Saltar ao contido

Sergei Loznitsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergei Loznitsa

(2010) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(be) Сяргей Уладзіміравіч Лазніца Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Baranavičy Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía
Instituto Politécnico de Kiev Igor Sikorsky (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme e dirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , montador , guionista , director de fotografía Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webloznitsa.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0523665 Allocine: 215512 Allmovie: p243643 BNE: XX5576864 Editar o valor em Wikidata

Sergei Loznitsa (belaruso: Сяргей Уладзіміравіч Лазніца, ruso: Серге́й Влади́мирович Лозни́ца, ucraíno: Сергій Володимирович Лозниця), nado o 5 de setembro do 1964, é un director de cine ucraíno[1] coñecido tanto polos seus documentais como polas súas películas de ficción.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Loznitsa naceu o 5 de setembro de 1964 na cidade de Baranavičy, en Belarús. Naquel tempo Belarús formaba parte da Unión Soviética. Máis adiante a familia trasladouse a Kíiv, Ucraína, onde Loznitsa rematou os seus estudos secundarios.[2]

No 1987 graduouse no instituto politécnico de Kíiv como matemático. Entre o 1987 e 1991 traballou no instituto de cibernética. Desenvolveu sistemas expertos, sistemas para a toma de decisións e traballo en intelixencia artificial. Ó mesmo tempo traballou coma tradutor de xaponés.

No 1991 entrou no instituto de cinematografía Gerasimov, no departamento de dirección de películas no grupo de Nana Djordjadze. No 1997 graduouse con honores.[3]

Dende o 2000 traballou como director de documentais en San Petersburgo. No 2001 el e a súa familia trasladáronse a Alemaña.

No 2010 a súa película Щастя моє foi seleccionada para a competición principal do Festival de Cannes 2010.[4] A súa longametraxe У тумані competiu pola Palma de Ouro no Festival de Cannes 2012.[5][6] Maidan tivo a súa estrea mundial nun pase especial en Cannes en maio de 2014; este documental mostraba gravacións das protestas populares dos anos 2013-14 en Kíiv e a súa represión violenta.[7]

Filmografía selecta

[editar | editar a fonte]
  1. "LOZNITSA Sergei". Cannes Film Festival. Consultado o 17 xuño 2016. 
  2. "Sergei Loznitsa - Film director". Consultado o 17 xuño 2016. 
  3. "Sergei Loznitsa na Enciclopedia rusa do cine". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2016. 
  4. CNN: "Cannes 101: Unha guía do festival de cine"
  5. "2012 Official Selection". Cannes. Consultado o 2012-04-19. 
  6. "Cartel do Festival de Cannes de 2012". timeout. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 2012-04-19. 
  7. filmcomment.com Entrevista a sergei loznitsa en filmcomment