Saltar ao contido

Gisaengchung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gisaengchung
Logotipo
 Instancia de
 Título
기생충 (ko)
寄生蟲 (ko-hani) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
1 de novembro de 2019 (Turquía)
7 de febreiro de 2020 (Reino Unido)
5 de decembro de 2019 (Hungría)
5 de xuño de 2019 (Francia)
21 de maio de 2019 (Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019)
11 de outubro de 2019 (Estados Unidos de América)
30 de maio de 2019 (Corea do Sur)
7 de novembro de 2019 (Brasil)
17 de outubro de 2019 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración132 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2,39:1 Editar o valor en Wikidata
Espectadores1.647.293 Editar o valor en Wikidata
Custo13200000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación263136741 $ (29 de maio de 2022) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF224414729 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0005-5E4F-0000-U-0000-0000-L Editar o valor en Wikidata
OCLC1130312540 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
8.5/10 Internet Movie Database (7 de marzo de 2026)
99% Rotten Tomatoes (8 de xaneiro de 2026)
97/100 Metacritic (7 de xaneiro de 2026)
9.4/10 Rotten Tomatoes (19 de xuño de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt6751668 Filmaffinity: 520465 Allocine: 255238 Rottentomatoes: m/parasite_2019 Mojo: parasite2019 Allmovie: v716252 TCM: 2219757 Metacritic: movie/parasite
Facebook: ParasiteMovie Twitter: ParasiteMovie Instagram: parasitemovie BNE: XX4912056 Netlix: 81221938 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Gisaengchung (en coreano: 기생충) é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.

Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década.[1][2] Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.[3]

Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Song Kang-ho como Kim Ki-taek, pai da familia Kim
  • Lee Sun-kyun como Park Dong-ik, pai da familia Park
  • Cho Yeo-jeong como Yeon-gyo, nai da familia Park
  • Choi Woo-shik como Kim Ki-woo, fillo da familia Kim
  • Park So-dam como Kim Ki-jeong, filla da familia Kim
  • Chang Hyae-jin como Chung-sook, nai da familia Kim
  • Jeong Ji-so como Park Da-hye, filla da familia Park
  • Jung Hyeon-jun como Park Da-song, fillo da familia Park
  • Lee Jung-eun como Gook Moon-gwang, como ama de chaves
  • Modelo:Illm como Geun-sae, marido de Moon-gwang
  • Park Geun-rok como Yoon, o chofer
  • Jung Yi-seo como a xerente da pizzería
  • Park Seo-joon como Min-hyuk (cameo)[4]
  1. "Best Movies of the Decade (2010-19)". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2019.
  2. "2019 Critics Poll: The Best Films and Performances According to Over 300 Critics From Around the World". 27 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
  3. "'Parasite' Sets New Record for Director Bong Joon-Ho at Indie Box Office". TheWrap (en inglés). 3 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2019.
  4. "Archived copy". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]