Paradjanov
Paradjanov | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Параджанов |
Director | Serge Avedikian Olena Fetisova |
Guión | Olena Fetisova |
Intérpretes | Serge Avedikian |
Fotografía | Serhiy Mikhalchuk |
Estrea | Karlovy Vary: 4 de xullo de 2013 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Ucraína |
Xénero | Drama biográfico |
Na rede | |
http://interfilm.biz/eng/credits/?paradjanov | |
Paradjanov (en ucraíno: Параджанов) é un filme ucraíno de 2013 dirixido Serge Avedikian e Olena Fetisova. Conta a historia do director de cinema Sergei Parajanov. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 86ª edición dos premios,[1][2] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia do director de cinema Sergei Parajanov, que fai grandes filmes que lle aportan recoñecemento internacional. O seu comportamento desafiante provoca un conflito co réxime totalitario soviético. Parajanov é encarcerado por acusacións falsas, mais un amor inquebrantable pola beleza dálle forza para crear, a pesar de anos de cárcere e a prohibición de traballar no cinema.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Serge Avedikian como Paradjanov
- Karen Badalov como Laert
- Yuliya Peresild como Svetlana
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi creada co apoio financeiro do Cinema Estatal de Ucraína, ARTE FRANCE, o Centro Nacional de Cinema de Xeorxia e o Centro Nacional de Cinma de Armenia.[3] O orzamento da cinta foi de 22,6 millóns de ₴ (uns 2 millóns de euros). A participación financeira do State Cinema ascendeu a 11,3 millóns de ₴.[4]
A rodaxe tivo lugar en Francia, Ucraína (incluíndo o centro penitenciario de Drohobych), Armenia e Xeorxia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Фильм "Параджанов" поедет за "Оскаром" от Украины". Вести. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ "Ukraine nominates Paradjanov for Academy Awards". armenpress. Consultado o 13 de setembro de 2013.
- ↑ "Український фільм "Параджанов" боротиметься за "Оскар"". Українська правда _Життя. Consultado o 16 de febreiro de 2022.
- ↑ "Скільки коштують, скільки збирають у прокаті та скільки повертають фільми Держкіно - Детектор медіа.". 15 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2022.
- ↑ ""Фільм про Параджанова"" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2022.