Crime en Compostela
| Crime en Compostela | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Publicación | |||
|
Premios
Premio Xerais (1984) | |||
| Datas | |||
| |||
| Cronoloxía | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |
Crime en Compostela é unha novela policial de Carlos González Reigosa, publicada en 1984. Conseguiu o 1º premio Xerais de novela. É a primeira entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.
Trama
[editar | editar a fonte]Nivardo Castro, que se autodefine como "aventureiro", investiga un asasinato acontecido en Santiago de Compostela, xunto ó seu amigo o xornalista Carlos Conde.
Os dous compañeiros, que se coñeceran no seminario de Mondoñedo, redescobren a cidade: os seus persoeiros, os pubs e os monumentos. Está ambientado a principios dos anos 80, polo que ademais dos habituais personaxes alcohólicos, típicos dos suburbios e clubs de alterne, ten presenza a xeración castigada polo abuso da heroína.
Ten moitas anécdotas e descricións da cidade, e por veces o libro trata máis de Compostela que do Crime, converténdose a cidade en coprotagonista activa.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao catalán por Salvador Pallarès Garí co título de Crim a Compostel•la publicado en 1990 por Edicions Bromera, Col. L´ecléctica[1].
- Ao castelán polo propio autor co título de Crimen en Compostela publicado en 2000 por Plaza & Janés[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de xerais Arquivado 28 de marzo de 2018 en Wayback Machine.