Paco Martín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Martín Iglesias 22 de febreiro de 1940 (84 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa, contos, literatura infanto-xuvenil |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixiu o suplemento infantil Axóuxere, de La Región (1974-1975),[3] publicou a súa primeira obra en 1971,[4] a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. Data de 1976 a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial. Un lustro máis tarde, en 1981, publicou a novela E agora cun ceo de lama. Foi en 1985, coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote que gañou sona. A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Amais, por ela recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986. O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres (1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 saíu ao mercado o seu libro "A bisneta lercha", que, baseándose no conto tradicional, procurou dar un novo pulo a escritura de fábulas. En 2008 publicou unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.
Por outra banda, Paco Martín recompilou adiviñas galegas, que publicou baixo os títulos O libro das adiviñas (1975) e ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas (1985). Amais, ten sido un dos pioneiros da escrita de libros de texto en galego e da súa autoría son Lúa Nova 1 e Lúa Nova 2 (1978) e máis tarde Galego 1 e Galego 2 (1985).
Durante sete anos foi director do Departamento de Produción de Material Didáctico para o Ensino en Galego da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.[5]
Como columnista ten traballado no Diario de Pontevedra e no diario lugués El Progreso, no que segue a colaborar a día de hoxe.[6] É é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro e participou en multitude de volumes colectivos, relatorios en Congresos, colaboracións en prensa, radio, TV, pregóns etc.[7]
No 2011 foi nomeado Socio de Honra coa Letra E pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En outubro do mesmo ano foi o encargado de ler o pregón das festas de San Froilán de Lugo.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Muxicas no espello (1971). Lugo: Celta. 2ª edición en 1981, Xerais, ilustrado por Balboa, 71 páxs. ISBN 84-7507-045-0. Relatos.
- No cadeixo (1976). Vigo: Galaxia, Literaria. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-443-8 (2ª). Traducida ao asturiano en 2000.[9]
- E agora cun ceo de lama (1981). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 9788475070193.
- Dende a muralla (1990). Vigo: Xerais, Narrativa. 120 páxs. ISBN 9788475075259
- A, se cadra, verdadeira historia do Basechs Anxeliño Viltroteira (1992). Contos do Castromil.
- Tres historias para ler á noite[10] (1992). Vigo: Galaxia. Edición aumentada no 2000: Historias para ler á noite, 160 páxs. ISBN 978-84-8288-370-0 (7ª).
- Pierre (1993). Consorcio de Santiago.
- Autovía (1994). Nigra, Relatos dunha hora. 64 páxs. ISBN 9788487709272.
- A bisneta lercha (2006). Vigo: Galaxia, Literaria. 128 páxs. ISBN 978-84-8288-908-5.[11]
- De paraugas (2016). Vigo: Xerais, Milmanda. Ilustracións DNL. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-091-7. ePub: ISBN 978-84-9121-087-0.
- Mr. Smith e a festa murada (2023). Vigo: Galaxia, col. Narrativa. 178 páxs. ISBN 978-84-1176-028-7.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Das cousas de Ramón Lamote (1985). S. M. Traducida ao castelán en dúas ocasións,[12][13] ao catalán,[14] ao asturiano[15] e ao éuscaro.[16] En Galaxia, col. Árbore, 126 páxs. ISBN 978-84-9865-056-3 (2ª).
- Lembranza nova de vellos mesteres (1988). Vigo: Galaxia, Sete Mares. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-361-8 Traducida ao castelán[17] e ao catalán.[18]
- Servando I rei do mundo enteiro (1990). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Xan Balboa. 56 páxs. ISBN 9788475074771.
- Un robot pequeno (1991). Vigo: Xerais, Merlín. 48 páxs.. Traducida ao éuscaro en 1999.[19] Ed. de 2005 con ilustracións de Manolo Uhía en Xerais.
- O vagón que perdeu o tren. O xardín (1991). Vigo: Xerais, Vouche contar un conto. 20 páxs. Ilustracións de Manolo Uhía. ISBN 978-84-7507-594-5.
- Dous homes ou tres (1993). Madrid: S. M. 128 páxs. ISBN 9788434841062. Traducida ao castelán en 1995.[20]
- Andanzas e amizades dun robot pequeno (1994). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Manolo Huía. 64 páxs. ISBN 9788475077819.
- Somos galegos porque... (1996). A Coruña: Xunta de Galicia. 33 páxs. ISBN 9788445317808.
- O paporrubio que tiña sede (1998). Santiago: Xunta de Galicia. 22 páxs.
- Medio burato (2000). Madrid: S. M., O Barco de Vapor. 160 páxs. ISBN 9788434870734.
- Auga para encher un cesto (2002). Santiago: Tambre, Catavento. 96 paxs. ISBN 9788426348913.
- Das novas cousas de Ramón Lamote (2008). Vigo: Galaxia, Árbore. 188 páxs. ISBN 978-84-9865-044-0.
- Sabeliña e os ratos (2008). Vigo: Galaxia, col. Os duros. Ilustracións de Xosé Tomás. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-020-4.
- A rula, o peluche e a nena (2015). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Belén Martín Franco. 104 páxs. ISBN 978-84-9914-822-9.
- O home que mercou un libro (2019). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 104 páxs.[21] ISBN 978-84-9151-407-7. Lista de honra OEPLI 2020.[22]
- A ponte que non tiña río (2020). Vigo: Galaxia, Árbore. 52 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas. ISBN 978-84-9151-473-2.
Etnografía
[editar | editar a fonte]- O libro das adiviñas (1975). Madrid: Akal. ISBN 978-8473390552.
- ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas (1985). Vigo: Galaxia. 416 páxs. ISBN 9788471545183 (2ª).
- Un reguiño na Terra Cha: mapa do mundo (1995). Monforte: Xistral (edición non venal).
Didáctica
[editar | editar a fonte]- Lúa Nova 1 e 2 (1978).
- Galego 1 e 2 (1985).
- Unidade didáctica Álvaro Cunqueiro (1991).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos pra nenos (1979). Vigo: Galaxia.
- Coa xente miúda I (1985). Colectivo Esteo. Vía Láctea. Ciclo inicial.
- Coa xente miúda II (1985). Colectivo Esteo. Vía Láctea.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
- 8 contos (1989). Xunta de Galicia.
- Sede Central. Relatos 2 (1990). Clube Cultural Adiante.
- Contos da xustiza (1991). Ir Indo.
- Lerias (1991). Xunta de Galicia.[23]
- Contos de hogano (1992). El Correo Gallego.
- Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional)(1996). Vigo: Galaxia.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
- E dixo o corvo... (1997). Xunta de Galicia.
- Novo do trinque (1997). BNG.
- Na boca do lobo (1998). Tris Tram.
- Imos xuntos camiñar (1999). Xunta de Galicia.
- Contos de ler e contar (2001). Xunta de Galicia.
- Ninguén está só (2001). Tris Tram.
- Poemas e contos da muralla (2001). A Nosa Terra.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
- Contos do museo (2003). Deputación de Lugo.
- Narradio. 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais.
- Catro pallasos, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos (2004). Xunta de Galicia.
- Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004), Xunta de Galicia.
- Postais do Camiño (2004). Vigo: Galaxia.
- Xela Arias, quedas en nós (2004). Vigo: Xerais.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1973, por Sabeliña e os ratos.
- Premio O Barco de Vapor no 1984, por Das cousas de Ramón Lamote.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
- Premio Losada Diéguez de creación, 1985, por Das cousas de Ramón Lamote.
- Lista de honor da IBBY no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
- Mención na lista de White Ravens, por Das cousas de Ramón Lamote.
- Premio Santiago de T.V.E., 1987.
- Premio Puro Cora de xornalismo, 1994.
- Premio Otero Pedrayo 2019.
Asemade, foille adicado un Hectómetro no Paseo dos Soños vilalbés.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martín , Paco". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Paco Martín". bvg.udc.
- ↑ "Martín Iglesias, Francisco". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Paco Martín Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Paco Martín". www.aelg.gal. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Paco Martín Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ O escritor Paco Martín lerá o pregón de San Froilán
- ↑ "Na roldana". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ Tres historias para ler á noite, en Googlebooks
- ↑ "A bisneta lercha". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Las cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Ramon Lamoteren gauzak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Memoria nueva de antiguos oficios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Nou record de vells oficis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Robot txiki bat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Dos hombres o tres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "O home que mercou un libro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "O home que mercou un libro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ Ficha de Lerias na Biblioteca Virtual Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paco Martín |