The Black Eyed Peas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
The Black Eyed Peas | |
---|---|
Black Eyed Peas en 2011. | |
Orixe | Os Ánxeles, Estados Unidos |
Período | 1995 - Actualidade |
Xénero(s) | hip hop, rap, R&B, pop, electrónica. |
Selo(s) discográfico(s) | Interscope e A&M |
Membros | Apl.de.ap, Fergie, Taboo e Will.i.am |
Antigos membros | Kim Hill |
Na rede | |
BlackEyedPeas.com | |
The Black Eyed Peas é un grupo de hip hop, rap, R&B, Pop e música electrónica americano, fundada no 1995 nos Ánxeles (California). Seis veces gañadores do Grammy, o grupo está formado por will.i.am, Fergie, Apl.de.ap e Taboo, os catro como vocalistas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende o lanzamento do seu terceiro álbum, Elephunk, en 2003, o grupo chegou a ser unha das bandas máis con máis da década e un dos grupos máis influentes dos últimos anos. O seu primeiro hit mundial, "Where is the Love?" (2003), alcanzou as primeiras posicións nas listas de éxitos, conseguindo ser unha das cancións con máis éxito destes anos. Outro dos seus sinxelos foi "Shut Up", que liderou as posicións en todo o mundo, especialmente no continente e "Let's Get It Started", co cal gañou un Grammy e foi á categoría musical. O seu seguinte disco, Monkey Business, lanzado en 2005, tamén tivo éxito, conseguindo catro discos de platino nos Estados Unidos, e o segundo posto no Billboard. O álbum tamén conten os éxitos "My Humps" e "Don't Phunk With My Heart", o seu segundo e terceiro Grammy respectivamente, tamén conseguiu entrar no Top 10 da Billboard Hot 100.
En 2009, co lanzamento do álbum The E·N·D·, o grupo cambiou de estilo musical, combinando unha música máis electrónica e adheríndose ao dixital e electro. O seu primeiro sinxelo, "Boom Boom Pow" alcanzou o número primeiro posto na Billboard, manténdose alí por 12 semanas consecutivas. Pero o maior éxito da banda foi o seu segundo sinxelo, "I Gotta Feeling", que substituíu a Boom Boom Pow no Billboard Hot 100, manténdose durante 14 semanas consecutivas. En 2010, co seguinte sinxelo "Meet Me Halfway" conseguiron unha aceptación semellante á dos dous anteriores. "I Gotta Feeling" converteuse na canción máis baixada no mundo. En novembro de 2010 o grupo lanzou o seu último disco: The Beginning, que, se estreou na Billboard 200 e en segundo lugar no mundo, sendo un dos discos con máis éxito de 2011. A partir extraéronse os sinxelos The Time (Dirty Bit) e Just Cant Get Enough.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Black Eyed Peas |