Xeneral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xeneral[1][2] é un rango militar. Atópase na cima da xerarquía castrense, sobre os oficiais superiores (comandante/maior, tenente coronel, coronel), os oficiais (alférez/subtenente, tenente, capitán; na Armada: alférez de fragata, alférez de navío e tenente de navío, respectivamente), os suboficialis e os soldados ou mariñeiros.

Un xeneral está ao mando dunha unidade militar máis grande que un rexemento, como pode ser a brigada, división, corpo, exército, grupo de exércitos ou a totalidade das forzas armadas dun país. Nalgúns casos o nome do rango do xeneral inclúe o tipo de unidade que manda, xeneral de brigada, xeneral de división, xeneral de corpo de exército ou xeneral de/do Exército. Á cabeza do xeneralato están determinados graos, dependendo da nación e historia, que a maioría das veces aínda que estean contemplados nos seus graos, non están activos, como mariscal, capitán xeneral, xeneral dos exércitos ou xeneralísimo.

España[editar | editar a fonte]

En España, as forzas armadas, cuxa xefatura corresponde a un Estado Maior, divídense en Exército de Terra, Armada e Exército do Aire.

Dentro da organización do Exército, tanto de Terra como do Aire, existen diferentes empregos ou graos, que se encadran nas categorías de tropa (ou mariñeiría no caso da Armada), suboficiais, oficiais, oficiais superiores e oficiais xenerais. Na cúpula destes últimos, atópanse os xenerais, que en España se dividen en xeneral de brigada (OF-6), xeneral de división (OF-7), tenente xeneral (OF-8), xeneral de Exército (ou xeneral do Aire) (OF-9) e capitán xeneral (OF-10); na Armada estes graos equivalen respectivamente aos de contraalmirante, vicealmirante, almirante, almirante xeneral e capitán xeneral.

Os empregos de xeneral de exército, xeneral do aire e almirante xeneral osténtanos aqueles oficiais xenerais que son Xefe de Estado Maior do Exército (JEME), Xefe de Estado Maior do Exército do Aire (JEMA), Xefe de Estado Maior da Armada (AJEMA) ou Xefe de Estado Maior da Defensa (JEMAD). Aínda que o cargo de Xefe de Estado Maior é temporal, o emprego de Xeneral de Exército é permanente. Excepcionalmente poden ocupar algún outro cargo de gran responsabilidade, o director do CNI actual foi JEMAD anteriormente.

O grao máximo do xeneralato é o de capitán xeneral e osténtao unicamente o rei como mando supremo das Forzas Armadas de España, e, ocasionalmente outros xenerais a quen se concede honorificamente tal emprego, como ao xeneral Gutiérrez Mellado ou ao avó do rei, Juan de Borbón, conde de Barcelona, e Juan III para os monárquicos durante a ditadura do xeneral Franco.

Emblem of the Spanish Army.svg
Exército
de Terra
Emblem of the Spanish Navy.svg
Armada
Emblem of the Spanish Navy Marines.svg
Infantería
de Mariña
Emblem of the Spanish Air Force.svg
Exército
do Aire
Emblem of the Spanish Civil Guard.svg
Garda Civil
Spain-Army-OF-10.svg
Capitán Xeneral (OF-10)
1arm.png
Capitán Xeneral (OF-10)
Sen equivalencia Captain general of the Air Force 1a.png
Capitán Xeneral (OF-10)
Sen equivalencia
2ej.png
Xeneral de Exército (OF-9)
Spain-Navy-OF-9-collect.svg
Almirante Xeneral (OF-9)
Sen equivalencia Captain general of the Air Force 2a.png
Xeneral do Aire (OF-9)
Sen equivalencia
3ej.png
Tenente Xeneral (OF-8)
3arm.png
Almirante (OF-8)
Sen equivalencia Captain general of the Air Force 3a.png
Tenente Xeneral (OF-8)
1ci.png
Tenente Xeneral (OF-8)
4ej.png
Xeneral de División (OF-7)
4arm.png
Vicealmirante (OF-7)
1in.png
Xeneral de División (OF-7)
Captain general of the Air Force 4a.png
Xeneral de División (OF-7)
2ci.png
Xeneral de División (OF-7)
5ej.png
Xeneral de Brigada (OF-6)
5arm.png
Contralmirante (OF-6)
2in.png
Xeneral de Brigada (OF-6)
Captain general of the Air Force 5a.png
Xeneral de Brigada (OF-6)
3ci.png
Xeneral de Brigada (OF-6)

Notas[editar | editar a fonte]