Saltar ao contido

Chula Vista

Chula Vista
 Nome oficial
   Chula Vista (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: mayor of Chula Vista (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
John McCann (febreiro de 2023)
Mary Salas (pt) Traducir (2022) Editar o valor en Wikidata
 Autoridade executiva
Datas
 Fundación / creación
1911 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
275.487 (2020)
243.916 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   79.486 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
134,924575 km²
134,924743 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   66 pés Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   4,7286 % Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal91909 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap111848 Editar o valor en Wikidata
VIAF135232260 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0r4xf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Chula Vista é unha cidade do condado de San Diego, no estado estadounidense de California. No ano 2005 tiña unha poboación de 210.000 habitantes e unha densidade de poboación de 1.370,9 hab./km², sendo a segunda cidade máis grande do condado de San Diego, e a 14º no estado de California

Chula Vista está a 11 km do centro de San Diego e a 11 km da fronteira con México, na rexión da Baía do Sur da área metropolitana. A cidade está no centro dunha das zonas máis ricas e culturais dos Estados Unidos. Chula Vista é famosa grazas a súa situación escénica entre a Baía de San Diego e os contrafortes dunha montaña costeira.

Fundouse a principio do século XIX, e recentemente tivo un crecemento demográfico. Sendo a segunda cidade máis grande do Condado de San Diego, Chula Vista converteuse rapidamente nun destino popular para moitos turistas. Nesta cidade atópase un dos poucos centros de formación olímpica dos Estados Unidos de América.

Os destinos máis populares e escollidos polos turistas son o Anfiteatro "North Island Credit Union" e a mariña e o centro de natureza de Chula Vista.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina de Censo a cidade ten unha área total de 132,7 km², dos cales 126,6 é terra e 6,1 (4,61%) é auga. Chula Vista ten dous barrios, West Chula Vista e East Chula Vista. A orixinal Chula Vista abranguía desde a área oeste do Paseo de Cumio ata o norte da Rúa L.

Chula Vista ten un clima mediterráneo, que comparte co Condado de San Diego.

Economía

[editar | editar a fonte]

Chula Vista mantén un ambiente de negocios que impulsa ao crecemento e ao desenvolvemento. Na cidade, hai unha pequena comunidade empresarial, que serve como motor económico da mesma e a que se lle atribúe o seu crecemento.

Tamén se considera moi importante para dito desenvolvemento económico ao turismo, xa que Chula Vista presenta moitas experiencias relacionadas coa gastronomía, lecer e cinema. Ademais, como moitas outras cidades de California, ofrece diversos cursos de golf.

Educación

[editar | editar a fonte]

En Chula Vista está unha das catro universidades privadas no Condado de San Diego, e é a sede de Southwestern College, un colexio da comunidade fundada en 1961, que presta servizos a aproximadamente 19.000 estudantes ó ano.

Lecer e cultura

[editar | editar a fonte]

Cricket Wireless Amphitheatre é un teatro de artes escénicas. Os escenarios teatrais OnStage, fan producións de alta calidade, que aportan a Chula Vista unha grande actividade cultural.

KnottSoak City é un gran parque acuático que representa a Chula Vista e se ofrece para o desfrute dos turistas e residentes.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

Chula Vista está comunicada por múltiples estradas e Rutas Estatais de California. A estrada interestatal 5 empeza no sur da cidade e atravésaa ata o seu bordo occidental conectando Chula Vista co Condado do norte; chegando máis alá de Los Ángeles e California do Norte. A estrada interestatal 805 serve para circunvalar a estrada 5, enlazando a última estrada en Sorrento Valle. A Ruta Estatal 54 e a Ruta Estatal 125 serven como autovías para cidades do Condado do Este.

Irmandades

[editar | editar a fonte]

Chula Vista ten dúas cidades irmandadas, Cebú en Filipinas e Odawara no Xapón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]