Saltar ao contido

Gilbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gilbert
 Nome oficial
   Gilbert (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Gilbert, Arizona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Scott Anderson (2025 - )
Brigette Peterson (2021 - 2025) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
267.918 (2020)
208.453 (2010) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   79.714 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
176,634618 km²
176,498837 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   377 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   0,2694 % Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal85233 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap110803 Editar o valor en Wikidata
VIAF156968229 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0qpl9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Gilbert é unha localidade situada no condado de Maricopa, no estado estadounidense de Arizona. Atópase ao sueste de Phoenix, na súa área metropolitana. No censo de 2011 tiña unha poboación de 211 951 habitantes e unha densidade de poboación de 1 181,04 persoas por km².

Gilbert debe o seu nacemento a William "Bobby" Gilbert quen proporcionou a terra para construír unha liña de ferrocarril entre Phoenix e Florence en 1902. En 1912, moitos mormóns que fuxiran das colonias de mormóns en México debido ás accións das forzas de Pancho Villa, establecéronse en Gilbert. En 1915 comezaron a celebrar reunións da igrexa na Escola Primaria Gilbert e en 1918 organizáronse no Gilbert Ward.

Constituída en xullo de 1920, Gilbert foi principalmente unha comunidade agrícola impulsada pola liña de ferrocarril e a construción do encoro de Roosevelt e os Eastern and Consolidated Canals. Seguiu sendo unha aldea agrícola durante moitos anos e foi coñecido coma "Hay Capital of the World" ("Capital mundial do feo") entre 1911 ata finais de 1920.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, Gilbert ten unha superficie total de 176,5 km², da cal 176,02 km² corresponden a terra firme e 0,48 km² son auga.

Gilbert posúe un clima árido, con invernos suaves e veráns calorosos. Normalmente, de finais de outono a principios da primavera o tempo é suave, sendo a temperatura mínima de 15 °C. Entre novembro e febreiro son os meses máis fríos (temperaturas entre 4 e 24 °C), aínda que non son infrecuentes as xeadas.

Aproximadamente a mediados de febreiro, as temperaturas comezan a subir de novo, con días cálidos e frías noites de vento. O verán de Arizona, de maio a agosto, caracterízase por unha calor seca que oscila entre os 32 e os 44 °C. En áreas desérticas pódense rexistrar puntualmente temperaturas que superan os 45 °C. Debido en gran medida ao clima árido, teñen lugar decote grandes oscilacións de temperaturas entre o día e a noite, mesmo de ata 28 °C nos meses de verán. A maior temperatura rexistrada en Gilbert foi de 48 °C. Non son raras as temperaturas moi baixas, pois adoitan afectar ao estado os sistemas de aire frío vidos dos estados do norte e do Canadá, facendo que as temperaturas caian por debaixo dos 10 °C.

Economía

[editar | editar a fonte]

A taxa de desemprego en Gilbert é dun 7,5 %, cun crecemento do emprego dun -0,12 %. O crecemento do emprego futuro nos próximos dez anos[cando?] prevese que sexa o 32,26 %.

A taxa de impostos en Gilbert sobre as vendas é dun 7,8 %. O imposto sobre a renda é dun 3,36 %.

A renda per cápita é de 27 979 dólares. O ingreso familiar medio é de 72 828 dólares.

Educación

[editar | editar a fonte]

A cidade de Gilbert divídese en zonas, nunha parte atópanse as Escolas Públicas de Gilbert, mentres que noutra parte se atopan os distritos, incluíndo o Distrito Escolar Unificado de Chandler, as Escolas Públicas de Mesa, e o Distrito Escolar Unificado de Higley.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]