Saltar ao contido

Povodyr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Povodyr
 Título
    The Guide (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Tema principal
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
16 de xullo de 2014 (Ucraína)
12 de novembro de 2014 (Ucraína) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Custo
   2.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
124 min
122 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/011smd0t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt3037582 Filmaffinity: 929210 Allocine: 237068 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Povodyr (en ucraíno: Поводир) é un filme ucraíno de 2014 dirixido por Oles Sanin. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.[2] Houbo certa polémica sobre a selección do filme en Ucraína en relación ao proceso de votación.[3] Hai unha versión especial audiodescrita para persoas cegas.[4]

Ambientado na Ucraína soviética en 1930, conta a historia do enxeñeiro estadounidense Michael Shamrock, que chega a Khárkiv co seu fillo de dez anos, Peter para axudar a "construír o socialismo". Namórase dunha actriz Olga que ten outro admirador, o comisario Vladimir.

En tráxicas circunstancias, o americano é asasinado e o seu fillo é salvado dos seus perseguidores por un bardo cego (kobzar). Sen outra oportunidade de sobrevivir nunha terra estranxeira, o neno convértese no seu guía.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoPremioCategoríaNomeadoResultado
2014 Festival Internacional de Cinema de Odesa[5] Mellor actor Stanislav Boklan Gañador
Premio do Xurado á mellor fotografía Sergiy Mykhalchuk Gañador
Grand Prix Oles Sanin Nomeado
2014 Festival Internacional de Cinema de Varsovia[6] Grand Prix Oles Sanin Nomeado
  1. "Oscars: Ukraine Nominates Oles Sanin's 'The Guide' for Foreign Language Category". Hollywood Reporter. 9 de setembro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2014.
  2. "Nominees (see subsection: Foreign Language Film)". Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
  3. "Oscars: Backlash Over Ukraine's Nomination for Best Foreign Language Category". Hollywood Reporter. 11 de setembro de 2014. Consultado o 13 de setembro de 2014.
  4. "The Film The Guide has been adapted for Blind People" (en ucraíno). Consultado o 14 de novembro de 2014.
  5. "OIFF 2014 award winners". oiff.com.ua. Consultado o 5 de decembro de 2014.
  6. "International Competition at 30th WFF". wff.pl. Consultado o 17 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]