Wang-ui namja
| Wang-ui namja | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Wang-ui namja (en coreano: 왕의 남자) é un filme surcoreano de 2005 dirixido por Lee Joon-ik. Está protagonizado por Kam Woo-sung, Lee Joon-gi e Jung Jin-young. Foi adaptado da obra de teatro de 2000, Yi, sobre Yeonsangun de Joseon, un rei da dinastía Joseon, e o seu pallaso. Estreouse nos cinemas o 29 de decembro de 2005, sendo distribuído domesticamente por Cinema Service e internacionalmente por CJ Entertainment.[1]
O filme foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2] Con máis de 12,3 millóns de entradas vendidas, foi o filme máis visto en Corea do Sur ese ano,[3] así como o décimo oitavo filme surcoreano con maior recadación da historia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kam Woo-sung como Jang-saeng
- Lee Joon-gi como Gong-gil
- Jung Jin-young como King Yeonsan
- Kang Sung-yeon como Jang Nok-su
- Jang Hang-seon como Cheo-sun
- Yoo Hae-jin como Yuk-gab
- Jeong Seok-yong como Chil-duk
- Lee Seung-hun como Pal-bok
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "man of king" (en coreano). Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ "South Korea rests Oscar hope on gay-themed film". The Guardian. 21 de setembro de 2006. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ "The King and the Clown - Korean Film". Korean Film.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wang-ui namja na IMDb (en inglés).