Stockton, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°58′32″N 121°18′03″O / 37.97556, -121.30083

Stockton, California
Downtown Stockton California.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Stockton en Estados Unidos
Stockton
Stockton
Stockton en California
Stockton
Stockton
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado California state flag.png California
Condados de California Condado de San Joaquin
Xeografía
Altitude 4 msnm
Superficie 167,708 km²
Poboación
Poboación 300.899 hab. (2014)
Densidade 1,800 hab./km²
Información
Código postal 95202–95207, 95209–95210, 95212
Alcalde Anthony Silva
Páxina web Páxina oficial

Stockton é unha cidade do Condado de San Joaquin, en California, Estados Unidos. A cidade está situada no norte de California, ao sur da capital de Estado, Sacramento, California, e ao norte de Modesto. É a cuarta cidade máis grande da rexión do Val Central. Cunha poboación de 291.707 segundo un censo de 2010, Stockton ocupa o posto número 13 das cidades máis grandes do Estado.

Stockton atópase ao longo da estrada Interestatal 5, a Ruta Estatal 99 e a Ruta Estatal 4. Conéctase cara ao oeste coa San Francisco Bay por unha canle de 78 millas, e con Sacramento, un dos portos interiores do Estado. Esta cidade linda ademais con granxas do Val Central de California.

A cidade acolle, anualmente, o Asparagus Festival e nela está o Haggin Museum, un museo de arte e historia construído en Victory Park en 1931, que amosa obras dos séculos XIX e XX. Durante gran parte do século XIX, cando tivo lugar a febre de ouro, Stockton foi unha das cidades máis grandes do Estado, chegando a acadar o terceiro posto durante un tempo.

A cidade viuse prexudicada por varios titulares de xornais e outras noticias: no ano 2012, converteuse nunha das cidades máis perigosas de América, no posto número 10, e agora ocupa o posto número 2 das cidades máis perigosas de California (xusto por detrás de Oakland). No 2013, Stockton situouse como a terceira cidade máis analfabeta dos Estados Unidos, con tan só o 17% dos adultos cun título universitario.

Historia[editar | editar a fonte]

Os indios Miwok viviron no Val Central, entre os canles do Delta, usándoos para a alimentación e o transporte. Os indios Yukut viviron tamén na zona do Noroeste de Stockton, xunto o río Calaveras, cara arriba, tras a bifurcación sur do río. O norte do Val de San Joaquín foi tamén o extremo sur da Siskiyou, un sendeiro de séculos de antigüidade a través do Val de Sacramento, sobre as fervenzas, cara diante de Oregón.

Cando o capitán Charles Maria Weber, un alemán inmigrante, decidiu ocuparse el mesmo da minería de ouro en 1848, descubriu que atender as necesidades dos compradores de ouro fora unha boa idea. Weber aliouse con William Gulnae, para asegurarse a concesión destas terras. Logo adquiriu o Rancho Campo de los Franceses, unha concesión de terra mexicana, e fundou Stockton no 1849. A zona coñecida como Weber Point é o mesmo lugar onde o capitán Weber construíu a primeira residencia no Val de San Joaquín.

Durante os seus primeiros anos, Stockton foi coñecida por varios nomes, incluídos entre eles "Tuleburg", "Fat City," e "Mudville". O capitán Weber decidiu o nome de "Stockton" en honra do comodoro Robert F. Stockton. Stockton foi a primeira comunidade en California en ter un nome que non fose nin español nin indíxena.

As primeiras elecccións da cidade celebráronse o 23 de xullo de 1850. En 1851, a cidade de Stockton recibiu a súa carta que a incluía como unha cidade do Estado de California. Os primeiros poboadores foron buscadores de ouro de Asia, África, Australia, Europa, as illas do Pacífico, México e Canadá. A diversidade de poboación histórica reflíctese nos nomes das rúas de Stackton, na arquitectura, nos númerosos festivais étnicos e nas casas e o patrimonio da maioría dos cidadáns. En 1870, a oficina de censo informou que na poboación de Stockton un 87,6% correspondía á raza branca, e un 10,7% a asiática.

Benjamin Holt asentouse en Stockton en 1883 e cos seus tres irmáns fundou a Stockton Wheel Co., e máis tarde a Holt Manufacturing Company.

Ernest Swinton viu o potencial dun tractor de eirugas. Propuxo que o exército debía adaptar o tractor que construíra Holt, para crear un vehículo motorizado a proba de balas, que podería destruír armas inimigas. Mentres que o Almirantado decidiu empregar unha firma británica, Foster and Sons, cuxo director e deseñador foi William Tritton, o tractor de Holt foi acreditado por Swinton, polo que axudou a gañar a guerra. Viaxou a Stockton e, na cerimonia pública o 22 de abril de 1918, trasmitiu a gratitude de Gran Bretaña ao inventor. O tractor Holt converteuse nun dos vehículos militares máis importantes de todos os tempos. Despois da guerra, Holt construíu o tanque de gasolina-eléctrico, un tanque americano.

A extensa rede de vías navegables ao redor de Stockton foi empregada durante moitos séculos polos indios Miwok, os cales pescaban e navegaban polas súas augas. Durante a febre de ouro de California, o río San Joaquin foi navegable por buques oceánicos, facendo de Stockton un porto natural interior e un punto de alimentación e saída para futuros buscadores de ouro. Dende o século XIX en diante, Stockton converteuse no centro de transporte da rexión, transportando principalmente produtos agrícolas.

En 1933, o porto foi modernizado e o canle de Stockton Deepwater, que une a cidade coa baía de San Francisco, foi profundizada e rematada. Isto creou oportunidades comerciais que alimentaron o crecemento da cidade e facilitaron o camiño para a base naval, a cal colocou nunha posición estratéxica a Stockton durante a Guerra Fría.

En setembro de 1996, a Base de Realiñamento e a Comisión de Peche (Base Realignment and Closure Commission en inglés, anunciaron o peche final da Reserve Naval de Stockton e a Rough and Ready Island. As instalacións da illa serviron como un posto de comunicación para as actividades submarinas do Pacífico durante a Guerra Fría. O lugar estase a reconstruír lentamente como un local comercial.

Construción e gasto público (1990-2000)[editar | editar a fonte]

Construíronse ou reformáronse as seguintes edificacións: Bob Hope Theater, Regal City Centre Cinemas and IMAX, San Joaquin RTD Downtown Transit Center, Lexington Plaza Waterfront Hotel, Hotel Stockton, Stockton Arena, San Joaquin County Administration Building, e The Stockton Ballpark.

O "estacionamento afundido" diante do Hotel Stockton foi transformado na década de 1990 nun espazo público chamado "Dean DeCarli Waterfront Square". A área está deseñada para proporcionar moitos ambientes diferentes incluíndo unha praza afundida, unha estrutura con sombra, numerosas árbores e plantas, asentos, miradores e unha fervenza no extremo este. DeCarli Square é agora un lugar popular para eventos musicais, artísticos e relixiosos, festivais, mercados de agricultores e reunións sociais.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

Stockton está localizado a 37°58' norte, e 121°18' oeste. Segundo a oficina de censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 64,8 millas cadradas (168 km²), do cal 61,7 millas cadradas (160 km²) é terra, e 3,1 millas cadradas (8 km²), que equivale ao 4,76%, é auga. A cidade atópase no punto máis baixo do Val de San Joaquin.

Stockton ten un clima Mediterráneo, con veráns cálidos e secos e invernos suaves. Cada ano rexístranse 351 mm de precipitacións, dende outubro ata abril. Situado no Val Central, a gama de temperaturas é moito maior que nos arredores da baía.

No aereoporto a temperatura máis alta rexistrada foron 115 °F (46 °C) o 23 de xullo de 2006, e a máis baixa foron 16 °F (-9 °C) o 11 de xaneiro de 1949. Hai unha media de 82 días ao ano no que se acadan temperatuas de 90 °F (32,3 °C) ou superiores, e de 18 días no que se chega a temperaturas de 100 °F (37,8 °C) ou superiores; durante 19 días de media atopámonos temperaturas baixas ou por debaixo de conxelación. O día máis chuvioso foi en 1983 con 677 cm e o menos no ano 1976 con 140 mm.

O maior número de precipitacións nun mes foi de 209 cm en febreiro de 1998, e a maior precipitación en 24 horas foi o 21 de xaneiro de 1967 con 76 mm. En xeral hai unha media de 55 días con precipitacións. Rexistráronse unicamente lixeiras cantidades de neve; a maioría foron 7,6 cm en febreiro de 1976.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2000, había 243.771 persoas, 78.556 casas e 56.167 familias que residían na cidade. A densidade demográfica era de 1.720,4/km². A distribución por razas da cidade era de 43,26% brancos, 11,25% americanos africanos, 1,12% americanos nativos, 19,90% asiáticos, 0,40% isleños pacíficos, 17,31% de outras razas, e 6,76% a partir de dúas ou máis razas. O hispano ou latino de calquera raza ocupaba o 32,50% da poboación[1].

A renda media dunha casa da cidade era de 35.453 dólares, e a renda media dunha familia de 40.434 dólares. Os varóns tiñan unha renda media de 35.181 dólares contra 26.602 para as mulleres. A renda per capita da cidade era de 15.405 dólares. Cerca do 18,9% de familias e o 23,9% da poboación estaban por debaixo da liña de pobreza, dos que o 32,8% eran menores de 18 anos e o 11,9% maiores de 65 anos.

Condicións de vida[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro de 2011, a revista de Forbes nomeou a Stockton como a "cidade máis miserable" de todos Estados Unidos, en parte polo resultado do desnivel no valor das vivendas.

De acordo cunha enquisa de Gallup, Stockton foi nomeada, xunto con Montgomery (Alabama), a área metropolitana máis obesa dos Estados Unidos, cunha taxa de obesidade do 34,6%.

Economía[editar | editar a fonte]

Historicamente é unha comunidade agrícola, aínda que a economía de Stockton chegou a ser moi diversificada. Isto inclúe telecomunicacións e manufacturas, entre outras.

Stockton está situado centralmente con respecto de San Francisco e Sacramento. Dada a súa localización, a súa proximidade ao estado e ao sistema da autoestrada interestatal e os costos relativamente baratos da terra, varias compañías basean as súas operacións rexionais en Stockton.

Dende marzo de 2012, a taxa de desemprego de Stockton está entre as máis altas da nación, cun 20,1%.

Burbulla inmobiliaria[editar | editar a fonte]

Stockton foi desproporcionalmente afectada polo colapso da sub-prime de préstamos no mercado no 2007 e levou aos Estados Unidos en execucións hipotecarias para ese ano, cun de cada trinta hogares publicados pola execución hipotecaria. Dende setembro de 2006 a setembro de 2007, o valor da vivenda de prezo medio en Stockton diminuíu nun 44%.

Os prezos das vivendas caeron un 39% no ano 2008, a cidade tiña a maior taxa de execucións hipotecarias do país, cun 9,5%. Stockton tamén rexistrou unha taxa de desempleo do 13,3% en 2008, unha das porcentaxes máis altas de Estados Unidos. Stockton foi clasificado por Forbes como a cidade máis perigosa de Estados Unidos debido a súa taxa de criminalidade, no 2009. En 2010, principalmente polos factores nomeados, Forbes nomeou a esta cidade como un dos tres peores lugares para vivir.

Bancarrota[editar | editar a fonte]

A cidade de Stockton non foi capaz de superar a crise económica despois do aumento das xubilacións, ademais doutras obrigas. Stockton foi a sétima cidade en solicitar a bancarrota no ano 2012, e a primeira cidade californiana dende 2008, cando Vallejo fixo o mesmo.

O novo presuposto de Stockton foi aprobado, e suspendeu o pago de débedas e reclamacións legais, reduciu o pago de beneficios médicos e xubilados. Ademais, aprobouse unha redución da cuarta parte da forza policial, un terzo do número de bombeiros, e un 40% dos empregados da cidade.[2]

A crise financeira da cidade é debida sobre todo á crise no sector hipotecario das vivendas.

Cultura[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

En Stockton atópase o museo Hagging, que exhibe os artefactos históricos do condado de Stockton e de San Joaquin. Ademais, tamén posúe o museo dos nenos.

Propuxéronse algúns museos, entre eles traer o USS Iowa, ao porto de Stockton como museo naval. A sociedade histórica nacional americana filipina propuxo a construción do museo nacional de Pinoy, no pequeno distrito de Manila, este museo sería dedicado a historia dos filipino-americanos. Stockton posúe unha das poboacións máis grandes de filipinos dos Estados Unidos. Tamén se propuxo converter o fogar da rúa de San Joaquin de Moses Rogers nun museo non lucrativo adicado á comunidade africano-americana de Stockton.

Música[editar | editar a fonte]

A coral de Stockton, a sinfónica e a orquestra de Stockton e a coral dos nenos, que se realizan regularmente na área son todas organizacións musicais abertas á audición pública. Por outra banda, a orquestra sinfónica profesional de Stockton é a terceira máis vella de California, xusto por detrás da sinfónica dos Ánxeles e a de San Francisco.

A cidade tamén é especialista no rap. Os músicos locais realizan os seus concertos no café de Blackwater, o Torino, no teatro do imperio de Stockton e no Bradley, entre outros lugares.

Educación[editar | editar a fonte]

As enquisas sobre universidades do estado de Connecticut, a partir do 2005 e do 2006, nomearon a cidade de Stockton como a máis analfabeta de todas as de Estados Unidos.

Festivais[editar | editar a fonte]

Na cidade realizanse varios festivais anuais importantes:

  • O festival do espárrago de Stockton (abril).
  • O festival de Brubeck (abril).
  • O festival da terra (abril).
  • Ano Novo Camboiano (abril).
  • A festa filipina do Barrio (agosto).
  • O festival grego (setembro).
  • O alimento xudíu xusto (xuño).
  • O festival de Stockton de luces e o desfile do barco (decembro).
  • O bazar de Stockton Obon (xullo).

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

A cidade de Stockton ten sete cidades irmandadas:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]