Nimbos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nimbos
Autor/aXosé María Díaz Castro
LinguaGalego
Xénero(s)Poesía
Data de pub.1961
editar datos en Wikidata ]

Nimbos é un libro de poemas do guitiricense Xosé María Díaz Castro, publicado o 5 de xullo de 1961 por Editorial Galaxia.

Índice de Nimbos:
PÓRTICO
    Coma ventos fuxidos
    Nimbos
    Coma brasas
NOITE
    Borrallo
    Alfa i omega
    Noite do mundo
    Coma un anxo airado
    O verme i a estrela
LUS
    Esmeralda
    Veleiquí os homes
    No novo ceo
    A noite é necesaria
ESPRANZA
    Terra sucada
    Penélope
    Quezais
    Terra do tempo
MILAGRE
    Polpa dorida
    Remuíño
    Cova alumada
    Trasfiguración
    Vísperas
    O berro das pedras
SOÑO
    A cerna
    Coma un río
    No resplandor do día
FERIDA
    Cortina
    Ai, capitán
    Terra achaiada
    Coma unha escada
    Monumento á ausencia
    Coma unha insua
    Coma unha espada.

Descrición[editar | editar a fonte]

Foi a única obra bibliográfica do autor editada en vida, homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2014. Constituída por trinta e dúas composicións, divididas en sete epígrafes,[1] está considerado como unha obra de alta poesía universal. Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.

O título (do latín nimbus) fai referencia aos halos, o círculo dourado que nas representacións gráficas do cristianismo aparece arredor da cabeza de Xesús Cristo, a Virxe María e os santos.

A beleza feriume para sempre.   Derradeiro verso de "Coma unha espada", que pecha o poemario.

Edicións e traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo Nimbos da Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo.
  2. Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  3. "Ficha do libro na páxina da Editorial Denes". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 18 de maio de 2014. 
  4. Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  5. Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  6. Ficha Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]