Saltar ao contido

Anchorage

(Redirección desde «Anchorage, Alasca»)
Anchorage
 Nome orixinal
Dgheyay Kaq' (mis)  
Dgheyaytnu (mis)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Municipality of Anchorage (en)  
Anchorage (en)   Editar o valor en Wikidata
 Alcume
    The City of Lights and Flowers (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
 Texto lema
Big Wild Life Editar o valor en Wikidata
 Retrouso
Big Wild Life Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Anchorage Editar o valor en Wikidata
Suzanne LaFrance (2024 - )
Dave Bronson (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1914 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
174.431 (1980)
226.338 (1990)
260.283 (2000)
291.826 (2010)
291.826 (2010) censo
293.357 (2010) estimación
295.907 (2011) estimación
298.294 (2012) estimación
300.950 (2013) estimación
298.695 (2015) demographic balance (en) Traducir
298.192 (2016)
294.356 (2017) project management estimation (en) Traducir
291.247 (2020) Censo dos Estados Unidos de 2020 (pt) Traducir, censo
289.600 (2024) estimación Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
118.640 (2020)
106.970 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
5.035,063041 km²
5.083,130122 km²
5.078,969947 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   31 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
12,2 %
13,0708 % Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal99501 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2605259 Editar o valor en Wikidata
VIAF146479909 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406374804 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g_wn2 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC107757 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes[1] (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),[2], o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.

Anchorage atópase no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Ten aeroporto internacional e porto marítimo. A economía baséase nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.

A diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base e Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.

O terremoto de Alasca do 27 de marzo de 1964 (Fourth Avenue)

O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.

En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Anchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.

A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.

Durante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.

Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec
Temperatura máxima media (°C) -5,9 -3,4 0,6 6,0 12,4 16,4 18,4 17,2 12,9 4,7 -2,7 -5,3
Temperatura mínima media (°C) -13,1 -11,4 -7,7 -1,9 3,8 8,4 10,9 9,7 5,3 -1,8 -9,4 -12,2
Precipitacións (mm) 20,1 19,8 17,5 17,0 18,5 29,0 43,4 62,0 68,6 51,6 28,2 28,4
Fonte: Arquivado 13 de outubro de 2009 en Wayback Machine.

Economía

[editar | editar a fonte]
Porto de Anchorage

Anchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.

86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)

  1. "Annual Estimates of the Population for Incorporated Places in Alaska". United States Census Bureau. 2008-07-01. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 5 de agosto de 2009.
  2. "Anchorage municipality, AK; Anchorage, AK Metro Area - ACS Demographic and Housing Estimates:2006". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]