Junípero Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Junípero Serra
Junípero Serra.jpg
Nome completoJunípero Serra Ferrer
Nome de nacementoMiguel José Serra Ferrer
AlcumeO apóstolo de California [1]
Nacemento24 de novembro de 1713
Lugar de nacementoCasa del Beat Juníper Serra
Falecemento28 de agosto de 1784
Lugar de falecementoMission San Carlos Borromeo de Carmelo
Causatuberculose
SoterradoMission San Carlos Borromeo de Carmelo
NacionalidadeCoroa de Aragón
Relixióncatólica
Alma máterConvento de San Francisco de Palma de Mallorca
OcupaciónFreire da Orde dos Freires Menores Descalzos
Evanxelizador de California
PaiAntonio Serra
NaiMargarita Ferrer
Coñecido porCreación e dirección de numerosas Misións en California (Nova España)
EstudosDoutor en Filosofía e Teoloxía
OrganizaciónOrde dos Freires Menores Descalzos
Na rede
WikiTree: Serra-108 Find a Grave: 2832 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Junípero Serra Ferrer O.F.M., nado en Petra (Mallorca) o 24 de novembro de 1713 e finado en Monterey (Alta California) o 28 de agosto de 1784, foi un freire franciscano balear. Foi bautizado como Miguel José Serra Ferrer, e é máis coñecido tradicionalmente como frei Junípero Serra. Doutor en Filosofía e Teoloxía, trasladouse a América, onde fundou nove Misións españolas na Alta California, e presidiu outras quince.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu o 24 de novembro de 1713 en Petra, Mallorca, daquela unha poboación de canteiros e labradores, do matrimonio formado por Antonio Serra e Margarita Ferrer.[3] O seu nome de bautismo era Miguel José.[4][5]

Os seus pais eran analfabetos,[6] pero ingresaron ao seu fillo na escola do convento franciscano de San Bernardino en Petra, e de aí pasou a ampliar estudos no convento de San Francisco de Palma de Mallorca. Aos 16 anos fíxose freire, e cambiou o seu nome polo de Junípero. O seu interese pola filosofía viuse alimentado por Ramon Llull. Dedicouse á docencia de filosofía de 1740 a 1743 no Convento de San Francisco,[6] e despois ocupou a cátedra de teoloxía Escotista na Universidade Luliana.[3]

Apostolado[editar | editar a fonte]

En calidade de padre presidente fundou unha serie de Misións e atendeu á fundación doutras, cun total de nove Misións. A primeira das Misións fundadas por el foi a de San Diego de Alcalá, o 16 de jullo de 1769;[7] a misión encóntrase dentro do actual concello de San Diego. Estableceu a súa sede central na Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo,[2] fundada por el en 1770.[7]

En xullo de 1771 fundou a Misión de San Antonio de Padua, e en agosto, a de San Gabriel]], esta última na actual área metropolitana dos Ánxeles.[7] O 1 de setembro de 1772 fundou a Misión de San Luis Obispo de Tolosa.[7] Tamén tivo participación na fundación da Misión de San Juan Capistrano en 1776, e na de San Buenaventura en 1782. Sábese que visitou as misións de Santa Clara de Asís e de San Francisco de Asís, esta última na localidade de San Francisco.

As Misións foron creadas primordialmente para evanxelizar aos nativos. Outro obxectivo foi a integración destas persoas na sociedade española e a súa capacitación para asumir a propiedade e a xestión da terra. Como cabeza da Orde en California, Serra non soamente lidou con cargos relixiosos, senón tamén con outras autoridades españolas en cidade de México e cos oficiais militares locais que mandaban as gornicións achegadas.

Beatificación e canonización[editar | editar a fonte]

Foi beatificado polo papa san Xoán Paulo II o 28 de setembro de 1988.[8] O 23 de setembro de 2015 foi canonizado polo papa Francisco, na cidade de Washington D. C..[9] A partir dese momento é tamén coñecido como San Junípero Serra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia, ed. (7 de maio de 2015). "El papa aprueba el decreto de canonización de Fray Junípero Serra". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Serra Club of Bethlehem, Pennsylvania (ed.). "Blessed Junípero Serra 1713-1784". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Muñiz, Gabriel (2014). "El evangelizador. Fray Junípero Serra, un misionero español en California". Historia de Iberia Vieja (107). 
  4. "Beato Junípero Serra (1713-1784), Apóstol de Sierra Gorda y California". Directorio Franciscano. Santoral Franciscano. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. Claudio Leonardi, Andrea Riccardi e Gabriella Zarri (2000). Diccionario de los Santos, Volume II. Madrid: Editorial San Pablo. p. 2272. ISBN 978-84-2852-257-1. 
  6. 6,0 6,1 Salustiano Vicedo Franciscanos.org. "Beato Junípero Serra (1713-1784), Apóstol de Sierra Gorda y California". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Fundación Junípero Serra FundacionSerra.com. "Bosquejo bibliográfico y perfil espiritual del Siervo de Dios". Consultado o 14 de febeiro de 2020. 
  8. Franciscanos.org. "Beato Junípero Serra (1713-1784) (do caderno distribuído na súa beatificación)". Directorio Franciscano - Santoral Franciscano. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  9. Fray Junípero Serra será canonizado en septiembre por el Papa en Estados Unidos Diario de Mallorca, 15-01-2015. Consulyado o 14 de febreiro de 2020.