La La Land (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La La Land
La La Land Logo.svg
Ficha técnica
DirectorDamien Chazelle
ProdutorGary Gilbert
Marc E. Platt
Fred Berger
Jordan Horowitz
GuiónDamien Chazelle
Baseado enMusical La La Land
IntérpretesRyan Gosling
Emma Stone
J.K. Simmons
Finn Wittrock
Rosemarie DeWitt
John Legend
MúsicaJustin Hurwitz
FotografíaLinus Sandgren
MontaxeLinus Sandgren
EstudioGilbert Films
Impostor Pictures
Marc Platt Productions
DistribuidoraSummit Entertainment (Estados Unidos)
Estrea9 de decembro 2016 Estados Unidos de América Estados Unidos; 13 de xaneiro 2017 Galicia
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xéneromusical; comedia-drama; romance.
Orzamento30 millóns $[1]
Recadación132,1 millóns $

La La Land é un filme musical estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Damien Chazelle. O filme é unha versión moderna do musical hollywoodense do mesmo nome. Ryan Gosling, como protagonista, interpreta a Sebastian, un pianista de jazz que se namora de Mia, unha aspirante a actriz nos Ánxeles, interpretada por Emma Stone. Foi lanzada nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2016 por Summit Entertainment.[2][3] En Galiza estreouse o 13 de xaneiro de 2017 en versión orixinal e coa dobraxe e título en castelán (La ciudad de las estrellas - La La Land)[4]. O elenco inclúe tamén a J. K. Simmons, Finn Wittrock, John Legend e Rosemarie DeWitt. O filme tivo a súa estrea mundial na 73° edición do Festival de Venecia, que se levou a cabo do 31 de agosto ao 10 de setembro de 2016.[5]

A película foi eloxiada polo público e a critíca, sendo nomeada a varios premios destacando os Globos de Ouro onde gañou as 7 categorías ás que estaba nomeada (mellor filme - comedia ou musical, director, actor e actriz de comedia ou musical, guión, banda sonora e canción orixinal), converténdoa na película máis premiada da historia do Globo de Ouro, superando Alguén voou sobre o niño do cuco que levara 6 premios en 1975.[6]

O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[7].

Argumento[editar | editar a fonte]

Mia (Emma Stone) é unha moza que mora nos Ánxeles; é unha das moitas aspirantes a ser actriz na procura do soño hollywoodiense, gaña a vida choiando coma camareira mentres se presenta a varias de probas de casting. Sebastian (Ryan Gosling) é un pianista que traballa en bares de má morte e o seu soño é poder ter o seu propio club onde se lle poida render tributo ao jazz máis puro.

Os destinos de Mia e Sebastian cruzaranse e a parella descubrirá o amor, un vínculo que porá en perigo as aspiracións de ambos os dous. Nunha competición constante por procurar un oco no mundo do espectáculo, a parella descubrirá que o equilibrio entre o amor e a arte pode ser o maior obstáculo de todos.

Elenco[editar | editar a fonte]

Ryan Gosling, interpreta a Sebastian
Emma Stone, interpreta a Mia

Produción[editar | editar a fonte]

Damien Chazelle, director e escritor do filme.

O proxecto foi anunciado por vez primeira o 5 de xuño de 2014, cando se informou que Miles Teller e Emma Watson estaban en conversacións para se unir ao filme de comedia musical La La Land co director-guionista de Whiplash, Damien Chazelle, que tamén dirixiu a película baseada no seu propio guión. Jordan Horowitz fixouse para producir a película por medio de Gilbert Films, e Fred Berger pola súa propia produtora Impostor Pictures, mentres que Lionsgate se ocuparía da distribución interna do filme. Justin Hurwitz reuniuse co director para compor a música do filme.

O 14 de abril de 2015, anunciouse que Ryan Gosling e Emma Stone estaban en conversacións para se uniren ao filme nos papeis principais, mentres que se revelou que o guión fora escrito antes da película Whiplash.[8] O 30 de abril, ambos os dous actores, Gosling e Stone foron confirmados para os papeis principais. O 8 de xullo de 2015, informouse que Jessica Rothenberg, Sonoya Mizuno e Callie Hernández se engadiran á película para interpretar os compañeiros da personaxe de Stone. O 10 de xullo de 2015, The Hollywood Reporter confirmou que J. K. Simmons asinara para se reunir co seu director de Whiplash, na película musical interpretaría o papel de "Boss". O mesmo día, THR tamén informou que Finn Wittrock se unira á película para interpretar o papel de Greg, mentres que os produtores da película serían Berger, Gary Gilbert, Horowitz e Marc E. Platt. O 4 de agosto de 2015, Rosemarie DeWitt asinou un contrato para protagonizar a película interpretando a irmá de Sebastian. O mesmo día, John Legend tamén se uniu ao elenco. O 10 de agosto de 2015, Meagen Fay uniuse á película para interpretar a nai da personaxe de Stone. O 11 de agosto de 2015, Jason Fuchs asinou para interpretar a Carlo, un guionista que impacta no carácter da actriz de Stone.

Finalmente, o resto do elenco da película; J. K. Simmons, Sonoya Mizuno, Jessica Rothe, Callie Hernández, Finn Wittrock, Rosemarie DeWitt, Tom Everett Scott, Josh Pence e John Legend déronse a coñecer entre xullo e agosto de 2015.

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe do filme comezou o 10 de agosto 2015, nos Ánxeles.[9][10] Máis tarde, Gosling e Stone foron vistos no set durante a rodaxe.[11]

O guionista e director, Chazelle, quería que se rodase nos Ánxeles mesmo, e comentou que "hai algo moi poético sobre esta cidade, unha cidade construída por persoas con estes soños poucos realistas". Desde o principio, Chazelle quería que no filme aparecesen diferentes números musicais utilizando diversos estilos. A rodaxe principal da película comezou nos Ánxeles o 10 de agosto de 2015, e continuou en máis de 60 localizacións da cidade.

Música[editar | editar a fonte]

N.º TítuloIntérprete(s) Duración
1. "Another Day of Sun"  elenco de La La Land 3:48
2. "Someone in the Crowd"  Emma Stone, Callie Hernandez, Sonoya Mizuno e Jessica Rothe 4:19
3. "Mia and Sebastian's Theme"  Justin Hurwitz 1:38
4. "A Lovely Night"  Ryan Gosling e Stone 3:56
5. "Herman's Habit"  Hurwitz 1:51
6. "City of Stars"  Gosling 1:51
7. "Planetarium"  Hurwitz 4:17
8. "Summer Montage/Madeline"  Hurwitz 2:04
9. "City of Stars"  Gosling and Stone 2:29
10. "Start a Fire"  John Legend 3:12
11. "Engagement Party"  Hurwitz 1:27
12. "Audition (The Fools Who Dream)"  Stone 3:48
13. "Epilogue"  Hurwitz 7:39
14. "The End"  Hurwitz 0:46
15. "City of Stars (Humming)"  Hurwitz e Stone 2:42
N.º TítuloIntérprete(s) Duración
1. "Mia Gets Home"  Justin Hurwitz 0:27
2. "Bathroom Mirror / You're Coming Right?"  Hurwitz 1:23
3. "Classic Rope-A-Dope"  Hurwitz 0:45
4. "Mia and Sebastian's Theme"  Hurwitz 1:37
5. "Stroll Up The Hill"  Hurwitz 0:49
6. "There The Whole Time / Twirl"  Hurwitz 0:44
7. "Bogart & Bergman"  Hurwitz 2:11
8. "Mia Hates Jazz"  Hurwitz 1:10
9. "Herman's Habit"  Hurwitz 1:52
10. "Rialto At Ten"  Hurwitz 1:38
11. "Rialto"  Hurwitz 0:28
12. "Mia and Sebastian's Theme (Late For The Date)"  Hurwitz 1:30
13. "Planetarium"  Hurwitz 4:19
14. "Holy Hell"  Hurwitz 0:42
15. "Summer Montage / Madeline"  Hurwitz 2:04
16. "It Pays"  Hurwitz 2:12
17. "Chicken On A Stick"  Hurwitz 1:40
18. "City of Stars / May Finally Come True"  Hurwitz, Ryan Gosling, Emma Stone 4:18
19. "Chinatown"  Hurwitz 1:23
20. "Surprise"  Hurwitz 1:30
21. "Boise"  Hurwitz 1:13
22. "Missed The Play"  Hurwitz 0:36
23. "It's Over / Engagement Party"  Hurwitz 1:35
24. "The House In Front Of The Library"  Hurwitz 0:31
25. "You Love Jazz Now"  Hurwitz 0:51
26. "Cincinnati"  Hurwitz 2:06
27. "Epilogue"  Hurwitz 7:39
28. "The End"  Hurwitz 0:46
29. "Credits"  Hurwitz 3:40
30. "Mia and Sebastian's Theme (Celesta)"  Hurwitz 1:28

Estrea[editar | editar a fonte]

La La Land tivo a súa estrea mundial na inauguración do Festival Internacional de Cine de Venecia, o 31 de agosto de 2016.[12][13] A película tamén tivo unha exhibición no Festival de Cine de Telluride, no Festival Internacional de Cine de Toronto o 12 de setembro de 2016, no Festival de Cine de Londres, o Festival de Cine de Middleburg a finais de outubro de 2016, o Festival de Cine de Virxinia celebrado na Universidade de Virxinia o 6 de novembro de 2016, AFI Fest o 15 de novembro de 2016.[14][15][16][17]

A película foi fixada inicialmente para unha estrea do 15 de xullo de 2016; con todo, en marzo de 2016 anunciouse que a película se estrearía en todo o país o 16 de decembro.[18][19] Chazelle admite que o cambio foi porque sentía que a data de lanzamento non era a correcta para o contexto da película.[20][21][22]

Recepción[editar | editar a fonte]

Recadación[editar | editar a fonte]

Dende o 11 de decembro de 2016, La La Land recadou 881 104 dólares nos Estados Unidos e Canadá e 4,8 millóns noutros territorios, cun total mundial de 5,5 millóns de dólares, contra un orzamento de produción de 30 millóns de dólares.[23]

La La Land comezou a súa estrea en salas cunha versión limitada en cinco cines nos Ánxeles e Nova York o 9 de decembro. Gañou $881 104 dólares na súa primeira fin de semana, dando á película unha media por cine de 176 221 dólares, a mellor media do ano.[24][25][26]

Recepción crítica[editar | editar a fonte]

La La Land foi recibida con eloxios da crítica, con eloxios dirixidos ao guión e á dirección de Chazelle, ás actuacións de Gosling e Stone, á partitura musical de Hurwitz e aos números musicais da película.[27][28][29][30] O sitio web de comentarios Rotten Tomatoes dá á película unha cualificación de aprobación do 95%, baseada en 135 revisións, cunha cualificación media de 8.7/10. O consenso crítico do sitio di, "La La Land dá unha nova vida nun xénero pasado coa dirección emocionante, asegurada, funcionamentos de grande alcance, e un irresistíbel excedente do corazón."[31] En Metacritic, que asigna unha cualificación normalizada, o filme ten unha puntuación de 91 sobre 100, baseado en 39 revisións, o que indica "aclamación universal".[32]

Peter Travers de Rolling Stone dixo que La La Land era o seu filme favorito de 2016. Peter Bradshaw, de The Guardian, outorgou á película cinco de cinco estrelas, describíndoa como "unha obra mestra soprada polo sol".[33]

Premios Oscar[editar | editar a fonte]

O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Peter Bart: 'La La Land' Adds Musical Backbeat To Wide-Open Awards Race"". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  2. Johnson, Zach (10 de xullo de 2015). "Emma Stone Reveals Which Irrational Man Scene Made Her Mom Crack Up, Dishes on La La Land With Ryan Gosling—Watch" (en inglés). eonline. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  3. "La La Land" (en inglés). backstage.com. 21 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  4. Data de estrea do filme en España na Web IMDB
  5. "'La La Land', el musical de Ryan Gosling y Emma Stone, inaugurará el Festival de Cine de Venecia" (en castelán). Sensacine. 17 de xuño de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  6. "La La Land vuela alto y hace historia en los Globos de Oro" (en castelán). Sin Embargo.mx. 29 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Noticia en El País
  8. ""Ryan Gosling & Emma Stone Circling Damien Chazelle’s ‘La La Land’"." (en inglés). deadline.com. 14 de abril de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  9. ""Lionsgate Movies on Twitter"." (en inglés). twitter. 20 de agosto de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  10. ""On the Set for 8/14/15: Marlon Wayans Starts Fifty Shades of Black, Bill Condon Wraps Up Beauty and The Beast"." (en inglés). ssninsider.co. 14 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  11. ""La La Land Photos: Emma Stone and Ryan Gosling on the Set"." (en inglés). "La La Land Photos: Emma Stone and Ryan Gosling on the Set". 19 de agosto de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  12. ""Damien Chazelle's 'La La Land' to Open Venice Film Festival in Competition"". Variety. 20 de xuño de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  13. ""La La Land"". Festival Internacional de Cine de Venecia. 30 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  14. ""Telluride Film Festival Lineup: 'Sully', 'La La Land', 'Arrival', 'Bleed For This' & More"". Deadline.com. 1 de setembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  15. ""Toronto Film Festival 2016: Magnificent Seven, La La Land to screen"". Entertainment Weekly. 27 de xullo de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  16. ""La La Land"". BFI London Film Festival. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  17. ""'La La Land' Added As AFI Fest Centerpiece Gala"". Deadline.com. 20 de outubro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  18. «"'Power Rangers,' Kristen Stewart's 'American Ultra' Land Release Dates"».
  19. «"Ryan Gosling, Emma Stone Musical 'La La Land' Grabs Oscar Season Debut"».
  20. «"La La Land director on the 'timeless glamour' of Ryan Gosling & Emma Stone"».
  21. «"How 'La La Land' Director Damien Chazelle, His Team & Lionsgate Faced The Music & Resurrected The Original Hollywood Musical"».
  22. «"'Fantastic Beasts' Conjures $680M WW; 'Christmas Party' & 'Sing' Swing; 'Hacksaw' Wows In China Bow – Intl Box Office"».
  23. ""La La Land (2016)"". Box Office Mojo. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  24. «"Weekend Box Office: 'Office Christmas Party' Wins Friday; 'La La Land' Soars"».
  25. «"Box Office: 'Office Christmas Party' Topped Friday, But 'La La Land' Nabbed Festive $300K"».
  26. «"'La La Land' Dances To Year's Best Box Office Theater Average"».
  27. «"Emma Stone and Ryan Gosling's 'La La Land' gets rave reviews in Venice"».
  28. «"Venice audiences enchanted by 'La La Land'"».
  29. «"Ryan Gosling, Emma Stone, Damien Chazelle's 'La La Land' Wow Venice"».
  30. «"La La Land Stuns at the Venice Film Festival"».
  31. «"La La Land (2016)"».
  32. «"La La Land reviews"».
  33. «"La La Land review: Ryan Gosling and Emma Stone shine in a sun-drenched musical masterpiece"».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]