174,170 habitantes.[3]
A cidade foi fundada en 1833 e declarada cidade o 26 de marzo de 1868[4], desenvolvéndose como un centro de procesamento e embarque dos produtos agrícolas do val de Sonoma. A súa economía depende dos servizos ao detalle de subministracións para unha crecente poboación residente.
A cidade foi a morada da casa e xardíns do horticultor Luther Burbank. Cerca de alí atópase o monumento a Jack London.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Find a County". National Association of Counties. Consultado o 2011-06-07.
- ↑ "2016 U.S. Gazetteer Files". United States Census Bureau. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "American FactFinder – Results". United States Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de maio de 2015.
- ↑ "California Cities by Incorporation Date". California Association of Local Agency Formation Commissions. Arquivado dende o orixinal (Word) o 03 de novembro de 2014. Consultado o 25 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Rosa, Estados Unidos ![]() |