Anxo Rei Ballesteros
Anxo Rei Ballesteros | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1952 |
Lugar de nacemento | Ardesende |
Falecemento | 29 de outubro de 2008 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Cónxuxe | María Jesús Armada |
Irmáns | Paulo Rei Ballesteros |
Premios | Premio Ramón Piñeiro de Ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Ardesende (Codeso, Boqueixón)[1] o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[2] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
É irmán de Paulo Rei Ballesteros[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[4] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[5] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[6].
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Dezanove badaladas, [1969-70]. Publicada en 2018 por Galaxia.[7]
- Dos anxos e dos mortos. (1977). Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[8]
- Querido Brais. (1977). Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-84-606-1341-1.
- Loaira (1992). Galaxia. Loaira é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega".[9] Segundo Manuel Castelao pode ser considerada a mellor novela galega do século XX.[10]
- A sombra dos teus soños (1998). Galaxia. ISBN 9788482882130. Segundo a editorial: "Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra".[11]
- Non sei cando nos veremos (2005). Galaxia. 260 páxs. ISBN 978-84-8288-803-3.[12]. Para o xornal da USC: "a obra ... preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe".[13]
- A noite do moucho. (2009). Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9865-240-6.
Teatro[editar | editar a fonte]
- Xogos de damas. (1988). Edicións Xerais de Galicia. 91 páxs. ISBN 978-8475073156.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- "A outra memoria", en Grial (1989).[14]
- Tempo e vinganza (2003). Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 308 páxs. ISBN 978-84-8288-603-9. Segundo a editora: "Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade."[15]
- Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) (2013). Axóuxere. 140 páxs. ISBN 978-8494137914. Para a editorial: "Obra inédita, atopada entre os papeis do propio Anxo, manografada e nun estado non conclusivo, supón a derradeira reflexión ou divagación coa que contamos sobre as inquedanzas interiores que o escritor tiña no seu transcorrer como creador".[16]
Traducións[editar | editar a fonte]
- A voz humana, 1991, (La Voix humaine) de Jean Cocteau.
- Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[17] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[17]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Maria Jesús Armada (7 de decembro de 2018). "Placa colocada por iniciativa da Asociación Cultural "Pena do Corvo" na casa natal dos irmáns Anxo e Paulo Rei Ballesteros". Facebook.
- ↑ Suso de Toro (3 de novembro de 2008). "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego". El País (en castelán).
- ↑ "Anxo Rei Ballesteros reviviu pola palabra". La Voz de Galicia. 1 de decembro de 2012.
- ↑ "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
- ↑ "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018.
- ↑ "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018.
- ↑ "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros"
- ↑ Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
- ↑ "Loaira". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153.
- ↑ "A SOMBRA DOS TEUS SOÑOS de REI BALLESTEROS, ANXO: EDITORIAL GALAXIA, EDITORIAL GALAXIA, S.A. 9788482882130 Rústica (Tapa blanda) - CENTRAL LIBRERA REAL FERROL". www.iberlibro.com. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Non sei cando nos veremos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Non sei cando nos veremos - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ Grial n.º 104 pp. 494-505
- ↑ "Tempo e vinganza". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ "Presenza dunha ausencia". tenda.axouxerestream.com. Consultado o 2019-02-09.
- ↑ 17,0 17,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 58. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 158.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1773. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 354. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 365. ISBN 84-7492-465-0.