Cantón, China
| 广州 (zh) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | República Popular da China | ||||
| Provincias da República Popular da China | Provincia de Cantón | ||||
| Capital de | Provincia de Cantón (971–) | ||||
| Capital | Yuexiu District (en) | ||||
| Contén a división administrativa | Baiyun District (en) Conghua (pt) Haizhu (pt) Huadu District (en) Huangpu District (en) Liwan District (en) Nansha District (en) Panyu District (en) Tianhe District (en) Yuexiu District (en) Zengcheng (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 18.676.605 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 7.248,86 km² | ||||
| Bañado por | Río das Perlas | ||||
| Altitude | 21 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | People's Government of Guangzhou Municipality (en) | ||||
| • Mayor of Guangzhou (en) | Guo Yonghang (en) Sun Zhiyang (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Guangzhou Municipal People's Congress (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 510000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 20 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | gz.gov.cn | ||||
Cantón[1][2][3][4] (chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōu, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur da República Popular China. Ten unha poboación de 12,1 millóns de habitantes na área urbana (2019), e se se conta xunto á área metropolitana aos suburbios do delta do río das Perlas, acada unha poboación de 46,9 millóns de habitantes, formando a maior conurbanación do mundo.
Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Cantón.
A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.
Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á China no século XVI.
A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
- Templo dos seis banianos: Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
- Casa da familia Chen: O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
- Guangxiao Si: Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Guangzhou está irmandada coas seguintes cidades:
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonés.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 123. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cantón, China |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 14 de decembro de 2003 en Wayback Machine. (en inglés)
