Plokhiye dorogi
| Plokhiye dorogi | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
Plokhiye dorogi (en ruso: Плохие дороги;[1] en ucraíno: Погані дороги) é un filme ucraíno de 2020 rodado en lingua rusa[2] e dirixido por Nataliia Vorozhbyt. Estreouse o 3 de setembro de 2020 na 35ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia.[3] En setembro de 2021, foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Catro historias están ambientadas ao longo das estradas do Donbass durante a guerra. Non hai espazos seguros e ninguén pode dar sentido ao que está a suceder. Aínda que están atrapados no caos, algúns conseguen exercer autoridade sobre outros. Pero neste mundo, onde o mañá pode nunca chegar, non todos están indefensos e miserables. Incluso as vítimas máis inocentes poden ter a súa quenda de facerse cargo.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Zoya Baranovska como muller nova[6]
- Maryna Klimova como xornalista
- Anna Zhuravska como rapaza nova
- Ihor Koltovskyy como director da escola
- Andriy Lelyukh como comandante
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Original title: Plokhiye dorogi. imdb.com. 2020
- ↑ Без Кайдашів та героїв: фільм «Погані дороги» про війну на Донбасі. weekend.today. 2021 (en ucraíno)
- ↑ "Natalya Vorozhbit • Director of Bad Roads". Cineuropa. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Bad roads de Vorozhbyt representará a Ucrania en los Oscar". Ukrinform (en castelán). 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ Bad Roads. reason8films.com. 2020
- ↑ Погані дороги. Kyiv Critics' Week. 2020 (en ucraíno)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Plokhiye dorogi na IMDb (en inglés).