Wichita
Wichita | |
---|---|
Wichita | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Kansas |
Xeografía | |
Altitude | 396 msnm |
Superficie | 423,70 km² |
Demografía | |
Poboación | 384445 hab. (2011) |
Outros datos | |
Fundación | 1863 |
Código postal | 67202, 67203, 67204, 67205, 67206, 67207, 67208, 67209, 67210, 67211, 67212, 67213, 67214, 67215, 67216, 67217, 67218, 67219, 67220, 67223, 67226, 67227, 67228, 67230, 67232, 67235 e 67260 |
Alcalde | Carl Brewer |
Páxina oficial |
Wichita tamén coñecida por Air Capital (capital do aire) é a maior cidade do estado de Kansas e capital do condado de Sedgwick. É o maior centro cultural e industrial da rexión, destacando pola súa especialización no sector aeronáutico.
Demografía[editar | editar a fonte]
Segundo o censo do 2003, a cidade ten unha poboación total de 360.715 habitantes á vez que a súa área metropolitana, que inclúe os condados de Sedgwick, Butler, Harvey e Sumner, alcanza os 582.781.
Historia[editar | editar a fonte]
William Greiffenstein é considerado pai fundador da cidade, tamén coñecido como Dutch Bill. De orixe alemá, Dutch Bill vendeu lotes para a construción de edificios a partir do ano 1870, creando o que sería o centro histórico da cidade. Wichita fundouse en 1864 e, grazas á chegada do ferrocarril en 1872, converteuse nun centro de comercio de gando. A economía local transformouse, especialmente polo descubrimento de petróleo en 1915 e o inicio da construción de avións en 1920.
Educación[editar | editar a fonte]
As escolas públicas da cidade son xestionadas por Wichita Public Schools (Escolas Públicas de Wichita).
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
Nos anos 2006 e 2007 rodáronse tres películas independentes en Wichita, a produción desenvolveuna unha compañía formada por varios universitarios de Wichita, Kansas e do estado de Oklahoma.