Glendale, Arizona
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
| |
Información | |
---|---|
País | ![]() |
Estado | Arizona |
Superficie • Total |
155,74 km² |
Poboación • Total |
226,721 |
Densidade | 1.455,78 hab./km² |
Altitude | 348 m |
![]() |
|
Páxina oficial |
Glendale é unha cidade situada no condado de Maricopa, en Arizona, a uns 14 km ao noroeste do centro de Phoenix. Coordenadas: 33°31′59″N 112°11′24″O / 33.53306, -112.19000
Demografía[editar | editar a fonte]
Segundo o censo de 2010, a cidade tiña unha poboación de 226.721 habitantes e unha densidade de poboación de 1.455,78 persoas por km2. O 67,82% era poboación branca, o 6,04% eran afroamericanos, o 3,91% eran asiáticos, o 1,67% amerindios, o 0.19% eran isleños do Pacífico, o 16,41% doutras razas e o 3,96% pertencía a dúas ou máis razas.
Ocio e educación[editar | editar a fonte]
Os Phoenix Coyotes da NHL e os Sting da NLL de Arizona comezaron a xogar en Glendale cando o Jobing.com Arena (antes Arena Glendale) abreu as súas portas en decembro de 2003 en Westgate City Center. Glendale tamén é a casa dos Arizona Cardinals da NFL. Glendale posee un estadio no que se xogou a Super Bowl en 2008. Este estadio tamén acollerá a Super Bowl do 2015.
En Glendale está a sede do Distrito Escolar Unificado de Peoria. Moitos distritos escolares serven á cidade, e son os seguintes: Unified school districts
- High school districts
- Glendale Union High School District
- Phoenix Union High School District
- Tolleson Union High School District
- Elementary school districts
- Alhambra Elementary School District
- Glendale Elementary School District
- Pendergast Elementary School District
- Washington Elementary School District
Celebracións[editar | editar a fonte]
Glendale celebra cada ano unhas festividades peculiares da zona:
- Festival do Chocolate de Glendale
- Glendale brilla
- Festival de Jazz e Blues de Glendale
- Rancho histórico Manistee
- Rancho histórico Sahuaro