O porco de pé
O porco de pé | |
---|---|
Autor/a | Vicente Risco |
Orixe | ![]() |
Lingua | galego |
Tema(s) | sátira |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Editorial Nós |
Data de pub. | 1928 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O porco de pé é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928 pola Editorial Nós, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A primeira obra narrativa de Risco é Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros. Despois, nos números 39 e 40 de Nós inseriu Risco o comezo de Os europeos en Abrantes. O porco de pé retoma o ambiente e o ton burlesco da obra anterior e é unha diatriba da burguesía, unha sátira do castelán que chega a ser alcalde nunha cidade galega. Os personaxes, como se ve no seguinte fragmento do texto, son caricaturas e arquetipos:
Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
A novela conta a historia de Don Celidonio, que veu de Castela traballar de mancebo nunha tenda e foi ascendendo socialmente tras casar coa filla do dono.
Perante D. Celidonio, o representante dos intelectuais na novela é o doutor Alveiros, que, achándose en espantosa soidade, remata por claudicar, sumándose ás hostes do alcalde e cacique don Celidonio.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Ao castelán por Miguel Hernández Sola co título de El cerdo de pie publicado en 2001 por Trama Editorial, Col. Largo Recorrido[1].
- Ao catalán por Eduard del Castillo Velasco co título de El porc dempeus publicado en 2013 pola Fundación Vicente Risco[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- O porco de pé edición de 2003 da Editorial Galaxia, en Google Books.
- Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. pp. 363–369. ISBN 978-84-9121-107-5.
- Villar Ponte, A. (15 de outubro de 1928). "O porco de pé, novela de Vicente Risco". Nós (58): 192.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Iglesias, Xabier (3 de marzo de 2016). "O porco de pé". Os libros de Ánxel Casal.