Lusaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°25′S 28°17′L / -15.417, -28.283

Lusaca
Zambia - Street in Lusaka.jpg
Lusaka National Museum.JPG Lusaka - Manda Hill Shopping Centre.JPG
LusakaSuburbs.jpg Inauguration of Edgar Lungu.jpg
Lusaka International Airport.jpg
Localización
Lusaca en Zambia
Lusaca
Lusaca
PaísFlag of Zambia.svg Zambia
ProvinciaProvincia de Lusaca
DistritoDistrito de Lusaca
Xeografía
Altitude1.279[1] msnm
Superficie360[2] km²
Demografía
Poboación1 742 979 hab. (2009)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeMulenga Sata
Páxina oficial

Lusaca, en inglés Lusaka, é a capital do país africano de Zambia, cunha poboación que superaba os 2 000 000 habitantes en 2005. Está situada ao sur do país, nun planalto de 1.300 metros de altitude.

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos da cando a construción da vía férrea. En 1935 substituíu a cidade de Livingstone en tanto que capital do que entón se denominaba Rodesia do Norte, colonia da Gran Bretaña. En 1964, ano da independencia de Zambia, pasou a ser a capital do novo estado.

Historia[editar | editar a fonte]

Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos, sobre a localización dunha aldea de indíxenas. Grazas á vantaxe da súa localización central, converteuse, en 1935, na capital de Rodesia do Norte, en lugar de Livingstone. Logo da federación das dúas Rodesias, a do Norte e a do Sur, en 1953, foi núcleo dun movemento de desobediencia civil que levaría á creación do estado independente de Zambia. En 1964, pasou automaticamente a ser a capital do estado xa indepedente de Zambia. Recentemente, Lusaca estase a converter nun centro popular para a maioría do zambianos e dos turistas. A súa situación central xunto coa extensión rápida das súas infraestruturas, permitiu o desenvolvemento en forma de creación de emprego, multiplicación das vivendas etc. En consecuencia, cóidase que con reformas económicas axeitadas e eficaces, Lusaca, así como Zambia, poderíanse desenvolver considerabelmente. Lusaca posúe unha forte concentración de poboación estranxeira, que traballan tanto nas industrias da cidade como nas diversas legacións diplomáticas.

Estrutura urbanística[editar | editar a fonte]

A principal arteria viaria da cidade é a Cairo Road (Estrada do Cairo), en torno á cal se aliñan os mercados de New City Market e Kamwala Market, centros comerciais, e o Zintu Community Museum. A área administrativa áchase sita na parte leste da cidade, preto da zona de Cathedral Hill e Ridgeway. Arredor da urbe despréganse numerosos suburbios, como Elizabetha Villa, Fairview, Kabulonga, Kabwata (no que se sitúa o Kabwata Cultural Centre), Madras, Manda Hill (sede de importantes estruturas comerciais), Northmead (con sona pola súa vida nocturna), Olympia Park, Rhodes Park, Roma, Thorn Park e Woodlands.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Entre os lugares de interese cultural e turístico de Lusaca pódense sinalar os numerosos museos (os principais son o Lusaca National Museum, o Political Museum e o Zintu Community Museum), a Estatua da Liberdade, a sede do parlamento de Zambia (Zambian National Assembly), a fabrica de cerámicas Moore, a catedral da Santa Cruz (Holy Cross Cathedral) e os Xardíns botánicos do Munda Wanga Environmental Park.

A cidade é relativamente rica en estruturas recreativas, que inclúen, entre outras, un teatro (Lusaca Playhouse), un cinema, un club de golf, un centro deportivo (Lusaca Central Sports Club) e un zoo.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Hora-punta na Cairo Road

Lusaca é o centro de comunicacións do país. Hai estradas en dirección a todas as capitais provinciais de Zambia. Ten comunicacións ferroviarias con Livingstone, Ndola, Kasama e Nakonde. O Aeroporto Internacional de Lusaca, con enlaces internacionais, dista 26 quilómetros do centro da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Altitude do aeroporto, http://climexp.knmi.nl/ Consultado o 7 de marzo de 2015
  2. City of Lusaka Website

Véxase tamén[editar | editar a fonte]