Criminal Minds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Criminal Minds
Criminal-Minds.svg
Logo da serie
Formato Drama policiaco.
Creado por Jeff Davis
Intérpretes Mandy Patinkin
Thomas Gibson
Lola Glaudini
Shemar Moore
Matthew Gray Gubler
A. J. Cook
Kirsten Vangsness
Paget Brewster
Joe Mantegna
Rachel Nichols
Jeanne Tripplehorn
Jennifer Love Hewitt
País de orixe Flag of the United States.svg Estados Unidos
Temporadas 11
Episodios 236
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Mark Gordon
Ed Bernero
Duración 42 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe CBS
Formato de imaxe 1080i (16:9 HDTV)
Primeira emisión 22 de setembro do 2005
Derradeira emisión presente
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

Criminal Minds é un serie de televisión estadounidense creada por Jeff Davis. Comezou a súa emisión o 22 de setembro de 2005 a través da canle CBS, e foi producida por The Mark Gordon Company, en asociación con CBS Television Studios e ABC Studios. Criminal Minds céntrase na Unidade de Análise do Comportamento do FBI de Quantico, Virxinia, e segundo o propio argumento da serie, Criminal Minds difire doutras series no enfoque que fai dos perfís dos criminais máis que do crime en si. A trama principal céntrase no traballo en equipo dun grupo de creadores de perfís de criminais e nas súas vidas personais. On 11 de maio de 2015, a CBS renevou a serie para unha onceava tempada que se estreou o 30 de setembro de 2015.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

Cando empezou a emisión da serie en setembro de 2005, as personaxes principais eran os axentes do FBI Jason Gideon, Aaron Hotchner, Elle Greenaway, Derek Morgan, Spencer Reid, Jennifer Jareau (J.J.) e Penelope Garcia. Na primeira temada, Garcia non era parte do repartimento principal, pero converteuse nun personaxe habitual despois de aparecer en varios episodios. No 2006, ó comezo da segunda temapa, Lola Glaudini anunciou a súa marcha da serie, xa que non estaba feliz vivindo nos Ánxeles, onde se rodaba a serie, e desexaba regresar ó seu fogar de Nova York.[2] Paget Brewster substituíuna no seu papel de Emily Prentiss.

Ó comezo da terceira tempada, Mandy Patinkin anunciou a súa marcha da serie, xa que se sentía perturbado polo contido amosado na serie.[3] Deixou cartas de desculpa ós seus compañeiros explicándolles as súas razóns e desexándolles sorte a todos. Joe Mantegna substituíuno interpretando o papel David Rossi, un escritor e axente do FBI que sae do seu retiro. Durante a tempada tres, A.J. Cook quedou embarazada do seu primeiro fillo. O seu embarazo foi incorporado na serie, e o seu fillo real, Mekhai Andersen, tivo un papel menor como fillo de Jennifer, Henry. O baleiro de Cook foi completado por Meta Golding, que interpretou a Jordan Todd, unha axente do FBI que traballa na Unidade Contra o Terrorismo. Na sexta temporada, Jennifer foi forzada a aceptar unha promoción no O Pentágono, tendo que deixar a Unidade de Análise de Comportamento.

Máis tarde nesa tempada, Emily é aparentemente asasinada, e malia que ela sobrevive en realidade, non fai acto de presenza no resto da tempada. Foi substituída por Rachel Nichols como Ashley Seaver, unha cadete do FBI. A decisión da CBS de rematar o contrato con Cook e Brewster causou numerosas cartas de desgusto por parte dos fans para que o estudio as volvese a incorporar na serie. Como restultado, Cook e Brewster foron contratadas de novo pola CBS e recuperaron os seus papeis de Jennifer Jareau e Emily Prentiss respectivamente, o que motivou que Nichols abandonase a serie.[4][5] En febreiro de 2012, Brewster anunciou a súa marcha despois da sétima tempada,[6] e foi substituída na seguinte tempada por Jeanne Tripplehorn, que interpretou a Alex Blake, unha experta en lingüística.[7] Paget Brewster fixo unha aparición como convidada especial na novena tempada.

Despois de dúas tempadas, Tripplehorn abandonou a serie[8][9] e Jennifer Love Hewitt uniuse ó elenco como Kate Callahan, unha ex-axente do FBI que se une ó BAU.[10] Durante a tempada dez, a personaxe de Mandy Patinkin, Jason Gideon, foi asasinado, acabando con calquera oportunidade de Patinkin de regresar.[11] Despois do remate da décima tempada, Hewitt e Cook anunciaron o seu hiato da serie por mor dos seus embarazos. Hewitt regresará na tempada doce,[12] mentres que Cook regresou despois dos cinco primeiros episodios da tempada once.[13]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Actores principais de Criminal Minds
  • Aaron Hotchner: (interpretado por Thomas Gibson) é o xefe da Unidade. É un dos axentes máis experimentados, pero ten unha loita interna entre a súa vida persoal e a profesional e divórciase na terceira tempada da súa esposa Haley. Ten un fillo chamado Jack.
  • Derek Morgan: (interpretado por Shemar Moore) é un axente especial e a miúdo con moito carácter. Tivo unha xuventude problemática debido á delincuencia pero un home sacouno diso, resultando despois ser pederasta que abusara de Derek na infancia. Mantén unha relación especial coa analista técnica Penélope García.
  • Jason Gideon: (interpretado por Mandy Patinkin) é un axente especial superior, e é coñecido como o menor do equipo. Despois dunha serie de casos e o asasinato da súa amiga Sarah foi suspendido durante dúas semanas polo xefe do equipo e abandónao deixándolle unha carta a Reid na súa cabaña.
  • David Rossi: (interpretado por John Mantegna) é un axente especial superior cunha ampla experiencia que traballou para o equipo anteriormente e logo retirouse para escribir libros e dar conferencias sobre análises criminais, ata regresar voluntariamente despois da marcha de Jason Gideon. Casou tres veces.
  • Jennifer “JJ” Jareau: (interpretada por A. J. Cook) é unha axente especial que das tempadas 1 á 5, servía como portavoz para as axencias de policía locais. Ao comezo da sexta tempada vaise forzada do equipo, destinada para o Pentágono. Regresa máis tarde para axudar a buscar a Emily Prentiss.
  • Elle Greenaway: (interpretada por Lola Glaudini) é unha axente especial experta en abusos sexuais. Sofre un trauma emocional despois de ser disparada por un descoñecido. Logo, ela dispara a sangue frío a un home e Gideon e Hotchner cuestionan a súa habilidade e ela resígnase dándolle a súa pistola a Hotchner.
  • Emily Prentiss: (interpretada por Paget Brewster) é unha axente especial, filla da embaixadora Elisabeth Prentiss, e fala varias linguas como árabe ou español. É aparentemente asasinada na sexta tempada pero regresa na sétima. Encántanlle os nenos.
  • Dr. Spencer Reid: (interpretado por Matthew Gray Gubler) é un axente especial e un xenio licenciado en matemáticas, química e enxeñería, así como psicoloxía e socioloxía. Ten un coeficiente intelectual de 187, pode ler 20.000 palabras por minuto e ten memoria visual. É habitualmente presentado como o “Dr. Reid” para dar unha primeira boa impresión debido á súa idade.
  • Penélope García: (interpretada por Kirsten Vangness) é a analista técnica do equipo e uniuse ao equipo despois de acceder ilegalmente aos seus equipos. Normalmente apoia ao equipo desde o seu laboratorio en Quantico e ocasionalmente únese a eles. Forma parte do grupo de apoio para quen sufriron algunha perda nas súas vidas.
  • Ashley Seaver: (interpretada por Rachel Nichols) é unha cadete do FBI que adestra na cadea do FBI de Quantico, pero é introducida no equipo para axudar nunha investigación de asasinatos. Rossi permítelle acabar o seu adestramento no equipo baixo a supervisión da axente Prentiss.
  • Dr. Alex Blake: (interpretado por Jeanne Tripplehorn) é un experto lingüista do FBI. É profesor na Universidade de Georgetown que se verune ao equipo despois de que Emily Prentiss marche para a oficina de Interpol de Londres. Aparece na estrea da oitava tempada.

Videoxogo[editar | editar a fonte]

A CBS anunciou en outubro de 2009 que Legacy Interactive desenvolvería un videoxogo baseado na serie. O xogo precisaría xogadores para examinar escenas de crime para pistas para axudar a resolver os misterios dos asasinatos. Creouse no 2012 un xogo interactivo, pero non caracterizou ningunha das voces do casting da serie, nin o casting foi involucrado no proxecto. O 14 de marzo do 2012, a CBS renovou Mentes Criminais para a oitava tempada, a cal se estreou o 26 de setembro do 2012.[14][15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bibel, Sara (11 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. "'The Good Wife', 'Hawaii Five-0', 'Person of Interest' & Many More Renewed by CBS". Consultado o 11 de maio de 2015. 
  2. http://criminalmindsfanatic.blogspot.com/2006/12/criminal-minds-lola-glaudini.html
  3. Witchel, Alex. The New York Times, ed. "Mandy Patinkin: 'I Behaved Abominably'". Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. JJ Is Back! AJ Cook Inks 2-Year Deal To Return To 'Criminal Minds'
  5. It's Official: Criminal Minds Welcomes Back Paget Brewster, Bids Farewell to Rachel Nichols
  6. Andreeva, Nellie (15 de febreiro de 2012). Deadline.com, ed. "Paget Brewster To Leave 'Criminal Minds'". Consultado o 15 de febreiro de 2012. 
  7. Digital Spy (ed.). "Big Love Jeanne Tripplehorn becomes Criminal Minds series regular". Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  8. http://guardianlv.com/2014/08/criminal-minds-shares-details-on-alex-blakes-departure/
  9. http://www.tvguide.com/news/criminal-minds-finale-postmortem-exit-erica-messer-1081778/
  10. Jennifer Love Hewitt joins 'Criminal Minds' as series regular
  11. http://www.cinemablend.com/television/You-Won-t-Believe-Who-Criminal-Minds-Killed-Off-During-Last-Night-Shocking-Episode-69741.html
  12. http://www.ew.com/article/2015/05/06/jennifer-love-hewitt-exits-criminal-minds-season11
  13. Huggins, Sarah (7 de maio de 2015). "How 'Criminal Minds' Season 11 will handle A.J. Cook's pregnancy". Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  14. "Criminal Minds Game Blog". 1 de novembro de 2011. 
  15. CBS Interactive, ed. (29 de outubro de 2009). "CBS Consumer Products Announces Eight New Video Games Based on Popular TV Shows". 
  16. ShaveMagazine.com (ed.). "Interview: Thomas Gibson". Consultado o 10 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]